domingo, 1 de abril de 2012

Libando

Entre acougos e salaios arrincamos follas a un almanaque de docilidades e asperezas; a través do que continuaremos na procura das ledicias agochadas en curvas perigosas con ángulos cegos e círculos viciosos.
Unha vez franqueado o pórtico; coas pálpebras entornadas, ficaremos nunha quietude inqueda, sentíndonos acollidos por columnatas de pétalos e alimentados por pistilos de dulzura que provocan tremores inmedibles por escalas coñecidas, sementando confusión sobre quen liba e quen expele...

Foto: Libando en abril.

22 comentarios:

Dilaida dixo...

E mentres as obreiras senten todos eses praceres e sensacións, a raíña aburrida no seu pazo, poñendo ovos e máis ovos...
Bicos

Blogboreta dixo...

Xa está aquí, xa chegou, pero hoxe é inverno. As fragas arden, a ialma chora e nos perdemos o máis verde que tiñamos.

É unha tristura iñorme.

Bicos tinguidos de cinza.

A.C. dixo...

ohhhhh que foto mais bonita. Un dia vaite esconar unha vaca ou picarte unha abella pero desde logo mereces un premio por tantos regalos que nos fas.

Antón de Muros dixo...

Sempre a metamensaxe ;-)

Apertas.

Antón.

mariola dixo...

Esperemos que nos quede algo que zugar, algo doce con que satisfacer o noso padal. Porque así tamén daremos unha dose extra de azucre ó noso cerebro para encontrar algunha saida neste calendario de confusión que dis.
un bico e que pases boa semana santa.

mariola dixo...

Olvidei dicir que encántame a foto en branco, prodúce acougo.
un abraciño.

Marisa dixo...

Un bo comenzo de abril
con beleza
e con dozura.

Moitos bicos

mfc dixo...

E viva a Primavera!!!

Carlosm dixo...

Salaios e acougos tenhen que existir por mandato natural como tamben existen flores e insetos; pero lograr atrapalos nun instante non esta sempre facil de alcançar. Ti teis olho axil e pluma ligera. Parabenizome de ler o que dis e olhar o que capturas. E se convitas a un vinho tamben me apunto je.Saudos.Carlosm

Harmonía dixo...

Re-decoraches a bitácora e enchíchela de gasterópodos!!

Que ben expresas a sensación da entrada da estación máis alporizante do calendario. Explosión de metáforas e contradicións!! A quietude dos caracois e a inquieta dozura das abellas comenzando a súas tarefas. E a beleza desa flor!!!

Mentres aclaramos as confusións, seguiremos camiñando por abril:-)

Sabela Arias dixo...

"das ledicias agochadas en curvas perigosas con ángulos cegos e círculos viciosos" para que logo digan que non hai poética na xeometría...
Un saúdo blogueiro

Trasno dixo...

E a ti que che gusta mais o mel, as flores ou as abellas?

Concha L. F. dixo...

Si. Xa chegou o abril, pero de momento sen augas. A este paso, pouco ha quedar que libar...

matrioska_verde dixo...

pasa la vida, pasa la vida, libando cando se pode e expelendo cando é necesario.

non hai mais.

biquiños,

Anónimo dixo...

Y todo ello inspirado por una abejita que se coló en la rosa. Es genial. Hermosa foto
A de A

xenevra dixo...

Doce confusión a que devén deste abril florado.
Sorprendeume o cambio de mobiliario na chousa, sorprendeume.
Que o mes de abril sexa eterno na floresta!!

Chousa da Alcandra dixo...

Espero que a sorpresa da mudanza resultase agradable para o ollo e maila mirada, Xenevra.

A inspiración sempre contempla máis realidades que as obvias; pero algo sempre teñen que ver, A de A

A vida sempre pasa, a moi pillabana; así que se pode ser libando moito mellor, Aldabra.

Chousa da Alcandra dixo...

Virá a auga para facer florecer o aínda non florido. Xa verás, Concha

Non hai cousas fermosas que non me gusten, Trasno.

A xeometría está cheiña de poesía. Solo hai que darse unhas voltas co compás para atopala, Sabela.

Chousa da Alcandra dixo...

Que ben interpretaches canto quixen expresar nas imaxes e dicir coas letras. Así da gusto, Harmonía.

Ás veces, para lograr xuntar iso que dis, tamén hai que permitirlle participar a un activo elemento: o azar. O viño cando queiras, Carlosm

Por sempre que viva!. E mil primaveiras máis, MFC

Chousa da Alcandra dixo...

Beleza e dozura que completas ti con ese ramo de bicos, Marisa.

Espero que cando chegue a cor non fiques desacougada, Mariola.

En ocasións unha frase moi grande solo transmite unha idea moi pequerechiña, Antón ;-)

Chousa da Alcandra dixo...

Serían dignas feridas de "guerra"; aínda que de momento sigo virxinal, AC

Xa empezou o rexurdimento das fragas. A vitalidade sempre supera a negrura, Blogboreta.

Dis que estará aburrida toda ela rodeada dun batallón de dipostos abellóns, Dilaida?

Paz Zeltia dixo...

sempre é excitante contemplar o acto.

quedei sorprendidísima do cambio de decoración na chousa.
moitos anos sin mover nin un xerro do seu sitio na mesa!, non sei, non sei se esta primavera te botará a perder!