martes, 22 de decembro de 2009

Pedrada

Os tempos do aforro seica son chegados.
Das enerxías renovables, non contaminantes, pouco costosas e minimamente invasoras co entorno.
Moita landaina e pouca realidade.
Falan de lámparas de baixo consumo, pero costan un pico (por non dicir algo de máis abaixo)
Anuncian enerxías limpas, pero luxan a paisaxe co seu zoar asíncrono nos montes do país. (Quero que me gusten eses muiños flacos e metálicos, pero non o dou logrado, raio!).

E vai, por riba, e coma sempre; non nos toca a lotería, tendo que conformarnos con algunha pedrea. (Ou será unha pedrada?).
Eso sí, menos mal que hoxe tamén é o día da saúde, que senón...

Foto: Aforro enerxético. Por unha cuestión hormonal dalgún animaliño

39 comentarios:

Kaplan dixo...

Pero como lle van gustar os muíños?
Por outro lado, o das bombillas: non hai interese en que se compren as ecolóxicas; se o houbese, gravaríase as vellas cun imposto especial para subvencionar as novas, como fixeron en Irlanda. Que dicir das bolsas de plástico?
En fin, debo ser un tirano, pero non dou acreditado neste tipo de políticas de baixa intensidade.
Saudos

Artabria dixo...

Buenoooooo, tendo en conta que non teño diñeiro, nin saúde, terei que conformarme co amor, se é que todavía o teño........vou ver......

Moita saúde, e coidate be, que por esos lares seguro que xía con ganas......

BRABIDO dixo...

Vou cando podo a dar unha volta polos montes que me rodean(condado-paradanta),cada vez danme un non sei que,pa min perderon o paisaxe,beleza,silencio,o vivir dos animais(quen non sei quen sera mais,visto lo visto).

Polo menos que os pintaran de verdes,o carallo e que as montañas da galiza xa non son o que eran.

Sobre a pedrada a quen presume destes feitos,asi somos.

Saúde sempre compañeiro e teñas unha datas cheas de papatorias,eh controla o coresterol.

Dilaida dixo...

Esa paisaxe de árbores artificiais. a verdade, que non che é nadiña fácil de mirar.
A min nin os gordos, nin pedrea, nada de nada. Agora só faltaba que me desen unha pedrada...
Bicos

Carlos Sousa dixo...

O que non se conforma é por que non quere, xa que ó final ó que non lle tocou nada acaba dicindo que o importante é ter saúde... E se non a ten?
Dis día da saúde? Máis ben día de decepcións. Isto da lotería non che me da moito resultado, do resto "aínda" non hai queixa.

Co dosa muiños (non sei por que lle chaman así, porque moer non moen un carallo) creo que xa está todo dito.

En fin, que disfrutes destas festas.

Anna Mora dixo...

Feliz Navidad y prosppero 2010 ! Un abrazo des de Catalunya . Anna

A do outro lado da xanela dixo...

E os que non tivemos nin premio na lotería e andamos fodidos da saúde... que???

a quen lle reclamamos???

Bico!

Aldabra dixo...

pois sabes, a mín a lotería importáme un pimento... ou dous, tanto me tén.

e dos muíños de vento... a mín gústame, mira tí... será que estou tan acostumada ás grúas que en algo se me semellan.

biquiños,

fonsilleda dixo...

¡Maloserá! (ji ji ji).
Nin lotería, nin moita saúde ¡qué lle vou facer!
Bicos

mariajesusparadela dixo...

Pois eu, teño de todo, ó lado de outros, pero nun blogue que se chama "Que más quieres de mi" vin unha enerxía alternativa á que me apuntaba seguro...pero, á miña idade xa non hai voluntarios...
Felices festas.

maruxiña dixo...

A mín tampouco me gustan os muíños, cando paso polo Faro dame unha mágoa..., tampouco me tocou a lotería... nin a cesta que tiña a medias coa bolboretiña... pero pese a todo este ano foi despois dunha tempada moi dura en tódolos sentidos un dos mellores que lembro, así que só podo pedir que o que veña, cando menos, sexa igual.

Para ti chousiña e para todos os que te seguen pido o mesmo, como diría a miña avóa, que me quede como estou...

Biquiños!!!

Pitima dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Markesa Merteuil dixo...

Eu volvo ás andadas: gastroenterite (e encima tócame a mín cociñar na Noiteboa e no Nadal. Aims). Xa que non tocou a lotaría, nin a saúde é férrea, podo pedir amor?

