venres, 16 de marzo de 2012

Balancear

Manifestantes insultóns, con dereitos laborais recortados, incitan a policías de sueldo rebaixado; periódicos no fío da creba ensáñanse con empresas de balances pouco saneados; sanitarios liquidados sofren cada día ataques de doentes infectados; alumnos desmotivados cúspenlle a mestres con horario prolongado.
Diante deste meteórico crescendo de mala hostia xeneralizada, alguén debe erguer axiña un pano branco que propicie algo de calma; baixarnos do carro de combate no que imos a cotío enrolados e balancear algo máis o cu para que se nos inflame algo menos a cachola.

Foto: Asento antiestrés recomendado.

20 comentarios:

Manolo Blog dixo...

Non sei se acabaríamos con todos os males da sociedade... pero un par de abaneos na randeeira... e fóra pesimismo.

Antón de Muros dixo...

Moi ben. Un pouco de sensatez.

Apertas.

Antón.

Dilaida dixo...

A seca é moi grande, a choiva no dá chegado e a cabeza féeeeeeervenos.
Ten vostede toda a razón, haberá que mover un pouco máis o cu, é bo para pórse en forma e mentres o mesmo se evaporan os calores da cachola

Carlosm dixo...

Como di un que eu sei: enfadamse os ladrons con os que rouban e asim nom hai quem poida.Saudos.Carlosm

susana moo dixo...

Cen por cen dacordo con o de abanear o cu, pero ... ten que ser nese cacharro??

mariola dixo...

Neste texto gústame especialmente o final: "balancear algo máis o cu para que se nos inflame algo menos a cachola".
Estou contigo. Levantar un pano blanco,sí señor.
A sensatez, a cordura, o optimismo, o mirar as cousas dende o lado positivo fan milagres.
Mira, a negatividade só induce á negatividade.
bicos balanceados nese asento colorido.
Ay, balancear as emocións cos ollos pechados e a cabeza entornada!

Marisa dixo...

Pois cumpre que a cachola
funcione porque os sanitarios
xa é un colectivo moi mermado.

Bicos de fin de semana

Paz Zeltia dixo...

boa recomendación, chousa.
admirable reflexión.

mfc dixo...

Não vem aí coisa boa, não!!

peke dixo...

Ante todo, moita calma.

Ginebra dixo...

Pero mejor balanceándonos en otro tipo de silla en la que nuestros traseros no estuviesen tan encogidos, esa de ahí es para niños con una talla concreta...
Bicos

mariajesusparadela dixo...

Pois é verdade: había un chistiño de Quino no que o xefe rifa con empregado, o empregado bérralle a muller,a muller rifa co fillo, o fillo enfádase co can...tamén lle chaman efecto mariposa.
Velaitén o meu pano branco (perdoe, era o único que tiña a man...)

Trasno dixo...

E segun se xeneraliza a mala hostia tamen se pode trasmitir o optimismo, todo e cousa de poñerse. Balanceando o cu pode ser unha boa maneira si señor

A.C. dixo...

Pois en verdade que o columpio ese invita a subirse e cerrar os ollos para esquecer tanta mala leche que nos afoga.
Claro que vindo de ti eso de mover o cu, a saber con que intencion vai jejeje
Biquiños

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que hai vontade de abaneo. Iso é o importante; despois cada cal que lle busque acougo ás pousadeiras e xeito ó abanear ;-)

matrioska_verde dixo...

pois coido que polo momento o cu éntrame nese asiento... de momento, que logo xa se irá vendo...

da mala hostia, si eu che contara, teño algunha compañeira coa que deixei de falar mais que o indispensable porque cada vez que fala é para verter mala hostia a borbotóns... e por ahí non paso, que xa son maior para ter que aguantar lerias... como dí o refrán cada pau que aguante a súa vela.

biquiños,.

Blogboreta dixo...

Non che estou moi dacordo... pero iso tamén ten o seu aquel.

Bicos !

paideleo dixo...

Eu creo que xa estamos servidos de abaneo de cu. Pero,bueno,aínda podemos dar unha voltiña máis.

xenevra dixo...

se hai que arrandear o cu para coller impulso, faise. Chegou o tempo de cambiar os enfados por feitos, os choros de bares por berros de rúa. Chegou a hora de amosar se o enfado é real ou só pose holivudiense.

Marlén dixo...

Moi bo! e posnos a foto como manobra de distracción infantil. Pois sí, bailemos e olvidemos!
Xa empezo eu a calarte!