luns, 28 de decembro de 2009

Inocencio

Despois desta temporada de escrita sobre os máis diversos temas nos que sempre salpico as miñas inquedanzas, pensamentos ou opinións; considero chegado o momento de abrirme un chisquiño a todos os meus lectores e visitantes para que saibades algo máis de quen moitos coñecedes unicamente polo alcume de Chousa.

Son fillo de emigrantes que retornaron para que eu unicamente fose made in Venezuela. Traían idea de volver deixándome ó cargo dos meus avós e dun bo fato de tios e tías -daquela- solteiras; pero xa de ben pequeno tiña eu un grande poder de convicción e logrei persuadilos de que aniñasen nesta terra que era a súa. E fíxeno a base de balbuceos babosos e algunha mirada inocente.

Fun bautizado na Igrexa de Santa María de Alvidrón. Era unha mañán fría de outono (non me lembro con claridade moi nidia, pero téñenmo contado), e Don Ramón non andivo con miramentos de augas benditas en termos nin farrapos de gaita; así que -mentras verquía a auga fría da fonte do caño pola miña cacholiña- dixo aquelas palabras que marcarían a miña vida para sempre:
Eu bautízote no nome do Pai, do Fillo e do Espíritu Santo e impóñoche por nome Inocencio.
(Pido disculpas, polo tanto, a quen até o de agora lle mentín no meu verdadeiro nome. Todos sodes intelixentes e comprenderedes a razón de tal pecata minuta...)

Foto: Inocencio algo máis grandiño. O día do meu bautizo o retratista estaba acatarrado.

53 comentarios:

Unknown dixo...

Alegrome coñecerte un pouco o mais.
O dos nomes e unha carga que llevamos todos.Ben uns mais que outros...

Bicos

Paz Zeltia dixo...

aquelas palabras que marcarían a miña vida para sempre:
Eu bautízote no nome do Pai, do Fillo e do Espíritu Santo
?
siii,
tanto che marcaron?
:-)
porque por chamarte inocencio non sería!
e un nome... inocente de todo jajaja

inocente era o neno da foto. ainda que ben mirado, agora que me fixo mellor, parece que lle asoma xa un aire pillaban...

HADEX dixo...

Ja, ja, ja......Don Inocencio....mira que formaliño estabas....eh??? No día do bautizo!!! Aisssss.....

Moitos bicos dunha inocente que seguro que hoxe, son as 7:30, picará ao longo do día...(témolles aos nenos no curro....)

~pi dixo...

[ in-clusa-inocência-to-tal

e-in-contornável


Poema do Menino Jesus


Num meio-dia de fim de Primavera
Tive um sonho como uma fotografia.
Vi Jesus Cristo descer à terra.
Veio pela encosta de um monte
Tornado outra vez menino,
A correr e a rolar-se pela erva
E a arrancar flores para as deitar fora
E a rir de modo a ouvir-se de longe.
Tinha fugido do céu.
Era nosso demais para fingir
De segunda pessoa da Trindade.
No céu tudo era falso, tudo em desacordo
Com flores e árvores e pedras.
No céu tinha que estar sempre sério
E de vez em quando de se tornar outra vez homem
E subir para a cruz, e estar sempre a morrer
Com uma coroa toda à roda de espinhos
E os pés espetados por um prego com cabeça,
E até com um trapo à roda da cintura
Como os pretos nas ilustrações.
Nem sequer o deixavam ter pai e mãe
Como as outras crianças.
O seu pai era duas pessoas –
Um velho chamado José, que era carpinteiro,
E que não era pai dele;
E o outro pai era uma pomba estúpida,
A única pomba feia do mundo
Porque nem era do mundo nem era pomba.
E a sua mãe não tinha amado antes de o ter.
Não era mulher: era uma mala
Em que ele tinha vindo do céu.
E queriam que ele, que só nascera da mãe,
E que nunca tivera pai para amar com respeito,
Pregasse a bondade e a justiça!
Um dia que Deus estava a dormir
E o Espírito Santo andava a voar,
Ele foi à caixa dos milagres e roubou três.
Com o primeiro fez que ninguém soubesse que ele tinha fugido.
Com o segundo criou-se eternamente humano e menino.
Com o terceiro criou um Cristo eternamente na cruz
E deixou-o pregado na cruz que há no céu
E serve de modelo às outras.Depois fugiu para o Sol
E desceu no primeiro raio que apanhou.
Hoje vive na minha aldeia comigo.
É uma criança bonita de riso e natural.
Limpa o nariz ao braço direito,
Chapinha nas poças de água,
Colhe as flores e gosta delas e esquece-as.
Atira pedras aos burros,
Rouba a fruta dos pomares
E foge a chorar e a gritar dos cães.
E, porque sabe que elas não gostam
E que toda a gente acha graça,
Corre atrás das raparigas
Que vão em ranchos pelas estradas
Com as bilhas às cabeças
E levanta-lhes as saias.
A mim ensinou-me tudo.
Ensinou-me a olhar para as coisas.
Aponta-me todas as coisas que há nas flores.
Mostra-me como as pedras são engraçadas
Quando a gente as tem na mão
E olha devagar para elas.
Diz-me muito mal de Deus.
Diz que ele é um velho estúpido e doente,
Sempre a escarrar para o chão
E a dizer indecências.
A Virgem Maria leva as tardes da eternidade a fazer meia.
E o Espírito Santo coça-se com o bico
E empoleira-se nas cadeiras e suja-as.
Tudo no céu é estúpido como a Igreja Católica.
Diz-me que Deus não percebe nada
Das coisas que criou – "Se é que ele as criou, do que duvido."
-"Ele diz por exemplo, que os seres cantam a sua glória,
Mas os seres não cantam nada.
Se cantassem seriam cantores.
Os seres existem e mais nada,
E por isso se chamam seres."
E depois, cansado de dizer mal de Deus,
O Menino Jesus adormece nos meus braços
E eu levo-o ao colo para casa.