A zanfonista dixo...

Niso tes toda a razón, e as bombillas estas son carísimas... e agora que nos obligan a poñelas... Saúdos.

Suso Lista dixo...

Que pases unhas boas festas. Aínda sen tocar a lotería. Apertas

zeltia dixo...

todo negatifo, nada positifo...
non hai que darlle tanta importancia á lotaría home, xa o dixo groucho marx meu fillo: a felicidade estache feita desas pequenas cousas: un iate pequeno, unha mansión pequena, unha pequena fortuna...
no tocante ás bombillas esas de baixo consumo... suponse que é unha inversión a longo plazo :-)
e o dos muiños... como non somos quen de facer as cousas ben,
pois dos males, o menor.

eu odio os putos muiños eses

-
(vexo que cambiaches o formato da caixa de mensaxes, agora está máis dificil para quen non ten conta google ou word press. oiches, que non todos temos un blog aloxado en blogger!)

Ana dixo...

Tan pouco me dan gustado os muiños eses de metal...

Canto a loteria, mellor mudar de tema, nunca toca,nin a pedradada!

Bicos e Bo Nadal

GINEBRA dixo...

Pues claro, si no toca la lotería, es ciertamente o día da saúde, jejejejeeje. Las energías renovables,aunque con impacto visual en nuestros montes (las eólicas sobre todo) son más favorables al medio ambiente que las no renovables, querido Chousa.
Tengo una foto de una farola rota a pedradas, qué curiosa coincidencia, que no a pedrea, jajajajajaja.
Besos y felices días.

Chousa da Alcandra dixo...

Logo eu tamén debo ser algo tirano Kaplan, posto que concordamos; ou será que temos razón?

Teño un amigo que di nestes casos, que hai algúns cabronazos que teñen as tres cousas, Artabria. Coidemos cada quén aquelo que temos e xa miraremos de ir conquerindo algo máis...

Unha idea caralluda a de pintalos de verde Brabido. Se os xerifaltes do asunto tivesen un blog sería unha excelente suxerencia para lles comentar. Teñamos ollo co colesterol e outras colateralidades, si.

Nin gordos nin pedradas Dilaida; así que alomenos que nos deixen como estabamos (boeno, sin eses euros ghastados en cartón que antonte valía 20 euros e hoxe non vale nin a tinta que soportan).

Pois certo é que non moen Carlos Sousa; pero abofé que fan moer pensamentos e maldicións a mais de un e de unha.

Correspondo aos teus desexos de Ledicia para as Festas Anna Mora. Apertas galegas para Catalunya dende a Chousa.

A ventaniña das reclamacións está pechada nestas datas A do outro lado da xanela. Pero se queres reclamar podes meter un papeliño por debaixo da porta. Eso sí, por triplicado. Mentras tanto, tenta buscar algunha outra alternativa...si?

Pois teño unha idea, Aldabra: xa que che gustan os muiños e a lotería un pimiento che importa; que tal se montamos un plantío de pimentos nun parque eólico?. Eso sí, ti vas apañalos eh!!!.

Eu xa dixen que o maloserá a min non me gusta un carallo Fonsilleda, e vexo que ti te acolles a él como se fose a quinta enmenda jajaja. O que dicía antes, neses casos haberá que bucar unha terça alternativa...

Para sabelo con seguridade non hai mellor cousa que preguntar, Mariajesusparadela. Eu non che estaría tan seguro de que se fas un chamamento...non houbese voluntarios. O sector enerxético sempre tivo moito adicto... ;-)

Fermosa petición a túa Maruxiña, que pides para nós o mesmo que para ti. Graciñas polo entusiasmo.
E non xogues cestas a medias con ninguén, que despois se tocan son como as partixas: sempre dan lío.

A meiguiña do número nove fallou, eh Pitima!. Boeno...sigamos facendo combinacións con ese número. Maloserá (!) que non lle atopemos algo que nos axeite o corpo jajaja xastamos!!!. (A próxima vez que me mandes bicos na botella...envíame tamén o sacacorchos, raio!)

Podes pedir o que ti queiras Markesa de Merteuil. Pero estás ben segura de que o que queres é amor?. Mira que eso seica ten risco de vir acompañado doutras doenzas tamén. E os cardiólogos teñen tarifas moi elevadas. Ti verás o que pides!

A este paso imos poñer velas Zanfonista. Son máis baratas, aforran enerxía e por riba crean un ambiente macanudo; á que si?

