sábado, 24 de marzo de 2012

Convicción

Devoción na mirada, interés na expresión, cercanía na postura e calidez  alevosa no rictus facial...
A linguaxe corporal tamén comunica moitísimo; así que en ocasións resulta axeitado desplegar ese recurso silente para  acadar obxectivos moi ambiciosos.
Claramente interpretado o código é cando o receptor da mensaxe empeza a musgar os ollos e distender a mente, ficando únicamente coa firme convicción de que o único que pode ser mellor que un bico...son dous!

Foto: Por partida doble, en Caldelas (Antas de Ulla)

26 comentarios:

susana moo dixo...

Pregúntome se o touro sementador de Antas terá preferencia por algunha delas, se lle parecerá mais bonita e desexable a da esquerda ou a da dereita ou si tanto lle ten unha ca outra.

susana moo dixo...

Canto tempo hai que non miro unha vaca In persona, isto non debe de ser sano. Míroas e sonrío, mesmo poida que me apetecera darlles ese bico.

Marisa dixo...

A estas non lles fai falta
a entrevista dos de recursos
humanos, o que hai téñeno
ben a vista.

Biquiños de primavera.

Eastriver dixo...

Poco a poco voy entendiéndote ( a ti y a otros gallegos) sin necesidad de traductor. También ayuda que es un texto breve, que si es largo me confundo más.

Las caras de los animales fotografiados en primer plano resultan siempre muy divertidas. Y despiertan mucha ternura. Las vacas me encantan desde que de pequeño las veía en mi pueblo: son uno de los animales más maternales que existen.

Jorge CimadeVila dixo...

Moi boa a foto, o outro día andaba a facer de can un pouco máis ao norte das terras de Pantón e vin un letreiro que poñía "antas de ulla" :D non me tentou o demo de milagre! :P

Raposo dixo...

O a linguaxe corporal lémbrame os políticos en campaña: sorriso profiden, mimos e ata colo os nenos, bicos a terceira idade, xentileza coa prensa, etc etc.
Agora ben, non sei que pensarían (Arenas ou Cascos, por exemplo) si estas dúas fermosuras lles achegasen os fociños as súas facianas!!

Trasno dixo...

shapooo señor chousa. as vacas solo se achegan con ese nivel de intimidade a persoas moi sensibles. espero que os dous bicos resultasen pracenteiros para os tres jajaja

mfc dixo...

Tens uma imaginação fantástica e as tuas "imagens" são saborosíssimas!

Markesa Merteuil dixo...

Ou, ás veces, a inexistencia do primeiro.

paideleo dixo...

Ten cuidado que existe o bico de vaca e Leo é especialista en dalo. Trátase dunha lambetada de abaixo para arriba en todo o fuciño.
Espero que esas vacas non che estropearan a cámara.

Dilaida dixo...

Nótaselle na mirada que están desexosas de darlle uns mimos ao que está facendo a foto.
Bicos

Ginebra dixo...

Pues dos bicos, entonces, mi querido galego:)

Casi, casi te lamen esas dos vacas con denominación de origen, ¿no?.
Me gustó la foto, es simpática, como tú.

xenevra dixo...

Pois se o mirar é cálido, a expresión cercana e a postura transmite calidez, mellor un bico ben dado que non dous. Ás veces por querer moito perdemos o intenso.
había un profesor en veterinaria en León, que aseguraba que ás persoas ao namorar,l se lles poñían ollos de vaca... (eu non fun)

zeltia dixo...

non entendín nada, pero o dos bicos gustoume.
e seguro que non escapaches de onde a cachorra e a marela sin ir ben lambido.

A nena do paraugas dixo...

E que o digas! Nada mellor ca un par de bicos... Aínda que sexan de vaca, coma eses que dá o Leo...

Aldabra dixo...

pois mira, recoñezo que os xestos son importantes, pero algunhas persoas podían aforralos porque os xestos son tan estudados que dame carraxe.

as vaquiñas sonche benbonitas, e mira que non son eu moi devota das vacas.

viquiños,

Merce dixo...

A ver, a foto en unha señora foto, o encuadre e de valentes, si si, tal e como me les, de valentes!!!

Que si, que son unha repipi de ciudad que lle ten o seu respeto a istes pacificos animais que tanto ben nos fan e que ademais ata me parecen moi guapiños de cara, pero... vaaaaaaaaaaaale e que son moi grandes!!!

:)))

Mellor dous bicos, si!!!

mariola dixo...

Moitas veces comunica máis a linguaxe corporal que as propias palabras. Unha miradiña, ou dúas como éstas e eu tamén comezo a musgar os ollos.
E os bicos tamén mellor dous que un.
un abrazo e biquiños a esgalla, chousa.

Carlosm dixo...

Cuidadinho cos bicos das vacas que cando desplegan a lingua deixan todo arrasado.Valente ti que te arrimas de caralho.Saudos.Carlosm

Filoxera dixo...

Que boa conclusão!... :-)
A imagem é gira.
Beijos.

Anónimo dixo...

Muito boas Chousa. Às vezes metemos muito o ocico mas esse é um caso a parte. Por suposto que a falta de uma coisa queremos duas, e sobretudo se são beijos! Saludos desde o brasil.

Marlén dixo...

Como non ía a recomendarte, aínda que non che faga falta! Boísima foto, e texto!!...

mariajesusparadela dixo...

Pois voulle confesar unha cousa: eu apreciar, aprecioo moito, pero penso que nunca serei quen de miralo con ises ollos...

Chousa da Alcandra dixo...

Nada que engadir, que non sexan mostras de agradecemto por vir dar un brinco gramatical pola Chousa.

Especialmente triste neste día devastador das Fragas do Eume. Pero do mesmo xeito que o lume sigue, a vida tamén. Continuemos, pois, arrincando folliñas do almanaque.

Harmonía dixo...

Por fin xa me decatei! Resultábanme caras coñecidas... A diario saen na tele;-) No primeiro parágrafo explícalo moi ben!!
Aplicaches o zoom ou recibirías dous lambetazos con tanto acercamento a esas dúas gallardas!:-))

Sabela Arias dixo...

Unha ollada diferente, gústame este enfoque, ten que ser o aire de antas, haberá que pasarse máis por alí...
Saúdos.
Sabela