Alberto Caeiro.




:*)




~

Dilaida dixo...

Vaia, é o día do teu santo, pois moitas FELICIDADES.
Bicos

pitima dixo...

Vaia coincidencia!!!
Eu tamén!!
solidarízome contigo e prometo publicar a foto da miña primeira comunión coa miña personal historia. Eu tamén me quero abrir un chisquiño máis..

Un bico de Inocencia (Piti para os amigos)
(Cando chegamos a Coruña eu tiña 3 anos e un acento alemán no meu galego que era unha delicia escoitar.. segundo conta a miña nai)
Ti debiches traer quentura venesolana... Xastamos!! jaja
Asúcaaarrrr!

Ginebra dixo...

jajajajjaja, divertido, señor Inocencio.
Lo que sí me gustó es la historia de tus padres que vuelven a su tierra para que el niño la conozca y se quedan. Está muy bien. Besos

Anónimo dixo...

Encantado, pois, Inocencio.
Espero que a serie continúe desvelándonos, capítulo a capítulo, o esencial da súa vida.

fonsilleda dixo...

Na imaxe si que tes pinta de "Inocente", non sei eu se hoxe...
De calquer xeito, grazas por a iformación, ainda que o alcume a min gustame moito.
Bicos de benvida Inocencio.

matrioska_verde dixo...

Mira si son ben parva que aínda tardei tempo en darme conta de que hoxe era o día que era e por eso nos contabas toda esta trangallada do teu nome.
Pero que maliño eres, Chousa, anda que sí.
De todos modos Inocencio non estaría mal, poderían chamarche cariñosamente Chencho, que soa así como moi moderno.
Xa imaxino a tua nai pola chousa adiante: Chencho, ven tomar a merenda; Chencho, vouche dar un tirón de orellas como lle sigas a tirar do rabo ó can...

Non pega, ¿verdade? Non, pégache máis charmarche Manuel o Pepiño o Toñito...

biquiños trangalleiros.

Maribel-bel dixo...

Inocencio xa ten cara de esperto e dinámico. Co amor a terra que profesas, sería un grandioso error deixarte por outros lares. Parece que xa te noto máis cerquiña, de todas formas vivo a poucos kilómetros de Antas de Ulla e vives nun paraíso. Biquiños dende as esquinas.

Carmen Graña Barreiro dixo...

¡Feliz día do teu santo, Inocencio!!!
Pois a min gústame o teu nome, e cádrache moi ben con esa cariña de inocente que tes na foto.
Como na vida nada é por casualidade (segundo o meu humilde entender)o teu nome debe de ter moito que ver contigo.
Un bico moi grande, e moitas felicidades!!!

Cuspedepita dixo...

Vaia! Mira que guapiño eras de pequeno!

Alédame que, por fin, decidiras "saír do armario" jajaja

Chuchoossss

BRABIDO dixo...

Non sei eu,moita coincidencia me parece a min,de todas felicidades con algunhas dubidas.

Teñolle que preguntar a Don Ramön.

Saúde

Druid dixo...

Pois Sr. Inocencio, encantado de habelo topado.

