domingo, 1 de maio de 2011

Enerxía

Por desgraza para o país, tivo que acontecer des que Fenosa deixou de ser do noroeste; pero a descuberta non ten comparanza posible na historia empresarial.
Damas e cabaleiros, agora xa sabemos que nin hidráulica nin eólica nin solar nin xeotérmica nin biomasa nin azul nin verde;   o futuro limpo, renovable e inesgotable está na enerxía celestial!. Mira que somos pailáns carallo; que no lo dixera ben claro: Ego Sum Lux Mundi. E nós  coa teima de fozar para buscar petróleo, a porfía de sachar para embalsar ou  a zuna da alquimia para radiactivar...
Agora falta por saber se os Bispados pasarán a depender de GasNatural ou viceversa. No primeiro caso; estarán os cregos encargados de ler os contadores da luz?

Foto: Cruceiro productor en Trascastro, na derrega entre Antas e Agolada

30 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

(Non deixedes de observar como camuflan en forma de contedores de lixo os que, de seguro, son complexos transformadores que adaptan a enerxía recibida do máis aló a través do cruceiro, antes de distribuila para o máis acó).
Diante de cousas así é cando a gramática galega recolle en dúas palabras todo un tratado de filosofía: manda carallo!

zeltia dixo...

Vante vir buscar os do Santo Oficio (por blasfemo)
ou peor aínda: os da Santa Compaña!
[Santa Compañía da Lusssssss]

Filoxera dixo...

Ah, essa foi engraçada: os bispados a dependerem do gás natural, eh, eh, eh...
Beijos.

paideleo dixo...

I eu que pensaba que os contedor eran para botar a enerxía que sobra !.
Vou ter que pór unha cruz no meu tellado estilo canastro, para recibir enerxía celestial desa.
Mui boa a foto !.

GINEBRA dixo...

Desde luego la imagen no tiene desperdicio, jajajajjaja. Impresionante cableado que se vale del cruceiro medieval (debería estar prohibido hacer esas cosas, aunque en Galicia abunden esos fantásticos monumentos).
Bueno, lo que me temo es que si la energía celestial de la que hablas la administra la Iglesia (como entiendo que será) los recibos que pagaremos serán astronómicos, evidentemente:)
Bicos "a ciegas".

Carlosm dixo...

O documento gráfico é de primeira orde. E argalhar unha absorción dos Bispados por parte de Gasnatural paréceme un acerto pleno.Quen verá ó clero lendo contadores. Fízome rir. Saudos.Carlosm

Trasno dixo...

Magnífica!. Dende logo a tua imaxinación unicamente se ve superada pola realidade que captas coa cámara fotográfica. Cada entrada é unha nova e ben pergreñada sorpresa. Da gusto vir pola Chousa (estou pensando en fixar nela a miña residencia oficial hahaha).

Marisa dixo...

Querido Chousa a túa chispa
abráiame,todas esas enerxías
renovables ou non, pasan
polo contador, a única
que sae gratis...? é a enerxía
celestial, haberá
que pensalo.

Bicos cargados de enerxía.

Chousa da Alcandra dixo...

Agora un vai entendendo algunhas cousas que antes non lles vía traza. Cousas coma esta

mfc dixo...

Gostei desta imensa energia carregada de ironia!

A.C. dixo...

Que che dure sempre esta retranca, tanto na fotografía (non sei como as logras) como na escritura.

Blogboreta dixo...

Non che me convence... isa enerxía ven chea de hostias. :p

Bicos divinos. :*

Kim Basinguer dixo...

jajajaaja. Tu sentido del humor, tu sarcasmo y tu inteligencia me parecen geniales.

Harmonía dixo...

Moi bo (e vergonzoso) achado!!

Dilaida dixo...

Quen suxeita a quen? Esa corda medio desfeita de soportar tanto peso está aí para que o poste da luz non caia ou o que en realidade suxeita é ese cruceiro por se vén algún amigo do alleo e o quere levar.
É que eu sonlle unha atea sen remedio.

A nena do paraugas dixo...

