venres, 20 de maio de 2011

Cagadas

O banco está cagado. Esta é unha obviedade tanxible e visualizable. Asumida esta realidade podemos optar por varias solucións:
- Esquecernos que o moble foi pensado para sentarnos e considerar que é un recolledor de cagadas.
- Crear as prazas de funcionario limpador de cagadas (serían tres turnos, con vacacións, moscosos e baixas por lumbalxias e alerxias propias do desempeño...4 postos de traballo).
- Levar unha folliña de períodico para sentarnos. Sempre é mellor sentar na merda resesa, impresa o día anterior, que na fresca recen cagada.
- Mudar o banco de sitio, buscando cagadas novas.
- Meter o banco nunha caixa, asumindo o risco de acabar por non saber qué era caixa, banco ou merda.
En todo caso, viría ben considerar se facemos algo. Xa sexa co banco, coa merda, cos paxaros ou co parque enteiro.

Foto: Botellón ornitolóxico. Restos

29 comentarios:

Pitima dixo...

O do xornal non é viable... porque na maioría a cagada fresca ía traspasar a seca impresa do día anterior.... jaja

Tamén cabe a posibilidade de contratar una empresa privada que nos organice o cotarro... sen necesidade de lidiar cos traballadores públicos que xa se sabe como anda o servicio...

Biquiño á sombra dunha árbore a salvo do botellón ornitolóxico... Na eira... onde os paxaros abonan e non manchan tanto..... Ou mellor en campo aberto... que na eira vas ter ti peligro... jajaja. E ademáis estragamos o sementado... (co espantallo xa non habería tampouco problemas de paxaros.... Claro que os das ás xa non son os que eran... Agora aniñan nos propios espantallos... jajaja... E os da cidade... xa se sabe... En fins)

Blogboreta dixo...

Cagueina, non sei que comentar :p

biquiños ben limpos-

Trasno dixo...

Uhmm, algo me di que neste post hai carga de profundidade. Chousa mergulla o submarino cargado de retranca para lanzar dende as profundidades a sua mensaxe.
Andas cabreado coa prensa hahahaha (o do periódico é antolóxico). Boeno, queda outra alternativa tamen: armar a población con abundante munición. Ou non?

Dilaida dixo...

Sería bo exporlles este problema aos que mañá esperan que elixamos a súa opción, a ver que solución elixe cada quen.
Sería un bo método para saber quen é o máis listo, aínda que non seriamos capaces de descubrir aos mentireiros e aos que gozan dándose baños de merda.
E se collemos a última opción, selamos ben a caixa e a afundimos na fosa atlántica?
Para que non feda, claro.

mfc dixo...

Gostei deste discorrer de alternativas... cada uma melhor (e mais irónica...) que a anterior!

Ana dixo...

Pois aquí na minha paroquia, os bancos estan "engullidos" por as silvas y as demais plantas. Que pena de diñeiro, tirado nas ervas...e ese na merda.

Bicos ;))

GINEBRA dixo...

Un poco complicadas todas las opciones/soluciones, demasiado racionales. Es más sencillo que todo eso(aunque sé de tus segundas intenciones).
En mi tierra dicen: "sarna con gusto, no pica", que traducido al cristiano ( y también al galego, jajajajajaj) sería algo así como:si te sientas ahí te cagarán encima, mira a ver que haces...
Y éso es todo lo que tengo que decir:)))

Bicos

mariajesusparadela dixo...

Pois se se pode meter unha caixa nun banco ¿por
qué non se vai poder meter un banco nunha caixa.
Tamen se lle pode poñer un certel "banco privado, prohibido cagar, responsable a empresa defecante" e ninguén se atreverá nin a cantar, nin a dar fe, nin, por suposto, a cagar

Marisa dixo...

Sería a primeira decisión
do alcalde que resulte das eleccións,
ésa, a de crear catro postos
de traballo como limpador de cagadas,
de seguro que os paxaros ó darse
conta bulirían coas suas pintadas
para que non os mandaran ó paro.

Apertas e bicos para este fin de semana.

Concha López Fernández dixo...

No fondo non me gusta ninguna das opcións, pois iso non cambiaría para nada o mundo. A mesma merda noutro sitio e con diferente cor, pero sempre a mesma merda.
Facer algo? Habería que facer algo. Iso di a miña nai cando sabe perfectamente o que hai que facer, pero a ela non lle chegan as forzas onda as ideas e sutilmente "manda" que se mova o seu entorno por ela. E eu empezo a estar coma ela, cansada de mover ficha e prefiro o "habería que...". Se se fai algo, ben; se non se fai, que siga así.

A estas alturas soamente confío na savia nova e crítica (que algunha queda) para que limpe o banco cada día, ou para que reparta xornais para non lixarse ao sentar o cu... Das dúas útimas non falo; son as peores...
Ou para que fagan o necesario para mudar o mundo no que viven e axudarnos a quen xa non temos forza nin gana para mudalo.

Faltouche unha: matar a tiros aos estorninos, pombas e paxaros varios que cagan nos bancos!

Biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

Tamén empezo a sentirme moi cómodo no sillón decindo "habería que...". Qué carallo, eu xa corrín diante dos grises, así que agora xa toca a outros comer o marrón para que a cousa non siga poñéndose tan negra...

