venres, 22 de abril de 2011

Relevante

Cóntase que a Praza do Obradoiro é o lugar dos catro pecados, xa que un individuo situado na intersección das teóricas diagonais iría ceibando un arrecarallo según fose mirando cara o Hostal, Raxoi, Fonseca ou a propia Catedral.
Efectivamente hai ocasións nas que, tendo tanta importancia todo o que te rodea, resulta complexo discernir que é o relevante. Curiosamente a pomba sobre o peitoril de Westminster Bridge teno claro. Nin o London Eye, nin o Big Ben, nin farrapos de gaita: ela óllame a min.

Foto: (E penso que non sabía que son de Antas...)

32 comentarios:

Kaplan dixo...

Moi bon! Parece que tiveron bon tempo. Que a pomba non o recoñeceu como natural de Antas é evidente: non lle vexo amago de reverencia...!

Blogboreta dixo...

Éche unha victim fashion de zapatos vermellos que velaí está, a ver se o fotografo agasallalle cuns Blaniks azuis ;)

Non me gostan as pombas, o de Antas sí.

Kisses.

Chousa da Alcandra dixo...

Kaplan: Por eso mismo cheguei eu á deducción :-)

Blogboreta: Podes empregar sin titubeos o plural tamén cos de Antas :-)

mariajesusparadela dixo...

Ai, non, que eu tampouco sei como serán os outros: o de Antas, sí.

Aniña dixo...

No domino el gallego, pero lo entiendo (tengo familiares directos gallegos) me ha encantado leerte y te seguiré sobre todo por ser de Antas!
un bikiño

paideleo dixo...

Quen fora pomba cockney ou Cousa da Alcandra !.
Marchei de vivir nesa cidade asqueado da humanidade e agora teño morriña dela.
Cando a pisarei outra vez ?.

Raíz Verde dixo...

Alá onde está un galego sempre se sabe que é o importante ! :D

susana moo dixo...

Boeno, xa podes estar ledo, alo menos unha londinense fixouse en ti ( a ainda é guapiña)

Dilaida dixo...

Non será unha pomba galega? A min tenme toda pinta de ser unha fermosa pomba galega. O mesmo está a mirar porque recoñeceu a un paisano.
Vostede falou con ela?

mfc dixo...

... e sem ponta de pecado!!!

mariola dixo...

É ben quietiña que está ollándote!
Claro que sabe que é o relevante(coido que che está a facer ás beiras) pero dado a súa maxestuosidade tamén ela considérase importante, e qué razón leva.

PD- eu teño unha que se fixo dona do meu balcón e que me desperta todos os sábados co seu canto.

un bico cantareiro.

A nena do paraugas dixo...

Era visto que tiña que ollarte a ti! Non podía ser doutra maneira.
É o que teñen as pombas, saben recoñecer á xente de Antas aínda que sexa en Londres.

Biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

María Jesús: Fáganme caso, é garantía de calidade (en todo caso, agradezo o voto -de confianza-)

Aniña: Cantabria ten acento galego en moitos dos seus fermosos paraxes. Benvida!

Paideleo: Case sempre nos pasa eso de rexeitar o que temos á man. En todo caso Vilaguindastre é un bo lugar para aniñar.

Raíz Verde: A pomba debe coñecer o código que recolle esa verdade! :-)

Susana Moo: Non digas nada, pero penso que era un "palomo". Inchaba moito o papo...

Dilaida: Tamén a min mo pareceu; mais non tiven ocasión de cruzar palabra. Voou despois de mirarme así de firme.

mfc: A única contundencia está na mirada da pomba e no obxectivo da miña cámara. Pecado...cunha pomba non jajaja

Mariola: Dous relevantes frente a frente. Mentras ela miraba a dúas bandas, eu chiscáballe un ollo.
(Coidado coa do balcón. Seguro que é unha cotilla!!!)

Nena do Paraugas: Por iso son tan listiñas e dominan simboloxías relixiosas e pacíficas (aínda que ultimamente...andan algo de capa caída e hai quen as chama "ratas voadoras"...)

Trasno dixo...

Abraiada quedou a pomba londinense co ullense de frente hahahaha.
Agora xa sabemos onde foi o canteiro tomar leccións. (Non irías facerlles un anel de pedra para Guillermo e Kate???).

Harmonía dixo...

Enlazando co comentario de Dilaida: probaches a falarlle en galegooo?? Non lle dirías "Hello"!

zeltia dixo...

oiches, descubrín un efecto fantástico:
agrandando a foto, movendo a roda do medio dos botóns do mouse, parece que o london eye xira!!!

A.C. dixo...

Asi me gusta Chousa, deixando o pabellón ben alto, si señor jajaja.
Non sei como te arreglas para lograr estas fotos. Esta e boisima (se non ten truco, que eu deso non entendo)
Bicos

Carlosm dixo...

