venres, 8 de abril de 2011

Espelido

O mariscal Montgomery era  moi homenaxeado despois de derrotar a Rommel na batalla de África, durante a S.G.M. Co papo enchido, Montgomery rematou o seu discurso durante un evento de moito copete para papaleisóns (propio de  Marineda City, vamos!) dicindo:
- No fumo, no bebo, no fornico y soy un héroe.
O primeiro Ministro, Winston Churchill, que seica era moi aleuto, retrucou:
- Eu fumo, bebo,doulle ó  fornicio; e son o xefe del.

Foto: Maneiras de liderar.

29 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Durante unhas breves xornadas estarei ausente. Teño que facer un cursiño avanzado para canteiros e debo deixar a maceta e mailo cincel por uns días. Espero aprender moito ou, cando menos, que non me vaian quitar as habilidades que xa teño consolidades.
Coidádevos mentras tanto, que vos estarei vixiando...

Marisa dixo...

Coidarémonos e tí aprende moito,
xa te vexo coma un xefe moi espelido.

Biquiños

Bolboreteira dixo...

Poisss...que aprendas moito!!
Se o xefe é o xefe por algo é (neste caso) :P
Mira que apañado o do smart..con un par!! :) (disculpen a expresión)
bicos!

mariola dixo...

Ay, que mágoa, botareite en falta. Pero todo sexa polo aprendizaxe e xa se sabe renovarse ou...
Non te preocupes polas túas habilidades -é máis, seguro que veremos algunha nova cando volvas- coido que están a bó recaudo.

En canto ó texto moi listiño ese Churchill. Á verdade é que poñéndoo en galego soa moito mellor.

Moitos bicos para as xornadas venideiras.

A nena do paraugas dixo...

Cando se está nun posto de mando é mellor facelo con humildade, pois sempre haberá alguén por enriba de nós que nos lembre que, aínda estando por enriba, pode ser máis humilde ca nós.

E vaia vostede tranquilo, señor da Chousa, que lle coidaremos o espazo e agaradémolo ata que volva por aquí.

Saúde, saúdos e sorte.

mariajesusparadela dixo...

LEMBRA: ás veces é moi importante desaprender para mellorar.
Estaremos agardándote.
Como non podía ser de outra maneira, prefiro ó fumador.

Carlosm dixo...

Nom sabía que Churchill fose tan cachondo hahaha, pero gustame sabelo. Disfruta canteiro. Saudos. Carlosm

Blogboreta dixo...

O Montgomery non fornicaría, pero quedou ben fodidiño seica ;)

Deica dentro duns días estudiante. Ficarei aquí agardando a túa volta pra que nos contes que aprendiches.

Un biquiño grande pra os teus ollos vixiantes. :*

susana moo dixo...

Pois que aprenda moito no curso, e olliño, bebe algo, fuma un pouco e fornica canto podas, xefe!

Pitima dixo...

Non vas ligar nada con ese coche...

O carro ten que ser ghrande... ande ou non ande... jaja

Ti sempre serás listiño sen cursos nin nada... Espelido, sí..

Un bico pequeno, para que o aparques ben pretiño...

Harmonía dixo...

Desde logo, na imaxe, ben se ve quen mantén o liderado, indiscutiblemente!!

mfc dixo...

O humor de Churchill era único!

Chousa da Alcandra dixo...

Xa estou matriculado. De momento pouco máis fixemos que aguzar os cinceis. Como case todos os cursiños, parece que a cousa vai de moita teoría (de momento). Imos ver se hai algo que se poida aplicar á pedra do país...
Saúde

Harmonía dixo...

E traerás novas imaxes para compartir dese "cursiño", non si?

Chus dixo...

Cuando tu ausencia pesa, es que las piedras de la cantera son diminutas.Perdona estos dos últimos meses no he dejado mis huellas en tu blog, por que el tiempo no me lo ha permitido, pero no por eso he dejado de visitarte, espero que a partir de ahora pueda hacerlo mas a menudo.
Un abrazo
Chus

Kaplan dixo...

As citas de Churchill non teñen desperdicio nunca.
Unha das que máis me gustan é aquela sobre un rival político: "chegou un taxi vacío, abriuse a porta e baixou el"
Saúdos, que progrese adecuadamente no curso.

rula dixo...

pásao en e segue ó sr.Churchill.

bicos

paideleo dixo...

Hai que aprender a aparcar coma ese espabilado.
No curso de canteiría ese dáme a min que non che van aprender nadiña porque xa sabemos que se cambia a canteira de nome a labor segue a ser a mesma.

Aldabra dixo...

Poís aplícate moito e aprende máis todavía. Biquiños,

zeltia dixo...

Din por aí que es xefe, xefe de canteiros?
que mandas, nos cabuqueiros, nos entalladores?
o cursiño é para manipular a tronzadora?
ou tal vez para mellorar o manexo do cincel?

non quixera ter un xefe canteiro, nun arrebato de xenio igual me manda unha pedra rebolada.

A.C. dixo...

Seguro que ti es o profesor dese cursiño. Sea como queira, que disfrutes muito canteireando.
Bicos

Raposo dixo...

Pois aprende de Churchill para chegar a ser xefe de canteiros, he, he!!

Z. dixo...

...Y quién prefiere ser jefe que héroe???

(¿Hablar en castellano es un fallo más de Montgomery?)

Magdalena Malungo dixo...

Nin santos nin heroes! Cando o heroe chegue a xefe seguro que confesa, que máis dun pecado terá! :-)

zeltia dixo...

bo coment, eh, a vaquiña polo que vale.
pero esa Z non son eu, conste.

Chousa da Alcandra dixo...

Unha petición para todos e todas(da que libero a "Z"): Podedes dar o voso apoio á carta que dende ProLingua enviamos ó Presidente da Xunta en defensa da LNL vixente. Facédeo Aqui

xenevra dixo...

Chámanlle curso de aprendizaxe a unhas vacacións á beira do mar?? Aissssss, país!!!
E digho eu, iso de que Montgomery fale en catelán e Churchill en galego non ten que ver co de Marineda ou??

Z. dixo...

http://vimeo.com/16277612

Chousa da Alcandra dixo...

Pois outro video en Vimeo

(Relévote do relevo, Z)