domingo, 28 de agosto de 2011

Comungar

A curia política non para de remexer na procura dunha homilía creible para un modelo social que lles deu farturas sin esforzo. Modifican evanxeos, mudan de parecer durante o ofertorio e ata semella que acadan consensos despois da consagración. Todo para seguir no altar misando, tendo as chaves do sagrario e ser eles os que reparten as hostias...
Pero o máis perverso desta relixión é que -fieis ou infieis- estamos nesta misa, e mentras os presbíteros baduadores non logran atopar acougo nos mesmos sillóns dende os que agora pretenden administrar a miseria, a nós tócanos seguir comungando.

Foto: Sagradas  formas preparadas.

22 comentarios:

Marisa dixo...

Así é,con rodas de muíño,
a imaxe vale máis
que mil palabras.

Bicos de domingo

A nena do paraugas dixo...

Si, con sagradas formas cun buraco no medio, para que sexa máis levadeira a comunión. E non de domingo a domingo, senón cada día da semana, para que non pasemos fame de hostias, aínda que teñan buraco.

E digo eu. O do buraco será para facer con elas un moruno? Ou tal vez un xeado espetado nun pau?

As hostias, quentes ou frías, non me gustan nada...

Blogboreta dixo...

Eu non comunguei na vida, non vou comezar agora. E veredes, tanto querernos facer comungar que o final isto vai rematar nun reparto de hostias.... :p

Biquiños loitadores.

Harmonía dixo...

A imaxe vai que nin pintada! Comugar con rodas de muíño, nunca mellor dito! E o que nos espera...

mariajesusparadela dixo...

A culpa témola nós: non podemos abrir tanto a boca.

mfc dixo...

É esse o meu espanto... como é que a maioria os continua a eleger?!

mariola dixo...

Teremos que rezar moito para que se solucione este problema que o único que fai é engordar e engordar. E como eu creo no forza da palabra invito a mover eses "donuts" xigantes para que vaian cara os farsantes e esmaguen a súa ineptitude.
Logo comungarei a gusto.
Bicos enleados nesa carriza tan verdiña.

Viches o que nace no círculo da pedra?
Non sei cómo se chaman, pero de pequena xogaba a facerlles debuxiños cun pao. Qué cousas!

Carlosm dixo...

Saiuche redondo. Esas rodas de muiño non faciam tan bo trabalho dende que deixaron de moer o millo. Saudos.Carlosm

C.D. dixo...

Je je, sí, siempre me lo dice un amigo "¡yo no comulgo con ruedas de molino!" (la verdad que ni con esas ni con otras, jajaja)

Muy ilustrativa la imagen.

¡Biquiños!

Carmen

zeltia dixo...

temos que comulgar con rodas desas en tantas ocasións...
pero encántame que lle metas caña á I.C. (a todas, a todas)

zeltia dixo...

[para mariola; chámanse "couselos"]
(eu a palabra "carriza" aprendina o outro día)

Pitima dixo...

Amén...
Agora... demos gracias a Deus...


Bicos... en paz?

rula dixo...

e que culpa teremos, digo eu, que temos que aturar isto, roda que roda, hostia que hostia...¿Teremos o que merecemos?

bicos de volta¡¡¡

Jorge V. dixo...

O caso é ir comendo xD

Raposo dixo...

Hai cousas que nunca cambian: eles seguen a dar as ostias e nós seguimos comulgando con rodas de muiño. E por riba o limbo agora non se sabe onde está!!

Kaplan dixo...

A democracia, que é garante da liberdade individual, permite escoller entre comungar con rodas de muíño ou atalas ao pescozo e botarse de cabeza ao mar. Xa ve, aquí imposicións? Ningunha.

Chousa da Alcandra dixo...

Carallo, Kaplan; algunha outra alternativa haberá...

O limbo seica o suprimiron por decreto, Raposo. Con abstención de CiU eso sí.

Hai veces que case quere un pasar fame, Jorge V

Merecer merecíamos outra cousa, Rula; pero parece que é o que nos ofrecen.

Os bicos gústanme sempre,Pitima;incluso na guerra... ;-)

Eu son pequeno, Zeltia; e non dou aberto a boca tanto.

Coa de cousas que se poden facer nos muiños, C.D.; incluido darlle lustre á muiñeira!

Redondo parece que lles vai sair aos de sempre, Carlosm. Xa me contarás como vai pola PortuGaliza.

Aiii, Mariola, eu non teño claro que se as oracións que sei son rezo ou non...;-)

Talvez é chegado o momento de minorías máis cualificadas (e unidas), mfc

Quilicuá, María Jesús. O meu problema radica niso: que non dou comido esas hostias e vanme dar unhas...

Ti sabes algo que non sei eu, Harmonía?. Cóntame, anda...

Pois vaiche sendo hora de "recibir", Blogboreta. Xa sabes aquelo de o comer e o rañar...

O burato do medio seica é a parte que comeu o cura, Nena do Paraugas. Eso din.

Pois fagamos rodar as rodas para facer valer a redundancia, Marisa; e que as coman outros!

Trasno dixo...

Os politicos de hoxe parece que volven dicir misa de cu para os fieis.
Esas rodas de muiño gustanme para saltimbancar sobre elas :-)

susana moo dixo...

... comungando con rodas de muíño ... e o muíño, coitado, non ten culpa ningunha.

Chousa da Alcandra dixo...

Solo miran cara os parroquianos para decirnos: "oremos/vótame", Trasno.

Nin o muiño, nin -moi posiblemente- o/a muiñeira, Susana. Mais...c'est la vie.

Manolo Blog dixo...

Ao que ten se lle dará... e aos que non teñen se lles quitará...

Este mantra é moi antigo...

paideleo dixo...

Dicíame un veciño mirando a miña nova filla:- Aghora vas ter que traballar por eles dous. Eu respondinlle: - Por estes dous o que fagha falta. O que me jode é ter que traballar para manter a manganchada dos políticos.
Por iso prefiro mirar para os nenos e pór a cara amable e non mirar para os políticos que me poñen cara de can.