O ano que ven lembrarei felicitalo en día tan sinalado.

Moitas apertas.

Harmonía dixo...

Tendo en conta o día que é hoxe e o humor que caracteriza a Chousa, a historia podería ser real ou imaxinada... Imos pensar que é certa.
Sabes? Por casualidade Harmonía viviu un episodio semellante, tamén made in Venezuela. A diferenza é que ela quedouse alá ata case os dous aniños. Debido ás altas temperaturas daquelas terras, a auga bendita no día do bautizo había estar máis ben morna e a pequena Aura non sufriu demasiado; a xulgar pola colección de fotos que conservo, tiña cara de "nin me enterei".
Concordo con Carmen en que o teu nome ha ter un sentido.
Felicidades!

Carlos Sousa dixo...

Anda! Eu que pensaba que eras Xosé Luis... Como nola metiches... ou nola estás metendo??

En fin, Inocencio non está mal (menuda crueldade na infancia), pero pégache moito con esa cariña de santo da foto. Agora tesnos que mostrar as fotos dos outros sacramentos que recibiches, ou o fotógrafo tamén estaba acatarrado??

Unha pregunta, o da moderación de comentarios, por que é?

Apertas

Paz Zeltia dixo...

carlos sousa eu podo aventurar que debe ser para tocar os collóns.
por ex. eu agora escribo, e non sei cantos máis escribiron antes ca min que ainda o señor inocencio non aprobou! (co que me gusta a min mirar os comentarios dos demais)
ufff
vou propoñer unha manifestación na chousa!!!! grrrrr

Carlos Sousa dixo...

Tes razón Zeltia, manifestámonos entón. Todos xuntos para a Chousa, xa!! Vaise enterar...

Bueno, Inocencio que vaia poñendo o queixo e o viño, digo eu, non?

Maca dixo...

Mira que guapiño está o noso neno, qué cariña de bón.
!!Felices Festas e un aninovo cheo de ledicia!!.
Biquiños

Maca dixo...

Pd.
Parabéns no teu santo

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

Un pracer coñecerte Inocencio, e moitas felicidades, cando poidas cóntanos a que ven o de Chousa, pode que os máis asiduos o sepan pero un servidor non.

galmar dixo...

hehehehe :) eras ben chusquiño :)) cun sorriso un chisco pillabán! fermoso nome!!! eu tampouco teño fotos do bautizo, e da comunión, aisss levaba casco! facendo xogo cos zapatos e un bolsiño :)
PD: eu o mel tamén o tomo todo o ano, moitas veces, con té vermello :) aissss sempre dubido se leva be ou uve!
biquiños inocentes :)

Raposo dixo...

Non sei, non sei, non me acabo de tragar esa historia (os raposos sómosche desconfiados), de tódolos xeitos de inocente tes pouco, mais ben eres un pillabán de cuidado.

Deambulando con Artabria dixo...

Feliz día dos Santos Inocentes, Inocencio!!

Aínda que ti de inocente, polo menos no concepto máis estricto da palabra, non tes moito :P

Susi DelaTorre dixo...

Grazas por deixarte coñecer un chisquiño máis. Todo o mundo ten o seu pasado e é interesante para os demais, e para mín, que non me gosta ir a cegas...

O teu nome, tanto ten; quizáis marcouche na túa nenez, mais... a outras persoas márcalles o feito de levar anteollos, ser gordiños ou medrar demasiado rápido, non?

Biquiños e grazas de novo por deixar o anonimato nesta rede!

A.C. dixo...

Felicidades Inocencio!.
Salir do armario, como di Cuspedepita, vaiche axudar tamén na rede a levar con orgullo o que don Ramón che impuxo aquel día. Ademais as personas son quenes fan o nome e non ó revés.
Aproveita a disfrutar do teu día que che queda pouquiño.
Un bicoooo

Anónimo dixo...

¿Realmente o inocente fuches ti ou... estámolo a ser nos? ;)

Bikiños antes de que remate o día!

Marisa dixo...

Nesa edade todos
temos cariña de
inocentes.

Felicítote,o nome
é o de menos,o que
importa é a persoa,
e tí parécesme de
lei.

Biquiños.

Bolboreteira dixo...

Inocencio!
Vai vaia!
jajajajajajaaj
Pois estivecehs de santo onte non¿
Bicos!

Suso Lista dixo...

En Corme hai un que se acorda a nacer. Un día escribirei a súa historia. Feliz ano

paideleo dixo...

Case pico.

busto.agolada dixo...

