sábado, 3 de decembro de 2011

Pechadura

O saber ocupa lugar; pero aínda así é moi conveniente dotar a artesa cerebral dos fermentos necesarios para amasar as intencións e levedar os pensamentos, co fin de enviar as mensaxes no seu punto de cocción axeitado. Nin a codela queimada, nin o miolo crú.
O descoñecemento dos códigos, ben por carencias lectivas anteriores ou ben por actual sobreexposición a Telecinco, pode levarnos a erros tan profundos como o de non discernir na fonética unha pechadura dunha picha dura. E a cousa cambia de carallo!

Foto: Pechos de ferro

23 comentarios:

Dilaida dixo...

Xa, xa, pero ademais dos fermentos, como a fariña non sexa de primeira calidade, non hai nada que facer. E despois hai que controlar a temperatura do forno, non vai ser que por quentalo moito, saia a codela queimada.
A pechadura non está mal, e se non sirve a do buraco grande, metemos a chave no buraco pequeno, o que importa é abrir a porta (se se pode).
Bicos

Filoxera dixo...

Pois é...
E não vale afirmar "mas eu não sabia...".
Beijos.

susana moo dixo...

Ajj, qué tremenda oclusión.
Non me gusta,non. Chousa fuxe! dame mi mala espiña ese pecho-duro-doble.
Sale daí, alónxate meu rei que nada bo hai detrás dese ferros.
Axiña!

Peke dixo...

Aquí hai unhas cantas así. E molan.

mariajesusparadela dixo...

Pobre de min, que xa estou xorda de mais e teño tendencia a me facer ilusións

Chousa da Alcandra dixo...

Moi ben acaido o teu comentario, Dilaida; pero ti ben sabes que tento ser breve xa que non logro ser brillante :-)

A ignorancia das mínimas normas do savoir faire, non eximen do seu cumprimento, Filoxera; á que si?

Non temas Susana Moo; aínda que a reflexión é de hoxe, o portón de dous pechos xa é algo receso. E non tivo perigo ningún :-)

Molan pola súa presenza e impoñen pola grandeza case arrogante que irradia, á que si Peke?

As intelixentes coma ti, María Jesús, non precisan finura de oido para fardar coa elegancia que amosas ;-)

mariola dixo...

Gústame iso de levedar os pensamentos, porque ás veces deixámonos levar polas primeiras de cambio.
Hai que amasar delicadamente,cun ritmo axeitado e unhas boas mans.
bicos, chousa.

zeltia dixo...

pois eu, hai tanto que xa non, que cando vexa unha pichadura non sei se a saberei distinguir! [como din que todo cambia...!]

mfc dixo...

Pois... nunca confundir o género humano com o germano!

Trasno dixo...

Mui agudo Chousa.
Eu non vexo T5, así que non confundo hahaha

Belén dixo...

Hay que saber pasar de lo que tenemos alrededor y a ver qué nos encontramos, (O cambiar de canal)

Besicos

paideleo dixo...

Mui bo o da picha dura.
Ese erro non se dá muito por esta miña zona. Dicimos fechadura ata os adictos a telecinco.

Pitima dixo...

Entón.... ¿ver Telecinco produce xordera??

Aberto, que quede aberto. Moitos pensan que aberto poden pasar, pero eu sempre penso que pechado non podo saír!!!

Eu ás veces sinto os meus pesamentos moi pesados.... Non levedan nin pa dios..

E boeno, será este gripallo que levo...

Bicos baixo chave....
Onde andará???

Merce dixo...

Fai o reto!!!

peeeeeeeeero jjjjjjj

ti

acompañasme ;)

Merce dixo...

uy!

eu non saio de Padre Casares...

Merce dixo...

uuuuuuuuuuuuyyy esqueciame

Bicos, tanto se aceptas, como se non ;)

Chousa da Alcandra dixo...

Amasar con boas mans e ritmo axeitado é unha necesidade para que o "pan" resulte sabedeiro, Mariola.

Hai cousas, Zeltia, que seica é como andar en bicicleta ;-)

Sempre hai que ter o punto de mira afinadiño para non abocarse a confusións tan grandes, mfc

Cómpre ter tino incluso co zapeo, Trasno. Que os virus da ordinariez propáganse moi axiña

É moi recomendable terlle pilas novas ao mando da TV sempre, Belén.

Pois dun erro de importancia vos librades con esa variante, Paideleo. Riqueza léxica a deste país!

Ti si que sabes ensarillar ben a lingua, Pitima. A pesares de estar acatarradiña.

Non sei eu se escollerás ben a tripulación, Merce. Eu sonche de río e non teño moi claras as normas de navegación mariña...

Kaplan dixo...

Está claro que coa picha dura poucas pechaduras se dan aberto, aínda que as linguas e demais vísceras que se expoñen ao público en T5 non se pode negar que abren a caixa dos tronos con demasiada frecuencia e cerran o entendemento.

Mariadas dixo...

Claro,claro...,se queremos conseguir un óptimo resultado é esencial a calidade da fariña. As masas terán menos ou máis forza. Moi importante tamén o proceso de amaado e repouso despois de...E, claro sen deixar nunca de controlar a temperatura e o tempo. Se se dan ben os primeiros pasos e por suposto se "o forno está para bolos" o produto final obtido será dunha calidade extra.

Carlosm dixo...

Importante fijar-se sempre na grafía e prestar atençom contextual para discernir (qué culto es, meu) picha e pecha. Gosto deses portóns que rezuman sabedoría.Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

É ben certo que cando se presta atención a unha cousa resulta complicado abrir pechadura, Kaplan.

Os tempos son moi importantes no proceso, Mariadas; pero concordo tamén contigo en que, se o forno non está para bolos, mellor pospoñer o enfornado!

Aprendemos en pupitres ben cercanos, Carlosm; así que non te fagas ti víctima da gramática :-)

Aldabra dixo...

cambia, cambia... pero ten razón Dilaida, hai que ter moitas variantes en conta... para abrir as portas e tamén para o outro...

biquiños,

Alís dixo...

E nunca mellor dito...

Bicos