xoves, 18 de agosto de 2011

Arciprestemóbil

Mentras medio mundo estala en dolorosos espasmos de recortes sociais, froito de desmáns estrepitosos e nefasta xestión dos recursos. Mentras  se funden na desesperación os mercados bursátiles (feiras yupis nas que se vende o leite da becerra non nacida); en Antas andamos preparando a visita da máxima autoridade eclesiástica da Ulloa.
Aínda non está definido o percorrido final, pero xa falamos co cabo da Benemérita para coutar atravesados (a estas cousas sempre ven alguén de fóra) e tamén lle temos listo o arcirprestemóbil

Foto:  Prototipo con cesta conexeira e bandeira foránea.

28 comentarios:

Aniña dixo...

mola mil!! ya quisiera el PAPA!
:)
un beso

Dilaida dixo...

Pois facedes moi moi ben, dádelle un longo paseo por toda a comarca, o arciprestemóbil ten unha cor que seguro que vai a xogo coa súa vestimenta, non esquezades poñerlle casco, non porque o vaian multan, pero as autoridades teñen que dar exemplo.

zeltia dixo...

se o papa fose montado aí, igual ata ía eu velo a madrí

(as mobiletas son para el verano)

mariajesusparadela dixo...

Todo está ben: so lle falla o paraventos.
(¡cánto eu pagaría por ver a Rouco nesa motiña!)

Trasno dixo...

Sodes considerados en Antas. No meu territorio montaríamolo nun xabarín hahaha. Que siga o bo humor

Mar e Lúa dixo...

Como se chama o arcipreste, Paris Hilton? Espero que non, porque tería moi pouca autoridade relixiosa, pero vai saber... ;)

mariola dixo...

Haberá que ir logo a Ulloa para ver a máxima autoridade montada no arciprestemóbil. A verdade e que non lle falta detalle; moi inxenioso.

Nestes días no que non se fala doutra cousa máis que da visita do papa fai falta quitarlle ferro o asunto cun poco de humor " a lo chousa".
un besiño.

Kaplan dixo...

Vdes téñeno fácil ata chegaren ao Papa de Roma, non son precisos os 6 graos de separación de Kevin Bacon: A máxima autoridade eclesiástica de Antas (con permiso do seu arcipreste) é o mesmísimo bispo da Bimilenaria, sobriño do cardeal arcebispo de Madrid, que é nada menos que o anfitrión de B16.
(Así éo calquera, que a pasta xa sabe quen a puxo)

Harmonía dixo...

Xa tardabas en adicarlle un post en clave de humor á autoridade eclesiástica, xa me extrañaba!
Estou pensando: a motocicleta é de cor rosa palo ou rosa chicle?? :-)
Si que mola, eh!!

C.D. dixo...

O meu fillo anda toleando por unha moto; eu dígolle que diso nada. Mais non sei, se fose coma o arciprestemóbil, ó millor... (mecachis, non!, que o rapaz e capaz de dicir que sí e logo vai e aparece "tuneado"!)

A nena do paraugas dixo...

Ben. O tempo (atmosférico) préstase a un paseo en tan elegante vehículo. Con casco, por suposto, non vaia ser que nun descoido a máxima autoridade eclesiástica da Ulloa parta a crisma e non poida seguir guiando coas súas sabias ensinanzas as almas de tan fermosas terras...

Carlosm dixo...

Avisa ao arcipreste para que leve a sotana a jogo co utilitario hahaha.
[Excelente definición da bolsa, por certo].Saudos.Carlosm

Raposo dixo...

Ten moito máis estilo que o papamóvil, a cor acaiselle ben, consume pouco e apárcase mellor. Todo son vantaxes!

Pitima dixo...

Sotanas, hábitos... non son boas vestimentas para este móbil que lle buscastes ó arcipreste...
Ademáis... se é de moita alcurnia... traerá chófer... E de paquete non se vai rebaixar...

Bicos descapotables.

Marisa dixo...

O que máis me gusta de todo
é o arciprestemóbil.
De seguro que vai ser un éxito.

Bo domingo.

Bicos

Anónimo dixo...

E para que le poñedes trasporte, recorcio. Que vaya no coche de sanfernando unas veces a pe y outras andando.
Gusto do teu bon humor.

paideleo dixo...

Si, nós a burlarnos del e el e os seus montados enriba nosa.
Millor non meditar máis no asunto.

Maribel-bel dixo...

Mentras todos andamos preocupados e mártires de pensamentos noxentos ás políticas e economías..resulta que escoito ó Papa falarlle os mozos do celibato, dos preservativos, de facerse cura por vocación etc... Dame a risa e dígolle a Uxía: ¿Ti queres ser monxa? Ela dime: non ohhhhhhhhhhhhhhhh. Biquiños

mfc dixo...

Como sempre gosto imenso da tua fina ironia!

GINEBRA dixo...

Estas visitas de las altas esferas eclesiásticas son un machetazo para las economías maltrechas como la de este país.
El vespino rosita le quedaría al pelo al señor de blanco:)))
Bicos

Magdalena Malungo dixo...

Empréstamo pra ires de pesca? Con cesta e todo, eh?

marce dixo...

E por qué non o levades a cima do Careón, ou mesmo ó Farelo, así as miradas ó pico Sacro tornaríanse as nosas terras,,jejeje, se cadra facemos unha nova ruta de peregrinaxe : A Ruta do Careón.

que teñas un bo día

Merce dixo...

Supoño que irá debidamente conxuntado co medio de transporte... ;)

Non sei se ir ata as Antas para velo jajajajajaja

Biquiños a moreas ;)

Aldabra dixo...

encántane a mobilete, si despois da visita se vende, avísame.

agradeceicho.

biquiños,

susana moo dixo...

E dalle co rosa: http://www.youtube.com/watch?v=0g4NiHef4Ks

A.C. dixo...

Avisa cando veña, que eu ver a un cura montando neso non mo perdo por nada jajaja. Bicos

Seymour dixo...

Que luxo!! non sei se aceptarán, esta xente do clero xa sabe vostede que é moi sinxela e frugal...

Kim Basinguer dixo...

Se precisa dunha man amiga, Madrid ten experiencia ...