luns, 18 de abril de 2011

ONU

Moitas misións polo mundo enteiro no afán dunha orde pactada. Infinitas necesidades non cubertas e milleiros de accións humanitarias pendentes de dotar con recursos de mínimos.
Complexa e dificultosa tramitación en cada envío de tropas de paz pertrechadas coa razón das ametralladoras e mailos argumentos das pistolas automáticas.
Pregúntome se, en troques de algunhas encomendas de dudosa eficacia,  non viría ben -por aquelo de complementar axeitadamente- enviarlle á moza da foto un casco azul?

Foto: Roubado (cachado)  na Illa da Arousa

27 comentarios:

xenevra dixo...

Demasiadas misións, demasiadas armas, infinitas mortes. Parece non ter fin a ambición destes novos ricos que se chaman primeiro mundo. Un primeiro mundo que fabrica bombas racimos, que arrasa riquezas, que mando cascos a quen só precisa dunha pucha para termar do sol.
Quizais fose mellor que os das misións inhumanas calzasen os zapatos coma os da moza, a xogo cos seus cascos. Quizais así valorasen mellor as dificultades ás que teñen que sobrevivir aqueles que colocamos na parte de abaixo do planisferio.

(Parece que as vacacións formativas foron nun lugar fermoso ;))

Trasno dixo...

Jajajaja. Tes o ollo ben atento para estas cousas ho. Non perdes unha. Claro que a rapaza tamen te junou he, que te ficha coa mirada.
E de paso unha boa crítica á inoperancia da onu, si señor. Un post completiño.
Parabens

Chousa da Alcandra dixo...

E pregúntome como ti; si, ti aínda non asinaches a carta que dende ProLingua enviamos a Feijoo para defender a LNL vixente.

Mentras tanto, se alguén coñece un casco azul...por favor que contacte comigo. É unha cuestión prioritaria xa!

xenevra dixo...

Gluuuuuups (icona de muller coa cara toda roiba)!!! Xuraría que asinara cando a lin... En fin!!! Sen desculpas. Só fico aquí debaixo da mesa ata que se me pase o aroibamento...
Grazas por recordarmo (icona de sorriso de muller feliz!!!)
Bicazos lingueiros

Chousa da Alcandra dixo...

Jajaja. Boeno, o chamamento vale para Xenevra (que xa surtiu efecto), e tamén para o resto dos "tis" que aínda non asinaron.
(Xa podes sair de debaixo da mesa, Xenevra; ou voute sacar eu?)

Carlosm dixo...

Ti si que semelhas un corresponsal de guerra. Mira que te arriscas hahaha. Grazas por alegrarme a manhán desta feira compleja. Saudos. Carlosm

Raposo dixo...

Ti sempre con tan bo ollo para as fotos. O casco azul sería un excelente complemento cromático para a rapaza, hai que conseguirllo xa!

Raposo dixo...

E veño de asinar agora mismiño, que conste!

zeltia dixo...

Á moza, con eses zapatos horteras azúl eléctrico, ese look poligonero, só lle faltaba o casco combinando para completar!
[espero que non sexa ninguén da túa familia. e se o é, animala a seguir vestíndose e calzándose como lle pete]

Pitima dixo...

Qué chulada de zapatos....
Pásame como coas xoias, encántame velas, pero despóis non os poño...
Nin os tacóns nin as xoias..
Bota serraje cadete son eu... jaja
Para trotar polo mundo adiante un casco azul?? Pois ó mellor sí...

A rapaza xa leva un casco azul... ¿non? Non é un azul tan bonito como o dos zapatos, pero boeno...
Xastamos coas variedades cromáticas...
Cobalto, añil, aguamarina, turquesa, cian, celeste, marino....
Para gustos... mil colores...

Os ollos da túa afillada, por exemplo.... son azul-verdoso-metálicos-grises-aceituna..... Pero qué difícil....
E ademáis depende de como lle dé a luz...

Digamos que todo está cheo de matices eh... jaja

E menos mal.. que hai para tod@s...

Bicos azuis como o mar azul!!!

A.C. dixo...

