domingo, 14 de agosto de 2011

Demasiado

Demasiado estresados por un exceso de motivos. Demasiada presión laboral, demasiado agobio polo desemprego, demasiado Rubalcaba sentado, demasiado Rajoy en San Xenxo...
Debeu ser por ese exceso adverbial no que nos vimos bañando polo que a concelleira de cultura coruñesa meteu a lingua na ola das papas e, despois de oito días, aínda lle sigue fervendo.
Trabucouse de xeito estrepitoso. Sen paliativos nin eximentes. Por moito que ela se empeñe, non se pode ser demasiado galeg@; eso sí: ser galeg@ é demasiado!

Foto: Demasiado fucsia?. Non, atinada cor

32 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Julia Otero demostra ser galega. Simplemente , galega.
Pero esoutra é de La Coruña, carallo.

mariajesusparadela dixo...

Ti segue así, que vas de cú.

Chousa da Alcandra dixo...

Eu vou de cara, María Jesús; a que ía de cu era a de fucsia :-)

Carlosm dixo...

Hahaha. Eu achei que te demorabas demasiado en meterte nesta lide da concelheira. Errada está. Ti atinado e roubando images hahaha. Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Demasiadas ocupacións, Carlosm. Polo demáis roubando imaxes, si. Cando sexa maior pedirei permiso :-)

Blogboreta dixo...

Algúns da Coruña temos paixón polo noso, e Galiza só ten unha pega, está demasiado... lonxe. :( :(

Ando morriñenta, moito. Haberá que tornar o polbo polo polvo a ver se me torno furcia, digo fucsia.

Bicazos!!!

Dilaida dixo...

Pois non ten mal traseiro a moza, pero onde estea un traseiro masculino ben feito, non hai nada que facer.
Eu sonlle moi mal pensada e penso que esa concelleira que come a conta dos paisanos galegos non dá puntada sen fío, estes/estas profesionais saben o que buscan e teñen claro como propicialo.
E ten vostede moitísima razón "ser galego é demasiado!" .
Bicos

Pedras de S. dixo...

Seica che gusta o fucsia, eeeh pillabán?

Se analizamos o sintagma "a concelleira de cultura", o complemento do nome podería considerarse in-necesario ou in-apropiado?? A miña opinión nace como froito dunha profunda reflexión unha vez oídas as súas declaracións...

Saúdos moi galegos :-) ;-)

GINEBRA dixo...

¿de verdad que cuando seas mayor pedirás permiso???? jajajajjaja, ¡no me lo creo!.
Ser galego é demasiado!, eso me ha gustado...
Bicos

Anónimo dixo...

Será concelleira de cultura, pero desde logo a #idem galega levaa clara con esta xentiña. E eso que acaban de empezar. A que nos espera, Chousa!

mariola dixo...

Ser galega como ela sí que é demasiado!
Por que será que andamos a tirar sempre pedras ó noso tellado?

Eu tamén opino que o fucsia é unha cor ben bonita. E esa rapaza lúceo bastante ben.
Un biquiño requetegalego.

Logio dixo...

Pero, La Coruña non estaba en Galicia?...

Trasno dixo...

Se pides permiso para facer a foto xa non sería un roubado, e o roubado ten un encanto especial. Ademais para pedir permiso hai que falar DEMASIADOOOO.

zeltia dixo...

A ANTERIOR concelleira de cultura do concello da coruña María Xosé Bravo era unha tía que facía ben as cousas... ata os que claramente nunca simpatizaron co BNG recoñecían que se estaban a facer continuamente cousas interesantes; que houbera unha achega cultural a CADA BARRIO, (e non somentes as macro organizacións cara a "nosotros sí que la tenemos grande")
En fin, houbo eleccións, eu non comprendo que cona foi votar.

e só unha pequeniña nota aclaratoria:
a cor do vesstido non é fucsia... é malva -se non me cres, pon "malva" no buscador e dalle a "imaxes"-

Anónimo dixo...

LaCoru is diferent Chousa. Parece mentira q no te decatases.
Veño do Facebook e eu aposto polo fucsia pero non demasiado. jejeje
Jandro

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno...pois ábrese o debate. Señoras e señores: cal é a cor do vestido que se ve na imaxe?
(Por moito que vos trabuquedes, nunca o faredes demasiado! [Agora que non veña ninguén dicir que é marelo!!])