Só vou opinar que saíches con cara de boa xente na foto. O día invitaba a iso. Mariñeiro de interior en actitude orante, máis inocente entón...
Moitas apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Foi onte o día dos inocentes e no meu post non todo é certo; pero tamén hai verdades. Entre elas a miña cara de inocentiño total. Pouco mudei dende aquela (xa que tampouco pasaron tantos anos, qué carallo!). Sigo balbuceando con babas e mirando con inocencia para tentar acadar obxectivos como cando convencín a meus pais para que non marchasen de novo ao país caribeño.

Eu non sei como raio podedes ver cara de pillabán naquel Chousa, mariñeiro de auga doce; que o Ulla aquí aínda é virxe e non está adulterado.
Vou volver mirarme un pouco a ver se atisbo eu tamén esa picardía que algúns comentades...

---
E se non se tercia decilo noutra ocasión, dígoo nesta: que disfrutedes da despedida deste ano impar (un número que lle gusta moito a unha blogueira que eu coñezo), e que recibades o novo 2010 con ledicia. Ano Xacobeo e, polo tanto, de nova porta aberta na Praza da Quintana. Que se abran todas aquelas portas que desexades cada un e cada unha de vos.

Bicos dende a Chousa

S. dixo...

Creo que se dice así
grazas por visitar o meu blog!

mariajesusparadela dixo...

Sinto moito non ter chegado no día 28, para lle gastar unha broma, pero, daquela tiña preocupacións ben máis grandes.
Rematadas as preocupación do único xeito posible, ainda que nunca desexado, veño a felicitarlle o día.

xenevra dixo...

E chego cando a inocencia quedou esparexida polo chan... Vaia hom!!! sempre che me pasa igual, debe ser o meu sino :(
Pero o certo, ademais do poder atraínte da terra, é que os nomes teñenche máis importancia da que cremos. Dá igual o que os teus pais che poñan no rexistro (ou digha o cura), acabarás sendo o que os demais decidan, xa o dicía o Carlos Blanco: http://www.youtube.com/watch?v=TVn-SkByxZ4

bos desexos para a chousa e o seu escribidor no novo ano que comezamos en breve

Chousa da Alcandra dixo...

Ir de visita ó teu blog S. é todo un pracer; así que non tés que agradecermo. É como se a xente de TurGalicia me ofrecese unha fin de semana en calquera das magníficas casas que teñen en cartel para despois, ainda por riba, darme as grazas...

Espero que esas preocupacións máis grandes esteñan mellor orientadas mariajesusparadela. Polo demáis sempre chegas a tempo para aledarme coa túa presencia. (O de gastarme unha inocentada a min é tarefa complicada, así que...moito mellor non ter chegado a tempo para...fracasar no intento jajajaja. Felices días tamén para ti.

A inocencia mesmo semella que anda estrada polo chan a cotío Xenevra; por iso eu ando sempre de puntillas para non pisala.
O vídeo do "noso" Carlos Blanco é feito á medida para o meu post. De telo coñecido antes houbérao colgado xunto con él no sitio da foto de Chousa en plan orador. Foi unha mágoa.
---

Reitero as felicitacións e mellores desexos (eu sempre os teño bós, pero boeno) para estes días de cachondeo xeneralizado que se achegan.

LM dixo...

ha ha! encontrei as verdades do teu post! disse o padre ramom que sim te pusseram inocencio mas que to mudaram quando te excomungaram...

Feliz 2010!

Paz Zeltia dixo...

o vídeo que deixou xenevra está ben... pero eu penso que ó post de inocencio acaille mellor a foto...

moi bos desexos de vivir bonito para tí tamén e para os teus comentaristas!

Eni.g.ma dixo...

Carlos Sousa dijo...
Anda! Eu que pensaba que eras Xosé Luis... Como nola metiches... ou nola estás metendo??

CriS dixo...

Ains... este Chousiña como es... je je je.
Vengo a desearte muy feliz 2010 y a decirte que vayas a mi blog, a la entrada que puse con tu foto, texto y música del MUiño de Fradegas, porque alguien me dejó un comentario especial.
http://elblogdecriscuezva.blogspot.com/2008/11/o-muio-de-fradegas.html

Bsss

A profa dixo...

Feliz aninovo 2010.

Chousa da Alcandra dixo...

Vaia, parece que terei que falar coa Axencia de Protección de Datos para meter en vereda á igrexa por facer públicas certas inimidades miñas, non si L&M. (Exculpo a don Ramón -R.I.P.- ...por razóns que as siglas indican)

Graciñas polo matiz tan agradecido Zeltia. En todo caso podía levar o video e maila foto logo.

