Non sei como anda todo quisque tan alporizado polo desliz cometido -supostamente- por xente tan principal.
Somos tan falsos coma as mangas dun chaleco á hora de censurar os desmáns dos outros coellos, cando ben sabemos que, se non houbera gaiolas coartadoras nin valos que as preservasen, había ser ben complicado para as verzas chegar á pota do caldo. Podedes bater palmas ou tirarme areas, pero algunha razón levo...
Somos tan falsos coma as mangas dun chaleco á hora de censurar os desmáns dos outros coellos, cando ben sabemos que, se non houbera gaiolas coartadoras nin valos que as preservasen, había ser ben complicado para as verzas chegar á pota do caldo. Podedes bater palmas ou tirarme areas, pero algunha razón levo...
Foto: Tentación na feira do 10 en Antas.
25 comentarios:
Tés razón e ata a lei contempla algo diso. Non é o mesmo coller algo alleo nunha casa que estaba coa porta aberta que con ela fechada.
Enfin, que haberá que mirar para outro lado e perdoar: é que imos pedindo que nos rouben !.
Algunha non... Levas toda a razón... Claro que sí...
Aisss.. qué gañas dun caldiño hoxe con este día tan mollado ventolado e oscuro...
Também me parece...
Bom fim de semana.
Beijos.
Algunha, non toda. Porque supor, supoñíase, a diferenza radica na usura, na codicia sen límites. Todos nos fariamos cun manoxiño de grelos se non miraran, según a persoa con máis o menos vergoña, pero o caso e ter vergoña, e algúns pese a todalas prebendas que xa levan de prestado aínda queren máis, queren todo y por riba poñendo de parapeto asociacións de nenos e minusvalidos. Iso no é ter morro e non ter de nada.
Biquiños republicáns...
Razóm tès, o problema e que empeza a haver mais coelhos que verzas. Palmas (sin arena) para ti.Saudos.Carlosm
Pura envexa, iso é o que temos todos.
Pero, existe un PERO, cando xa o tes todo ou case todo, porque un montón de currantes dun estado está cotizando, para que vivas como deus... Iso... eu diría que é moita avaricia e un pouco de cachondeo, por riba de mantelo e pagarlle os vicos tamén nos rouba as verzas que tiñamos para o caldo.
Bicos
Toda, todiña.
Cánta verdade hai
nas túas verbas,
pero sempre haberá
a quen non lle
importen os valados
artellará algo
para poder saltalos.
Bicos o bo fin de semana.
Tamen ten que ser ben triste estar engaiolado tan cerquiña da tentación xD . Non sei como fas para darlle a volta as cousas ata que acaben parecendo víctimas os coellos. Bicos
Era um convite... e tu acedeste a ele, como pessoa bem educada!
Razón, toda. E quen estea libre de culpa que tire a primeira verza!
Home chouza, hai cousas que non temos por onde collelas....Mira se robas unha pita, resulta que eres un chourizo, un quinqui, e vas para o trulla, de por vida....Se roubas centos de millons eres un señor...de puro e chisteira....Tes un equipo de abogados, e mesmo ainda que te condenen ; sempre atopas un sonsello de ministros disposto a concederte o indulto...
Xa o dicia Castelao: MEXAN POR NOS E AINDA TEMOS QUE DICIR QUE CHOVE....Amigo.
Te veo una persona equánime y justa.Llévales tu las "verzas" que consideres necesarias a esos gazapos y guarda las otras. Es que si van ellos, unas se las comen y otras las pisan.
GL
Levas toda a razón, aínda que é normal alporizarse, aínda que non consigamos nada de nada.
As verzas teñen moi boa pinta, faiseme a boca auga.
bicos.
Razón levarás, pero si un coello que ten ferrados e ferrados de verzas a súa disposición aínda vai roubar as dos demais, cando menos había que darlle unhos lapotes: uns por ladrón e outros por exceso de avaricia.
Digo eu.
Había que ceibar eses coellos polo monte para que deixaran de axexar polas verzas.
Mal pinta a cousa para o coello real, que quixo comer as verzas e cachárono
El pote me gusta bastante.
No sé si llevas razón o no, últimamente, Chousa, no estoy segura de nada...
Bicos
E o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra... e tamén hai envexa.
A este paso ides pensar que son un defensor de causas perdidas; unha especie de avogado do demo. Nada máis lonxe: o que pasa é que ás veces gústame nadar un chisquiño a contracorrente.
En todo caso é ben certo que, en moitas ocasións, o tamaño da metedura de gamba é direitamente proporcional á posibilidade de podelo facer.
Ou non?
Pero, pero, pero... uy uyuyuuuy...
ti tes tentacións???
ay non me digas eso... que o Faro estáche moi solitario...
;)
P.D. co que me gustan a min as verzas e o caldiño non sei se me conteria...
Biquiños a moreas!!!
Ninguén me crerá pero eu non preciso valados cando o alleo é certeza. Tampouco nada me impide discernir o propio do que non me pertence; de meu nada teño.
Á natureza dos coellos cumpriralle muros pero a especie que os levanta debera autosometerse aos da moral que seica lle é innata. Aos desertores da moralidade aconséllolles religaren coa lírica e reflexionar coas palabras máis fermosas que lin neste ano que acaba: "Cancela de invernías húmidas, fiestra de cálidos veráns; incluso pechada deixas entrar, e sen abrirte permites saír"
Coñece alguén ao autor?
Feliz Navidad.
Um abraço e FESTAS FELIZES
Non tés algo de razón, tela toda.
¡Que pouca cabeza, deixar os pobriños coellos tan cerca da tentación!
Biquiños e bó nadal.
Quero desexarlle o mellor Nadal e os días máis felices xunto a aqueles que o queren.
(Como hai días que non actualiza empezo a supoñer que lle tocou a lotaría e anda de cruceiro polas Bahamas)
Serei tonta e non digo que non, pero non me sinto representada polo teu texto. Polo tanto, nada de perdoar e que cada quen pague o seu "desliz"
Bicoss
Publicar un comentario