Absolutamente genial, amigo Chousa. Esa pomba (ou pomba macho) ficou abraiada pola presenza dun ulhán na pérfida Albión. (Entre nós: ti es a hostia hahahaha).Saudos. Carlosm

xenevra dixo...

Con toda a aquela que a pomba (e o fotografador merecen), eu creo que o importante para a pomba, era saber que ía quedar fermosa na foto. E posou con descaro e máis elegancia, buscando a inmortalidade nas terras celtas do Ulla.
Que ben vives!!!!

Bolboreteira dixo...

Xenial!
Está claro que o que ten imporantacia ou interese é algo moi subxetivo.
Fermosa foto!
Biquiños

Merce dixo...

E que sabia que ti retratariala ben, moi ben, mais que ben. Ademais eu recomendaria ver a foto en grande e asi poder dicir un "arrecarallo" que faga por catro :)

Biquiños!!!

Raposo dixo...

Vai ti a saber si a pomba non era tamén galega e deseguida recoñeceu a un paisano!

Chousa da Alcandra dixo...

Trasno: As pedras do anel dos principescos raparigos seica son doutra canteira que eu non traballo :-)

Harmonía: Non me deu lugar a cruzar palabra. So as miradas penetrantes (dela e do obxectivo da cámara).

Zeltia: Cando se atopa "a rodiña do medio" sempre parece que todo xira...jajaja

AC: O único truco que ten é que a pomba tivo aguante ata que me acheguei tanto; así que o mérito é todo dela.

Carlosm: Asegúroche que as pombas "londresas" xa teñen mirado máis dun ullán por aqueles lares. (Entre nós: ti ben o sabes!!!)

Xenevra: Vivir vive ben a pomba londinense, que aínda sigue de vacacións hoxe, mañán e na semana vindeira; e outros xa andamos aguzando o pico para volver á canteira...

Bolboreteira: Xa o dixo Einstein: "Todo é relativo, e aínda iso...depende!.

Merce: Ese "arrecarallo" con acento ourensá ten moitísima máis relevancia que outro calquera. Incluso antes de multiplicalo por nada. :-)

Raposo: Polo xeito co que confraternizou sobre as augas lodosas do Támesis con outra ducia de colegas...dame a min que tiña un voar british.

Aldabra dixo...

Arrecarallo que lle sacas partido a unha foto. Ben, vouno decir mellor. Arrecarallo que sacas unas fotos que dan moito partido. O “Eye de London” non ten importancia, sería una foto mais, en cambia coa pomba mirándote en fite, eso xa é outra cousa. Ten outra entidade. Noraboa pola foto e polas vacacións. Vexo que na canteira pórtanse ben contigo. Biquiños,

A Conxurada dixo...

Para quen ía mirar senón :)

beijinhos de carmín

zeltia dixo...

Pois para estar de vacacións...
estás ben vagonetas.
[postea aljo ho!]

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Tamén eu me porto (moi) ben cos amos da canteira. (A foto da xogo, si; pero neste caso o mérito é todo da pomba)

Conxurada: Está claro que chamei a súa atención de maneira considerable. Había por alí outras compañeiras, pero fuxiron de contadiño.

Zeltia: Como din os políticos, agora non toca postear.

Chousa da Alcandra dixo...

Visto o acontecido onte polas inmediacións de Wetminster Bridge vou concluir que fixen moi ben ir nas datas que fun. Noutro caso seguro que me espantaban a pomba con tanto barullo de trompetas e destellos de tiaras.
Palabra de honor

Pitima dixo...

jaja..
Qué divertido o da rodiña do medio do rato... jajaja.. Mira Zeltia qué descubrimento fixo... Encantóume. Recoméndoo... jajaja
A pomba se lle ve o porte británico... tan ríxida... mirando para o de Antas que anda a fotografar a ese rato volador súbdito da raíña.. Mira.. un que sabe recoller a esencia do lugar e os seus habitantes..
Vese tan dona da paisaxe que da gusto vela... jaja.. E eso que non é de Antas eh!!! jajaja, que se chega a ser non ía caber na foto o peito enchido.... jaja

Un bico xirando...
(... de verdade que me encantou... )

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Como pós tanto énfase en que "de verdade que che gustou", xa non sei se te estás referindo á descuberta da rodiña do medio que da tanto gustiño, ou á foto da british rata voadora!. ;-)

Magdalena Malungo dixo...

Eu sempre digo que para estar ben cos demais, primeiro hai que estar ben cun mesmo. Así que xa sabes a orden de prioridades!
Biquiños!

Kim Basinguer dixo...

A pomba sabe ben a quen ten que ollar.