mércores, 18 de xaneiro de 2012

Muxir

A desmedida ansia por xenerar transaccións económicas nun mercado famento e absolutamente imposible de satisfacer (ninfomanía mercantil), criou a posibilidade operar con produtos que aínda non existían. E houbo quen os vendeu e, curiosamente, quen os mercase tamén. A feira do inexistente circulaba a todo trapo pola vía do absurdo ata que descarrilou.
Agora parece que todos sabían que non é de cordos comerciar co leite antes de muxir; pero sigue a liorta por dilucidar culpables: quen comprou o que non había ou quen vendeu o que non tiña. O que sí parece claro é que catro tetos non son un grupo lácteo, e onte cotizaba á alza esa idea...

Foto: A Toura,  empresa láctea en cernes.

26 comentarios:

Blogboreta dixo...

Tan maiorciños e fodendo o país co conto da leiteira... Poucos tetos e moitos papos.

Bicos sen lactosa :*

Ginebra dixo...

El sobrenombre de ninfomanía mercantil me parece absolutamente indicado para describir la fiebre mercantil que vivimos y padecemos todos.
La foto es explícita:) y también muy apropiada para esa reflexión crítica que haces.
¡Está muy bien!
Bicos

Kaplan dixo...

Parece que a realidade virtual que nos acompaña en tantos momentos das nosas vidas ten os seus efectos secundarios, e até na economía un acaba por non distinguir o tanxible do intanxible. O malo de todo isto é que o virtual acaba cando pasa a chamarse bancarrota. Apertas.

zeltia dixo...

gustoume iso de ninfomanía mercantíl
:-)
a túa reflexión expresada dun xeito moi orixinal(sempre o fas) :-)

Aldabra dixo...

vendían fume...

e agora vai a resultar que a culpa vai ser da vaca por ter tetos...

vivir para velo...


cando vaias facer as xestións mañá fíxate nos empregados ben e xa me contarás... mais que nada por si teño que cambiar o relato...

bikovichs, que é como biquiños en ruso.

Merce dixo...

Eu tamen me fixei no mesmiño que Zeltia :)

Bicosssss

P.D. ti mais eu, temos algo que facer para iste 2012...

Dilaida dixo...

A Marela agora secou e xa non dá nin gota.

Marisa dixo...

Imos ver querido Chousa
do que se vai comer
despois de que xa se espremeu
o teto a vaca.

Moitos bicos

Harmonía dixo...

Aquí xa hai moito dito e moi acertado:
"ninfomanía mercantil", "vendían fume...", pero "a marela agora secou..."

Por encima agora, mentres se adican a buscar culpables, non se solucionan os graves problemas.

Dun xeito ou doutro todos somos algo responsables por crer nese espectro de bonanza que parecía ilimitado.

Apertas de xaneiro

PD/Chousa, o título e a imaxe acordes co tema e ademais moi do país:-))

Carlosm dixo...

Demasiadas ninfomanías ansiosas levaron a cousa a un estado de flaccidez pouco ajeitada amigo Chousa. E 4 tetos son uma ubre namais anque onte dizian que era un complejo leiteiro.Saudos.Carlosm

Alís dixo...

Culpable é quen vende o que non ten. o que compra o que non hai é tonto, nada máis. Ou moi tonto, iso depende.

Oigo falar de muxir e síntome representada. Debe ser porque últimamente adícome á producción láctea

Bicoss

Trasno dixo...

Vendeuse leite sin munguir de vacas que inda non naceran. E tamén se venderon queixos con ese leite inexistente.E con subvencions oficiais e todo.Todos toliños

Anónimo dixo...

Y no habeis pensado que quien compró lo que no había pudo haber sido víctima de un engaño?. Tambien como consecuencia de un exceso de especulación, pero hubo y hay mucho chanchullo de los poderosos para "muxir" a todos nosotros.

susana moo dixo...

Moi acertada a expresión de ninfomanía mercantil, mais tendo en conta que a ninfómana non acada o pracer, a búsqueda trepidante del, impídello.
E da foto, ¡qué dicir da foto! a tenrura da maternidade tranquila, tan contraria a ese trepidar bursátil.
Bicos Chousa.

mfc dixo...

Uma alegoria perfeita e que infelizmente tem tudo a ver com a realidade.

mariola dixo...

Non se pode comerciar co que non hai, pero este país de farándula préstase a iso e a moito máis.

Unha foto ben explícita.
biquiños chousa.

A.C. dixo...

Moita xente foi a esa "feira inexistente" pensando facer o agosto e ahora deronse conta que o agosto ficérono outros.
(Xa diras como te puxeches para tirar esa foto. Calquera dia vante patear)

Chousa da Alcandra dixo...

Chamáronme de Wall Street para ver se podía aclarar que esto de vender fume é unha práctica lícita. E que despois do meu post seica se veu abaixo (máis aínda) o mercado de futuros...

vakastolas dixo...

Isto é chegar e encher: tetos, ninfomanía..pero era a economía con vacas! Os mercados son cuestión de fe, están cheos de xente disposta a crer, logo están tamén os ateos e os agnósticos, e Deus sempre foi virtual como a liquidez do século XXI, quedamos á espera do milagre... Se volven chamar de Wall Street pásemos!

Un saúdo :)

PD: Marabillosa fotografía

paideleo dixo...

Vaca de muitos, mal mantida e ben muxida.

zeltia dixo...

Seguro que tí, coma moitos, suscribirías isto:

http://www.elpais.com/articulo/opinion/encima/posibilidades/quien/elpepiopi/20120117elpepiopi_6/Tes

Raposo dixo...

Algúns ben que mamaron deses catro tetos, e ben que se forraron (mesmo vendendo o leite que non daba).E algúns ben que sabían que eso non ía ter bo remate pero como tamén chupaban do bote pois a calar e a mirar para outro lado. E hai algúns que aínda hoxe non caeron da burra (perdón da vaca).

Chousa da Alcandra dixo...

Suscribo, Zeltia; pero creo que Soyaya non pensa en min nin en Paco Pastor cando pide "un esfuercito más"...
Case mellor imos ver de armarlle outro teto á Toura e rezaremos para que non se vexa afectada por unha mamite!

rula dixo...

Nunca mellor dito!!!!
Ninfomanía mercantil
¿E cal será a cura?

xenevra dixo...

Tendemos a crer que con atopar o culpábel xa vén a solución. Mágoa que non sexa certo, porque o mundo térmolo cheo deles... e senón, buscámolos de vez ;))

Kim Basinguer dixo...

En este pais la culpa siempre será de la vaca.