Ay meu Deus, a quen lle fai falta un casco vai ser a ti como te sigas arriesgando desa maneira (mira que mirada asesina che bota a moza dos zapatos azules).
Solo a ti che se podía ocurrir pedir un casco azul para ela. Con toda o dobre sentido que lle das as cousas jajaja. Moi bo.
Biquiños

mariajesusparadela dixo...

Pois eu penso que a rapaza vai servida cun home que non prcisa traxe de coiro e que protexe a pernas con pelo propio: un coma os de antano, sen afeitados "centimetrosexuais".
Non sei se me quedar cos zapatos dela ou coas chancletas dil.
(e casco si que levan)

Bolboreteira dixo...

Bueno..pois un casco azul irialle ben que lle coxuntaría cos zapatos e máis co vestido.
Misións humanitarias????...O máis humanitario seria non promover a aparición de problemas para os que logo ter que dar "solucións" dudosas.
Biquiños!!

A nena do paraugas dixo...

Que haxa que ir ás misións de paz con casco ten delito! Pero claro, de ir, mellor que combine ben coa vestimenta!

Un saúdo.

GINEBRA dixo...

El casco azul combinará con sus zapatos de taconazo... ¡eres total!
Besos y bicos a la par:)

Aldabra dixo...

mesmo parecemos Congo e mais eu, na moto pequena si non fora que eu non uso eses zapatos de tacóns e menos para ir na moto... hai que protexerse que xa tiven algunha experiencia que outra.

biquiños.

Marisa dixo...

A xogo con eses tacóns de vértigo, nada comparable coas
chanclas do compañeiro,
pois mira a onde te levou o pensamento fotografando
cascos polo paseo
da Illa de Arousa.

Bicos para tódala semana.

Dilaida dixo...

Uff! Estamos a falar dun organismo que xa naceu imperfecto e que segundo foi medrando as imperfeccións medraron con el.
Non sei porque ten que ser un casco azul, mellor de cor verde, os contraste fortes están de moda e con eses zapatos, algo verde, coma as herbas do prado, na cabeza iríalle moi ben.
Eu esa carta vina o outro día no blogue de Carlos Callón e penso que xa firmei, pero agora non estou segura, vou firmar outra vez, por firmar que non quede.

mariola dixo...

Se penso quédame mal corpo, e últimamente estou só por trasmitir enerxía positiva, espero que lles chegue algunha porque é más poderosa do que pensamos.
En canto os da foto, eles tamén van nunha misión, pero unha misión moi diferente, afastados dos problemas, mirando cara adiante e disfrutando da paisaxe, pisando forte con eses zapatos azuis!
bicos de semana santa!

paideleo dixo...

Eu asinei e que o demo nos pille de boas.
Eses zapatos cantan e mesmo semellan un roubo de última hora para saír da praia desa illa fermosa.

mfc dixo...

Um capacete azul com aqueles sapatos... isso é que me pareceria uma missão humanitária, sem dúvida!

Anónimo dixo...

Pois ja postos a pedir para esa garota un casco azul, quasi me alisto no ejercito mundial ese e vou eu metido no casco. Prometo que conjuntaria melhor con ela que o pavo que conduce a motoreta.
Boa image Chousa.
Un da Illa

susana moo dixo...

Digo como Pitima: qué chulada de zapatos.
Pero viña a rifarte, ¿qué é iso de ir tomando fotos roubadas por ahí? Imaxina que a moza non vai sentada no asiento que lle corresponde, imaxina que ese mozo non é o seu senón o da súa prima.
As veces unha monta onde non casa...

Blogboreta dixo...

¿ Estiveches escoitando a Cristian Castro?

Bicos celestes.

Kaplan dixo...

Eu xa asinei hai días en defensa da LNL, que conste: unha certa forma de enviar cascos azuis de sentido común a esa Xunta inzada de comenencia.

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que, en liñas xerais, todas calzaríades de bo grao uns zapatos azuis coma os da moza motorizada. Teño claro que unha zapatería pode ser un negocio con futuro se está perto dos pés axeitados.

Agradécese a colaboración no envío de sentido común a San Caetano, como di Kaplan.

E xa que as previsións meteorolóxicas siguen falando de choivas, pido para todos e todas...un paraugas azul!

zeltia dixo...

Menos mal que dis "en liñas xerais" porque a min eses zapatos non me gustan nada. Que quede claro.