xoves, 4 de agosto de 2011

Turbar

Hai moitas cousas boas polo mundo adiante. Xa sei que é para non facerme caso. Os telexornais, a prensa escrita, a falada (e algunha pensada tamén) non permiten dar moito creto ó que digo.
Pero teño razóns para afirmalo. E para mostra un botón: fixádevos na imaxe totalmente de balde que se pon diante dos vosos ollos. Mirade ben, disfrutádea e decídeme se non logra turbarvos. Incluso máis...

 Foto: Se atopades o botón da miña camisa..avisade!

22 comentarios:

Dilaida dixo...

Pois non está mal a paisaxe.
Bicos

Jorge V. dixo...

Eso sí que é un bo lugar para tirarse unha vida :D

Carlosm dixo...

Hai que saber volver a olhada cara as marabillas que se pode ver dende a fiestra ajeitada, e non mirar sempre casra os ventanucos que non paran de ofrecer desolación. Eso sí: non vin o teu botón (de momento). Saudos.Carlosm

mariajesusparadela dixo...

¿E ise o camiño polo que me querías levar mentras eu tiña man das pitas?
Pois eu íbache de boa gana...

GINEBRA dixo...

Siempre que se abra una ventana y te topes con un árbol, ya es belleza y una visión turbadora:)
Bicos

Marisa dixo...

Un recuncho para perderse.
Non me estraña o do botón
se o atopo fareicho saber.

Bicos

zeltia dixo...

non sei se "turbar" é a palabra que me axeita a min para esa paisaxe. A min prodúceme paz e serenidade.

tamén é un sitio moi axeditado para perder botóns, tamén (según con quen)

A nena do paraugas dixo...

Mirar máis alá dunha fiestra xa pode ser en mesma unha experiencia turbadora...

Chousa da Alcandra dixo...

Non sei o que terán os muiños, pero moito me atraen, Dilaida. Vai ser que me gusta bailar muiñeiras!

Nin por un intre o dubides, Jorge; o lugar é sumamente fermoso. Moi pertiño do nacemento do Ulla.

Pois confío en que mo sigas buscando, Carlosm (o meu botón); que para iso vos puxen a imaxe!

Á que o escenario préstase como un anel para o conto, MariaJesus. E que non o pensei antes, que puido ser a ilustración para compartilo con tod@s.

Fermosura que entra incluso coa fiestra pechada, Ginebra. E so hai que ter ollos para mirala; non é necesario sacar a Visa nin a MasterCard...

En elo confío Marisa. Era un deses botóns raros que lucía nunha das camisas preferidas, e agora ando todo descamisado.

Non sei se é o verbo axeitado de todo, Zeltia; pero é que como quería misturalo co adverbio "máis"...víñame que nin pintado.

Ou "máis acó" tamén Nena do paraugas. Sempre depende de que lado chega o motivo turbador...

Trasno dixo...

Non te preocupes. Eu atoparei o teu botón. Ese entorno e no que eu me movo moi ben. Xa te avisarei

paideleo dixo...

Eu pensaba que era a foto da famosa chousa que dá nome a este blogo pero vai ser que non polo dato do muiño.
O botón perdéchelo entrando pola fiestra, nonsí ?.

zeltia dixo...

ahhh, máis-turbar jajaja
vale, vale (se non mo explicas non me entero, que panxoliña son)

Pitima dixo...

Turbar... Máis... turbar.
Xastamos...


Eu vin algo redondo por aí... pero non sabería dicir se é un botón ou qué...
Se cadra deberías buscar quen te axude en persoa... porque en foto... vai ser difícil...
Se cadra, tamén poderías lograr máis nivel de turbación dese outro xeito personal en ataque... Tamén.

Bico á sombra.

mariola dixo...

Hay unha luz preciosa que se derrama no aire, unha imvitación a serenidade e a temperar a mente.
É o que máis me chama a atención.
Logo, a profundidade invítame a perderme no sendeiro,a pasear escoitando o que din as árbores, a sentarme na herba vendo pasar o tempo...
Hoxe quédome coa foto, con esta fiestra aberta a natureza.
De verdade, captaches a alma do paisaxe. Encántame, de verdade.
Un biquiño.

un bico

fonsilleda dixo...

Se acaso, ti poderías ser unha de esas cousas.
A imaxe, dende logo.
Recordos

marce dixo...

As fiestras sempre teñen o encanto do seu propio encadro, o demáis pono o noso ollo. Sempre é a comunicación do interior co exterior, da penumbra coa luz, desperta sempre un intre tan emocional coma a nosa mirada.

mfc dixo...

Uma paz imensa... que maravilha!

Oswaldo dixo...

Ventana hacia la luz o hacia el cobijo, depende como se mire.
Tiene un hermoso "cantinho". Ha sido un placer descubrirle y visitarle.

Pedras de S. dixo...

Repetir o que dixo Mariola, non será necesario... Exactamente o que eu penso! Ese sendeiro invita a descubrir!!!
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Estarei atento á túa intervención, Trasno. E agardo resultados.

No entrar ou no sair foi cando o botón se perdeu, Paideleo. Queda pendente aínda a imaxe da Alcandra.

Pensei en organizar unha batida para buscalo, Pitima. Apúntote para a acción? :-)

A foto tamén fala, Mariola; e, sin duda, moitísimo mellor ca min.

Que ben saben esas palabras túas, Fonsilleda. Tentaremos ser unha desas cousas boas.

Efectivamente hai moita maxia nas fiestras, Marce. Moi posiblemente polo que teñen de amosarnos o exterior. Ou o interior. Depende.

No recanto da imaxe, respírase a paz á que aludes mfc. Dou fe.

Benvigo tamén á Chousa, Oswaldo. Ogallá sigas vendo a través desta fiestra cos mesmos ollos cos que a descubriches.

Pois o sendeiro, Pedras de S., por intransitable que pareza, pódese andar. Iso si, con bo calzado

Aldabra dixo...

a mín tampouco me turba esta imaxe, mais ben todo o contrario...

o botón, vai ser que non.

biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

E que significa "todo o contrario", Aldabra?