mércores, 28 de decembro de 2011

Morteiros

A Consellería de Educación ven de por en marcha o denominado "Proxecto Morteiros", que consiste no aproveitamento dos terreos que rodean os Centros educativos co fin de mellorar o autoabastecemento de materias primas para os comedores escolares.
A iniciativa porase en marcha de xeito paulatino, comezando a súa aplicación á volta das vacacións do Nadal.
Os mestres a cargo dos comedores escolares serán os responsables directos dos cuartillos, da ferramenta e de todo o relacionado coa semente e sistemas de rega.
Do almacén, tratamento e distribución do esterco encargarase direitamente o Xefe Provincial de Educación.
Os Directores dos centros serán os que leven o mando na decisión de fondura dos regos (altura de suco), así como da apertura das aveacas (anchura da cal).
Todo o Claustro participará nas labores de recolección, debullado e limpeza, baixo a supervisión cuatrimestral dun coordenador de ciclo, que será o encargado de asentar puntualmente no Xade cada gran sementado ou recolectado, para o seu ulterior control por parte da Consellería.
A iniciativa publicarase no DOG nos primeiros días do novo ano.

Foto: Labradío sin labrar.

PostEdición: Con todo o meu cariño e recoñecemento

22 comentarios:

Carlosm dixo...

Bato palmas pela decisión das autoridades educativas da Galiza, Inocencio. Preguntome se non contemplaran a posibilidade da cría de galinhas e ranchos. Saudos.Carlosm

Kaplan dixo...

Era o que nos faltaba!
(E das pragas e parasitos, quen se ocupa?)

Dilaida dixo...

Que ben!!!
E digo eu, a quen lle van dar a concesión para construír os cabaceiros que gardarán os excedentes?
Porque haber, haberaos...
Imaxino ao Claustro nas tardiñas de outono todos xuntiños na refolla do millo, cantando regueifas.
Desexo que teña un 2012 feliz

Harmonía dixo...

A boas horas, señor Chousa, se entera vostede da presunta posta en práctica de tal inciativa! Pois veño comunicarlle que, no noso centro, xa nos adiantamos ao devandito "proxecto": comenzamos instalando un composteiro; cando chegue a primavera, abriremos os sucos baixo a supervisión do dire;-) e prantaremos a horta... Eu xa me pedín encargarme de sacarlles fotos ás primeiras pataquiñas cando estean nadas, hahaha!!!

Serás argalleiro!

Sorrisosss dende o Deza.

Trasno dixo...

Pois paréceme do mais didactico, ecolóxico e útil. Eu podo prestar algún apeiro de forma totalmente altruista hahahaha

Anónimo dixo...

Deus lle conserve a vostede a imaxinación, que xa me ten feito rir unhas cantas veces.
A.

Maribel-bel dixo...

Sr. Inocencio, este ano pasácheste porque parécese moito a realidade, non tardarán os mestres en ten que facer algunhas labores parecidas. Un saúdo e bo ano novo.

Barreira dixo...

Chousa. Gustame. Esas patacas novas recollidas cuatrimestralmente teñen que estar caralludas... non se lles da tempo a seren vellas.
Eu propoño poñer cepas de mencia e facer viño tamén. E se pode ser cuatrimestralmente ainda mellor. Feliz aninovo

mfc dixo...

A brincar... a brincar... e qualquer dia vemos mesmo essas cenas de novo!

Marisa dixo...

Pois non parece que a cousa
vaia a ter mellor cariz.

Moitos bicos.

zeltia dixo...

hoxe vin expresamente ao teu blog buscando o post do día dos inocentes... (acordeime que era hoxe, á tardiña xa...)
non me decepcionaches :-)

grazas, chousa, polo humor que repartes.
hai veces que moito se precisa.

esperoq ue pasaras un bo día dos inocentiños de todo. (se queda algún)

Barreira dixo...

AAhhh!!!!. Pero era broma????. Boh.... o carallo!!!!!

Aldabra dixo...

han poñer o grito no ceo... ¿ainda mais traballo por menos salario?
de aquí a pouquiño tamén han ter que levar os pequenos para as súas casas...
non dou crédito!!!
biquiños,

paideleo dixo...

E farán cousas piores e diremos que non as criamos porque eramos inocentes.
Ogallá non cheguemos a comer galletas de terra como en Haiti ( e non é broma ).

mariola dixo...

Alguén xa se adiantou, digo polas pisadas, non serías ti, argalleiro?
Imaxinación non che falta, non señor, de onde beberás ti tanta?
Destapar as risas á veces non é doado, pero ti fasno dunha maneira sobradamente boa.
MOITOS BICOS.

rula dixo...

Fenómenal iniciativa, jajajaja
Eu ofrézome voluntaria para o exterminio de pragas ou calquera insecto cheirento.

Bicos inocentes.

Alís dixo...

Cando estaba no instituto algún profesor propuxo plantar maría nos terreos do instituto para que os macarras que nos esperaban á saída se adicaran a coidala en vez de amolarnos. Claro está, a idea non prosperou

Bicos

GINEBRA dixo...

Porque tu post se publicó el día de los Santos Inocentes, con lo cual es una de tus bromas, pero no te creas que la iniciativa está mal.
Tener un huertito en los alrededores de los coles hace mucho bien: los niños aprenden a cultivar y apreciar el esfuerzo del labrador, estudian biología en vivo y en directo, y los señores maestros sueltan la tiza y se embarran (me imagino que eso no les sentará bien a algunos, jajajja) más "carga lectiva acompañada de recortes"...

En fin, que no te creas tú que me disgusta la idea. A mí personalmente no me importaría sacar de aula a ciertos champiñones que sólo están ahí para calentar la silla y ponerles a cavar y hacer surcos (yo con la fusta, jajajajaja)
Besos y feliz año

zeltia dixo...

Coa inocencia do día 28, e a inocencia que aniña na alma, deixoche aquí un desexo auténtico de boas cousiñas para o 2012

Kaplan dixo...

Que teña un feliz ano!

A nena do paraugas dixo...

Eu mellor ca isto proporía a creación dunha granxa cooperativa!

Que non perdamos totalmente a inocencia!

Feliz 2012!

Chousa da Alcandra dixo...

Entre onte e hoxe median pouco máis de doce horas. Mudamos de ano, pero non de intencións. Trocamos de calendario pero non de letanía.
Poñámoslle boa cara, que -xa houbo quen dixo- quen sabe o bo que nos deparará!
Feliz 2012 para tod@s!!