Pois ti, polo que se di no teu recanto, penso que Arela xa te ten ben servida Enigma; así que non perdas o coidado polo asunto jajaja

Está claro que sempre hai que facer boas obras Cris. Mira ti despois de canto tempo foron a fixarse nesa miña foto que ti tan amablemente dotaches da música que precisaba.

Un pracer terte pola Chousa Profa.

---
Agora si, déixovos as miñas boas intencións (en todos os sentidiños posibles) para o 2010 que xa chama á porta. Que a cada quén se lle cumpla unha boa porcentaxe dos seus desexos e que a todos nos traia ledicia sen mesura.
Bicos para elas e calurosos saúdos para eles.

vintxuca dixo...

Boa inocentada Chousa.sinto o retraso no comentario, pero pasei por aqui para felicitarte o final do 2009 e atopei a este cativinho con cara de trangalhán, aínda que a destempo, non fun quen de resistir a tentación de deixarlhe unhas verbas de agarimo para este ano que entra. Unha aperta cos dous brazos e un so pé.

galmar dixo...

Feliz 2010!! un biquiñoooo!!

Druid dixo...

Coma sempre, un PRACER con maíusculas o contarte entre os vistantes do meu bosque.

Feliz aninovo SEÑOR CHOUSA (sempre chousa, inocencio e outro que anda por ahi).

O de SEÑOR tamen vai con maiusculas.... xa que e merecido por o así chamado.

Apertas.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Paso un momentiño para deixarche os mellores desoxos para o ano que está por comezar.
Bicos!!!!

fonsilleda dixo...

Logo das uvas mándoche unha forte aperta e meus mellores desexos para o 2010

abueloscrisytoño dixo...

Acabo de ler o teu comentario, ao estar fóra de data non caín no primeiro momento e desconcertada non savia se contestar consolándote ou felicitándote pero... como sempre lin os comentarios antes e aos poucos fun vendo a broma para o meu gusto exquisita moi ben exposta que neste primeiro día do ano grazas a ti empezámolo cun sorriso.
¡Feliz Ano! A.Cris

Chousa da Alcandra dixo...

Sempre se chega a tempo cando se chega Vintxuca. O cativinho con cara de trangalleiro tamén che desexa que o 2010 veña con matices de ledicia e barnices que mitigue a dor nos esguinces!!! :-)

Menos mal que mandaches ese biquiños sin data de caducidade Galicia Maravillas. Sóupome igual de ben que se o pillara antes de pasar a folla de calendario.

Se a foto do post estivera en cor poderían apreciarse como me poño colorado coas túas verbas amigas Druid. Xa temos dito que entre chousas e bosques hai boa sintonía; así que xa sabes que hai reciprocidade nas sensacións. Reitero os desexos xa expresados de que este sexa un ano dez en tódolos sentidos (boeno, se o temos que deixar nun nove...tampouco lle farán noxos pola tua casa, á que non?)

Recollida esa intención Carmen. Eu tamén desexo que teñas boas colleitas de amizade durante o 2010 e que floree a ledicia na túa horta dende esta invernía ata a volta do outono...

Foches o primeiro comentario do ano 2010 Fonsilleda!. Debería ter previsto un agasallo especial para quen tal mérito acadase. Xa pensarei en algo. Mentras tanto correspondo a eses bós desexos para este ano par, Xacobeo e múltiplo de cinco (por dicir algo).

Alédame moitísimo cando me decides que as miñas escritas vos provocan risa a todos; por elo abueloscrisytoño con este voso comentario tamén me fixestes rir a min. Graciñas por vir, por quedar e -espero- por continuar nesta Chousa durante este ano 2010.

----

Punto e aparte (máis que nada por aquelo de coller aire)

irene dixo...

Ya apuntabas maneras desde pequeño, tienes cara de listo y yo diría que de pillín, vamos que de Inocencio me parece que poco, aunque estoy segura que eres un encanto.
Biquiños, Ino, perdón, Chousa.
¿Te llaman Ino, Chencho, Inocencio...?

Yo me llamo Rosario, con el Mª delante, no me gusta mucho, qué quieres que te diga, y me llaman Charo, ¡menudo lío!, así que de Irene nada de nada, con lo que me gusta...

Chousa da Alcandra dixo...

E que ti mírasme con bós ollos, Charito! :-)

(Supoño que xa te decataches que ese post escribino o día dos Inocentes... ;-) )