Xa vexo que ti Zeltia tamén andas positifa de carallo; ou seica che tocaron a ti a riada de millóns e queres mantelo en segredo dentro do blogomillo?.
(O único que fixen na plantilla dos comentarios foi eliminar a posibilidade de anónimos. Non quería, pero estaba facéndose necesario...)

A alguén tócalle Ana; o carallo é que non nos toca a nós. Hoxe nos telexornais todo eran caras de gilipollas rebechando por unha presa de euros de nada...
Que mala é a envexa!!! jajaja

Hai coincidencias, querida Ginebra que llaman la atención. A saber si los motivos que te impulsaron a ti para captar aquella imagen fueron los mismos que me llevaron a mi a capturar la mía...
Soy consciente de que los "muiños" son menos malos que otras formas de acopio energético; pero...no me gustan nadiña. Que lle vou facer!

galicia maravillas dixo...

aissss pero que fermosura!!! case tanta coma as do río Miño... :p hehehe
vaites coa puntería de quen lle atinou á bombilla!! a min gustaríame volver aos tempos nos que se iluminaba con teas e velas, gústame esa luz tenue que é máis agarimosa co espazo, e coas persoas, sempre que non se prenda lume!!
a mín si que me gustan os muíños, sobre todo preto deles, ben sei que desentonan, pero o seu movemento, o grandes que son, o feito de que supoñen unha alternativa... non sei, gústanme :))
deixando as pedreas e pedradas a un lado (non teño nin dunhas nin doutras:) deséxoche unhas felices festas e un máis que feliz 2010 (numeriño ben raro!! cando menos, soa a marciano:) un biquiño! e bo nadal!!

A Ulloa en fotos dixo...

Ei, tes que ver unha foto que teñen colgada os do blog da biblioteca do IES de Monterroso.

Envíoche o link para que entres directamente dende aquí:

A Vacaloura

É unha fotografía dun xerador eléctrico no 1967 en Vilasante. Pode que coñezas a alguén.

HADEX dixo...

Pero esta foto está preparada non si??? Ja ja ja....moitísimos bicos, fenómeno. E boas festas!!!

vintxuca dixo...

a min nin pedrea nin pedrada e iso que parece que ando detrás dela (da pedrada digo) moitos bicos da preguiseira!!!!e Bo nadal a todos!

Lasosita dixo...

Paseime por o teu espazo para desexarte Boas Festas.

Tes moito senso no que dís na túa entrada, e a foto ( agardo que a desfeita non a fixeras tí ...
;)

Biquiños e o dito..

BÓ NADAL!!

Marisa dixo...

Pois mira que a pedra
parece que fixo un niño
da farola,quedou ahí
pendurada como testigo
da carraxe dalgún. ¿Sería
que lle estorbaba a luz?.

Esas árbores metálicas serán enerxía limpa pero a mín
tampouco me gustan.

Os meus desexos de que pases
unhas boas festas do Nadal
na compaña da tua familia.
E que teñas mellor sorte
na lotería de Reis.

Un abrazo forte.

Marinha de Allegue dixo...

Unha aperta de Nadal para ti !!!.
:)

Rocío dixo...

Veño a darche a aperta a túa Chousa (bloguerilmente falando) e vexo que andas a "pedradas". Tranquilo, como ven dis tamén podemos celebrar o día da Saúde que por certo ogallá ese día o celebremos todo o ano.

Unha aperta con burbullas ;)

Meiguiña dixo...

Boas Festas Chousas e moito coidadiño con dios Baco.

Biquiños meigos

Carmen dixo...

Chousa, so paso por aquí un momentiño para deixarche un feixe de bos desexos para estas festas. Bo Nadal!!!!
Unha colleita de bicos

~pi dixo...

à desolação

opor-se

o pre-sente,

à falta de luz

uma sombra

quente,





beijo c :*




~

A.C. dixo...

Pois hai que probar co sorteo do Neno logo.

Feliz Nadal Chousa

Kim Basinguer dixo...

Boas festas. Biquiños.

Srta. Maquiavélica dixo...

esta bonita la foto¡¡¿ exijo un post en español ajjaa
beso guapo y felices fiestas

Chousa da Alcandra dixo...

A luz ténue dos candís e das veliñas Galicia Maravillas sempre tivo algo de máxico e cercano.
Dende o berce do Ulla envíoche tamén os meus desexos de ledicia para estas datas do Nadal.

