domingo, 1 de xaneiro de 2012

Galope

Sin demasiados cambios no entorno (os paxaros siguen voando e as miñocas fozando), preséntasenos diante outra etapa da que non falaron nada ben. Pero seremos donos do noso propio paseo, que ninguén no lo escaralle.
Tomaremos a montura coa mesma dilixencia de antano, tendo clariño que tamén cando nos ladren será a confirmación de que avanzamos con xeito...
Unhas veces ó paso e outras triscando, unhas a pé e outras dacabalo. Picando espuelas e apretando as cinchas para incitar trotes e fustigar galopes, sin esquecernos nunca de levar a montura ben ferrada das catro patas e procurando manter un axeitado equilibrio entre elegancia  e dominio; aínda sabendo que -por máis dunha vez- haberá que caer da burra!

Foto: Mimando ó ano novo. Algunha potra teremos...

24 comentarios:

Harmonía dixo...

Que teñamos todos/as un xeitoso paseo e un agradable voo polo 2012.

GINEBRA dixo...

Esperemos no tener que caer del caballo, aunque "sí de la burra" (eso va haciendo falta).
Muy curioso y logrado este post de la realidad que nos envuelve utilizando una bella comparación (el tema ecuestre me apasiona:)
Bonita foto también.
Bicos al paso, al trote y a galope.

mfc dixo...

Que em 2012 possas concretizar muitos dos teus projectos e que ele venha bem menos farrusco do que o pintam.
Um grande abraço!

Cuspedepita dixo...

¡ Cando caiamos da burra esta vez imos levar unha boa zampullada!
Pero como nos ensinou kárate kid (vaia citas que me gasto eu) cando un cae, pode escoller volver a erguerse, unha e outra vez se fai falta, así que...¡Animo, meus valentes!

Bicos

Dilaida dixo...

Claro que máis dunha vez caeremos da burra, pero o que temos que desexar é que a caída sexa leve, e que a burra espere por nós, para volver montar nela.
Ah, e moito tino coas árbores que caeron por riba dos camiños, podemos esnafrarnos contra elas se non as vemos a tempo.
Bicos

Carlosm dixo...

Atinado símil equestre para reciber o ano novo.Eu somentes engadiria a recomendaçom de galopar mais amodo para que as caidas resultem ingrávidas.Feliz2012 tudo o mais que poder.Carlosm

xenevra dixo...

E iremos afirmados no trote da cabalgadura mentres que os outros, que se pensan más listos, perdan o tempo en vos de altos perigos. Pois o futuro é das persoas afoutadas, das que non soñan grandes loreiros senón realidades xustas.

Que a cabalgada polo 2012 che deixe arrecendo de presente destemido!!

zeltia dixo...

Pooooois sí, haberá que caer da burra, pero moito nos agarramos para non tal... (a lo menos eu sempre confío en ter algo de potra)

;-)

Raposo dixo...

"A galopar, a galopar, hasta enterrarnos en el mar", que dixo Rafael Alberti.
Xa que logo, eu voume lanzar a galope tendido como Jhon Wayne nos anos mozos, ¡e que sexa o que Raxoi queira!
¡Ala, feliz ano!

Concha L. F. dixo...

Máis remedio ca ir tirando, mantendo o equilibrio, caíndo da burra e volvéndose erguer. Porque o que nos queda por diante esixe aplomo e templanza...

Feliz 2012.

Anónimo dixo...

Yo diría que a alguno había que tirarlo del burro (o de la burra) y no dejar que se vuelva a levantar.Muy bueno el post Chousa. Feliz año

mariajesusparadela dixo...

Ai, Chousiña: antes de montar, xa caín da burra...

Marisa dixo...

Unhas a trote
e outras ó lento
un novo ano
para ir virando
buscando o xeito.

Bicos

Merce dixo...

Pois si, o caso e "ir indo", a trote, a galope, ou a rebolos...

Pero que espabiladiños me sodes algúns, eu ainda non espertei ben da resaca do 11 e xa tendes o blog estrenadiño no 12...

Pois eu comezo con moiiiiiita moita nugalla... ;)

Bicos

Trasno dixo...

Vostede e un erudito consumado, e sempre gosto de encontrar mensaxes entre liñas. Esta vez fala do Quijote así coma quen non quere a cousa para empezar o ano. Que sigan ladrando hahaha. Feliz ano novo Chousa.

Pitima Alvarez dixo...

Aisss... e cántas cousas nos perdemos por non ser o bastante listos para te ler en condicións... A min ás veces dáme vergoña... recoñecer estas miñas carencias...

Boeno. Un bico de felicitación Chousa. Perdoa que últimamente non estou moi sociable... pero haiche épocas raras...

Eu non me podo queixar. Sempre teño potra.... Por exemplo, de contar contigo como amigo blogueiro!
Un dous tres responda outra ves...

mariola dixo...

Gústame iso de ir a galope e con elegancia e dominio serei a dona dos meus pasos, que non mos quiten que se non...
Mimadiño queda logo ó ano novo.
Biquiños a trote, a galope, da cabalo,con montura, sen montura...

m* dixo...

Os cabalos sempre me deron medo. É mellor ir cos pés na terra.

Magdalena Malungo dixo...

Sí raposo, e non asustes as monturas, que os cabalos veñen xa bravos e os xinetes están máis ben apoucados! Saúde e Feliz Ano!

Concha L. F. dixo...

Ben. Eu non sei que dicir. Haberá que caer da burra, pero con elegancia.

Feliz 2012, e que haxa sorte, traballo e saúde!
E paciencia!
Ben nos cómpre.

Aldabra dixo...

Pásame como Concha, non sei que decir. As cousas pintan mal, mais que mal. Así que e lóxico que o camiño estará cheo de atrancos y que polo tanto a caída é inevitáble pero como tamén dixo Concha (doutra maneira) "Antes muerta que sencilla".

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Reitero que algo bo traerá, tamén, este 2012. Por máis que se sigan empeñando en fotografiar unicamente o lado máis negativo de todo canto acontece.

Alís dixo...

Pois eu, xa maior, e sigo sin caer da burra. Non estaría mal que pasara algunha vez, sempre que non doa moito. Mentras tanto, a galopar...

Feliz aninovo (aínda se pode dicir, non?)

Bicoss

Kim Basinguer dixo...

Me enternece la foto, me encanta.