Aura dixo...

Moita retranca e diferentes opcións (pero ningunha demasiado convincente); apropiado para divagar e reflexionar en tal día coma hoxe..., a punto de rematar!

paideleo dixo...

O máis seguro é que limpe un pringado o banco lixando ben as mans e nolo vendan coma novo e bonito.

Kaplan dixo...

Ben, xa se sabe que cando un se achega a un banco non sabe como vai saír del... Antes era iso de que mexan por nós; agora vde actualizouno e diversificouno, seguramente por mor da crise.
(xa quitei o da palabriña, e tiña razón que daba o mesmo)

Carlosm dixo...

Certamente a realidade di que som moitos a cagar e poucos a limpar. As tuas propostas son serias e bem meditadas (a do periodico pareceume moi o teu jeito hahaha), pero eu apuntome a necesidad de meterlle a fresadora o parque inteiro.Que che parece a ti-Saudos. Carlosm

xenevra dixo...

Gústame o feito de que aparezan opcións. Hai ben tempo que non gozaba da escoita de opcións tras o "descubrimento" dun problema. Estaba empezando a crer que era certo iso de que "o primeiro é atopar o culpábel" e, unha vez feito isto, punlicalo en letras ben grandes nun xornal de moita tirada para logo irmos todos e todas guindarlles pedras.
Así pois, sexa cal sexa a opción escolleita, estou feliz porque sei que de non funcionar aceptablemente o paso seguinte será buscar novas opcións.
E para non ficar eu muda propoñerei unha alternativa: facer da expresión "a cagada é fermosa" un referente no modo de vestir dos habitantes do lugar. Quen sabe se o acabarán exportando cara outros lugares do mapa!!
beixos reflexionados (como toca ao día de hoxe)

susana moo dixo...

Colle a escopeta Chousa e termina cos paxaros do demo.
Qué carallo, ao inferno con eles.

mariola dixo...

Coido que sí, que haberá que facer algo, pero non sei ben o que.
Hoxe limpas as cagadas e mañá volven a estar ahí,( mudar o banco de sitio buscando cagadas novas)
Seguro que hai alguén que lle quite o seu beneficio como sempre,( meter o banco nunha caixa....)
Eu prefiro a merda fresca, coido que se quita mellor que a resesa.
Un bico forte.
PD- Moi logrado o botellón ornitolóxico.
Máis bicos.

Bolboreteira dixo...

Que bo!
Algo hai que facer, está clarisimo, non facer nada non é a solución que o final estas cagadas son moi corrosivas.
biquiños

rula dixo...

Eu súmome a opción da escopeta.
Non queda outra.

Bicos pacíficos.

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa: Insuperable. A metáfora é o teu reino. Eu tamén creo que é horas de facer algo co "banco" (que parece Novo e Galego), que permita que a xente se sente e descanse tranquila. Non hai nada peor ca non dar sentado ou sentar e non saber se o atrevemento che vai saír cagado.
Mira que lle dan voltas ao asunto!

Chousa da Alcandra dixo...

Moito me gusta constatar como se presta a linguaxe escrita ás interpretacións. Aseguro que a miña intencionalidade era moito máis xeneralista.

E podo asegurar (e aseguro) que descarto a opción armamentística. Por máis efectiva que poida parecer a curto prazo,...
sempre volverán outras oscuras aves,
das súas pólas as cagadas pendurar.
E aínda que aquelas que tan ben o cuiño poñían para o banco luxar; serán outras as que,
dunha maneira ou da outra,...cagarán.

Cero disparos.
Cento saúdos.

Pedra(s) de Santiago dixo...

Comenzas o post-protesta "cabreado" e terminas plaxiando a Bécquer... Por moito que te enoxes (e con sobrada razón), non consigues deixar de ser un romántico... poeta;-))

zeltia dixo...

Expeditiva, nos salió la Susana!

chego tarde ao post?
é un post de cagadas, así que debe ser de política, porque la hemos cagado de una manera...

auga nos labios dixo...

E a que meiga visitaches, meu?porque o banco si que ficou BEN CAGADO...

Aldabra dixo...

O lóxico e que si está cagado alguén o limpe, ofrézome voluntaria, non me costa nada, son unha desas funcionarias que non colle baixas por lumbalxias; non todos somos así, Chousiña, teño que dicilo.

Si alguén quere axudarme a limpalo mellor que mellor, cantos mais sexamos mais pronto remataremos. De todos os modos vai haber traballo para todos, porque o banco volverá a enfisgarse pronto, xa se sabe como son os paxaros, cagan donde lles peta.

biquiños.

Kim Basinguer dixo...

Mirale coma se fose un politico cheo de merda.

lula dixo...

Elixo a de sentarme sobre unha folliña de periódico, xa que po instructivos que son, pouco máis merecen que iso, cagada por un lado......ou outra....... :-)

setesoles dixo...

Chousa, se me permites o exceso linguístico... es o carallo !!
;)))))))

Iso de botellón ornitolóxico merece un pulitzer blogueiro. Ou dous !!

;)))))))))))))))))