Ando na investigación sobre esa foto que me indicas A Ulloa en fotos. Certamente non ten desperdicio ese tipo de imaxes que compoñen a realidade do noso pobo non fai tantos anos. Aínda non son quén de recoñecer a ninguén; pero seguro que logro colaboradores que me axuden na tarefa. Grazas por compartir a descuberta.

Pois a foto, como moito, estaba preparada para que eu a fotografiase Hadex. Sempre che hai unha boa foto cada vez que saes dar un paseo. O caso é dar con ela ou decatarte de qu está alí...Neste caso o que houbo foi un tolo que rompeu unha farola, pero boeno.

Non corras detrás das pedras Vintxuca; que se as adiantas, despois poden darche un trastazo...jajaja. Case mellor que sigas explotando a perguiza e acumules descanso. Xa chegarán os tempos nos que teñas que alporizarte. Boas Festas tamén para ti.

Está claro que quen se bota unha fama despois xa pode durmir nos laureis; á que si Laosita?. Mira que pensar que fun eu quen rachou a farola...
Muller, a min gústame romper moldes; pero ata tal punto ainda non chego. Jajaja. Bo nadal a toda a papelera.

Non pensara eu na posiblidade de que a luz lle estorbase a alguén Marisa. E mira que podes ter razón, que o lugar podía prestarse para que estorbase, si... ;-).
Alí seguirá a pedra aniñada na súa faroliña mentras tanto.

Alédame verte pola Chousa Marinha de Allegue. Sempre das luz coa tua mirada leda. Feliz Nadal tamén para ti e todos os Allegue...

Celebremos pois o día da saúde tódolos do novo ano Rocío. Sería un bo ano se iso se cumple. Sin pedradas de ningún tipo nin roturas indesexables.
Grazas polos abrazos (correspondidos).

Baco campea polos seus fueros estes días Meiguiña. Sorte que despois hai uns días para recuperarse da desfeita. Compre calor por dentro para derreter estas tremendas xeadas que hai por fora...

Dende a túa colleita de bicos, escollerei os mellores Carmen. Aínda que me pregunto se poderá haber bicos menos bós. Seguro que non; así que collereinos todos afeito.

Non pensara eu na calor da sombra ~pi; pero certamente que, como xa dicía Marisa, poda que apagando o calor da farola se acadasen outros calores que aqueloutros impedían...vai ti saber!

Xogaremos algo ó sorteo do neno AC; máis que nada por probar fortuna e por desfacerse das poucas pedreas habidas no de Nadal.
Pasa o mesmo sempre, que vai o comido polo bebido. Bo Nadal logo por toda a rúa na que vives...

Aínda que sexa breve a visita, sempre aledas Kim Basinguer. Que teñas ti tamén unhas ledas festas.

No te prometo nada en ese sentido Srta Maquiavélica; pero tampoco lo descarto. Además estoy seguro de que ya vas captando parte del mensaje que hay en cada post.
Felices fiestas también a ese otro lado del gran océano.

paideleo dixo...

Tocounos a lotaría do pobre que é traballar, calar e apandar con pedradas e demáis abusos.
Maloserá !.

Cris dixo...

Ja ja pues tal cual, mucha landaina y poca realidad, otra hipocresía, otro camelo como tantos otros. AHhhh que la lotería es real? me pasa como con la navidad, como no la palpo no la creo... pero eso es cosa mia.

que no ahorro en besos y en mimos, eso no.... ahí quiero seguir derrochando... está bien, no?

Bicos y agarimos que no costan un pico.

busto.agolada dixo...

A min tampouco me gustan os parques eólicos e moito menos o do Farelo. Hai montes que debería ser respectados, entre eles o monte Summio, divisoria natural das provincias de Lugo e Pontevedra.
E respecto da pedrada de Antas, mal asunto se así se quixese aforrar enerxía. Vandalismo deste haino por moitos lugares.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Unha vez máis, levas razón Paideleo. E tal como andan as cousas...afortunados deberíamos considerarnos!. Continuaremos a bingo xa que a liña non nos tocou. Apertas.

Fas ben non aforrar en bicos Cris; normalmente da gusto dalos (e recibilos) e adoitan ser baratos economicamente falando; así que que non se diga que moito lerele e pouco larala (ou como sexa).

Certo que si, amigo Busto.Agolada, que vándalos hainos sen bandeira nin pasaporte.
Esperemos que a razón vaia primando na nosa sociedade pouco a pouco.

xenevra dixo...

Acabo de lembrar Os luns ao sol. Que ben senta guindar unha pedra algunhas veces!! Aissss

(non sei se me estarei volvendo agresiva, glups)