Pedras de S. dixo...

Fucsia, malva, lila, violeta, morado... Cuestión de matices, señor Chousa! Eso si:atinada cor;-)

Anónimo dixo...

malvarosa!

Raposo dixo...

Non sei si hai cousas demasiado galegas pero o que teño claro é que en política hai demasiad@s gilipollas. Digo gilipollas porque si digo un termo mais galego o mellor a señora concelleira non me entende.
Da cor do vestido non vou falar pero eu estoume poñendo morado, he, he!!!

Pitima dixo...

Eu pensei o mesmiño que Zeltia... Non é fucsia... É un malva elegantísimo (engado), non un rosa fucsia estridente.
A ti se che foron os ollos tras dela, pero non pola cor... jaja
Non se entenden as cousas que dicen, a clase política, e a xente... eu tampouco a entendo... por qué votan o que votan...
Non entendo pero xa desistín. E xa non me sorprendo de nada tampouco....
Bicos, non excesivos...

Belén dixo...

Yo soy muy mala con los colores... pero diría que el vestido es fucsia...

Besicos

Chousa da Alcandra dixo...

A cousa non se decanta claramente en favor dun matiz ou do outro...(estou co Raposo na apreciación. E que conste que para elo non se nos pode acusar de "superficiais"; á que non?)

A ver se "chama" a rapaza e nos saca de dudas!

Marisa dixo...

E cantas máis explicacións da
máis enlea.
Eu creo que ese fucsia
non pasou desapercibido
polo fotógrafo.

Un bico

Carlosm dixo...

Cando dicias que era FUCSIA pensei que si, agora que hai debate aproveito para volver mirar en produnfidade e digo que lle acae moito bem!.

Kaplan dixo...

Ao ler o post (e lembrar a tipa esa da Coruña) veume á memoria unha pintada de hai moitos anos, e que lle é aplicable: Opera a túa fimose de Galiza!!

Concha López Fernández dixo...

O que menos importa son os matices da cor cando se queima a Lingua no pote das papas. E non digo isto porque lamente que a tal teña a lingua queimada, senón porque estou vendo que cada vez máis, hai quen soamente se preocupa pola cor, deixando a Lingua a un lado.

Non é o teu caso. Moi atinada a entrada!

María dos Anxos. dixo...

Chousa, encantoume o teu texto, coma sempre.
Ao que é natural non lle cabe un demasiado. Son muller e non me é posíbel ser demasiado muller, un acueducto non pode ser demasiado acueducto, un pistacho non pode saber demasiado a pistacho...Pero cando se pretende confrontar é válido afirmar que sobran demasiadas mulleres, demasiados acueductos ou demasiados pistachos. Demasiados actos en galego supoñen menos actos en castelán e, o que é a manifestación natural da cultura deste pobo, pacífica, para os usurpadores supón unha ameaza. A única explicación é o medo. Téñennos medo. Logo do tempo toparon cunha clase que aínda non fora alienada e que está ascendendo a lugares de poder e séntense ameazados.

A cor do vestido non é fucsia.

Chousa da Alcandra dixo...

Atinadísima reflexión cargada de moitísima razón.
A mesma rotundidade argumental deixoume sin saber cal será a cor (a do vestido, que do resto cada cal xa a iría pintando).

E para non facer traballar tanto a daltónicos mentais coma min, imos pasar a unha cor sin complicacións. Aínda que non o pareza estamos no verán e (seica) hai que relaxarse.

Aldabra dixo...

vexo que segues a fotografar as mulleres por detrás... deberías facerteo mirar... je je je.

biquiños,

susana moo dixo...

Chousa, esa color non é fucsia, non sei se xa cho dixeron. É morado clariño. Non sei en que demo andas pensando.

Chousa da Alcandra dixo...

Mentras no mo miro, Aldabra, vou seguir mirando... :-)

Non sei se é un demo no que ando pensando, Susana; pero ir (seguro!) vai vestida de muller

Kim Basinguer dixo...

Me encanta o fucsia.