Pois como encarguen aos cregos a lectura dos contadores, apañados imos! Coa crise de vocacións que hai, os poucos que por aí quuuedan no van dar feito. E así, seguiremos igaul con estimacións e facturas que non entende ni Deus!
Por certo, e os musulmáns que non teñen cruceiros, onde van enganchar o tendido?

Aniña dixo...

fenosa es mucha fenosa

Bolboreteira dixo...

Tan ocurrente coma sempre, nunca deixas de sorprenderme coa túa creatividade e imaxinación.
Bicos a moreas!

Isabel - Frabisa dixo...

Chousa, yo creo que ya empezamos a pensar como nuestros mayores a que cualquier tiempo pasado fue mejor :))))).

La foto es todo una agresión visual ¿se puede denunciar?

biquiños, Chousa

Maribel-bel dixo...

É relevante fixarse nestes atropellos, publicalos e esixir responsabilidades. Xa non hai respeto nin pola santa igrexa(co que rezan)nin polos feligreses (co que calan). Bicos pecadores.

Chousa da Alcandra dixo...

A verdade é que "algunhas" agresións que hai nesta imaxe case mancan a conciencia (a vista dende logo sí).
Pero decídeme que manca máis: A maraña de fíos, o propio poste da lus, os caldeiros do lixo, os "muiños" na cima do Farelo, a antena da tv, o caseto mal retellado, a chimenea de aluminio, a foto mal encadrada... Boeno, vale; tamén pode ser a "solución" de atar o cruceiro ó poste (ou o poste ó cruceiro, que nunca se sabe).
Todo manca, pero todo fai falla. Ou non. (Podemos tirar o lixo á estrada, deixar que caia o cruceiro, non ver a tv, "entubar" o cableado...)

Denunciado queda. O doado está feito.

A do outro lado da xanela dixo...

Agora entendo o da "luz que me ilumina".

Só unha dúbida... hai que mercar adaptadores? eu teño un dos do reino unido... serve?

xenevra dixo...

E eu con esta teima que teño de ficar na escuridade. Se cadra algo teñen que ver os meus ancestros da Agolada, ou simplemente a baixada do soldo e a subida da electricidade :(
Bico enmarañado no ceo

Kaplan dixo...

Nin o dubide: á que ventan os cartos, alí están eles.

Raposo dixo...

E pregunto eu: eso terá repercusión económica no recibo da luz?
Tes un ollo para as fotos, machiño!!!

mariola dixo...

Ocorrente és un bo rato!
Dendelogo que o teu inxenio non ten desperdicio, reciclas a túa imaxinación e dasnos un soplo de enerxía a nosa.
Pero deixa as cousas como están, non me gustaría que os cregos leran os contadores da luz, xa me chega moito con pagar a que teño.

Góstame eso que que" eu son do mundo da luz", da enerxía pura e inesgotable que está no universo.
un biquiño lumeado.

susana moo dixo...

Vouche contar un.
Vai unha monxa ao médico cun ollo morado, cun brazo roto e tamén preñada. O médico lle pregnta:
- Pero muller, e que foi o que lle pasou?
Ela, sinala o ollo e dí:
-unha bespa
Sinala o brazo e di:
-unha vespa.
Sinala a bariga e di:
-un bispo.

(nótese que o chiste escoiteino en galego e fixen persoalmente a traducción).

mariajesusparadela dixo...

Detrás do que ti escribes hai unha palabriña perfecta, que tamén está no diccionario:"retranca".
Os cregos antes eran os encargados de escoitar ós contadores de pecados (é dicir, da sombra), seralles mais doado contar a luz.
Eu antes chamáballe Unión Penosa (a forza para ela, as penas para nós). Agora deberían quitarllelo "NO" que era ise noroeste que nomeas; tamén o "FE", porque xa non cremos nada. Non sei que me da chamarlle só "SA"

Chousa da Alcandra dixo...

Despois do excelente debullado do nome das anteriores forzas eléctricas do noroeste, así como do fonético a atinado asunto dos bispos e mailas bespas, imos continuar disparando reflexión e escribindo imaxes. Quen sabe, igual un día non hai pedras na canteira e teño que adicarme a vivir do conto.

Da gusto ver que ben argallades.

Aldabra dixo...

Tés razón, que parviños somos, Chousa. Enerxia celestial, quén nolo ía decir! Biquiños,