martes, 1 de decembro de 2009

Decembro

Chegou o mes da fartura sin trazas, dos excesos, do gasto compulsivo, das loterías que enchen petos alleos, da felicidade empaquetada en postais tiradas en caixóns esquecidos, da ledicia forzada. Dos bicos enlatados e das uvas coas súas putas carabuñas. Do licor espumoso que non se deixa beber, do turrón que escaralla os dentes, do mazapán que non comen nin os cans. A época dos agasallos reiterados e inútiles, das andrómenas...
Malia todo, decembro é o mes das celebracións entrañables, de mesas familiares, de xenerosidade sin custe, de premios cantados. De bicos cálidos, de desexos formulados en badaladas de ilusión, de doces únicos mollados en burbullas de ledicia, de lembranzas infantís, de sorpresas envoltas en papeis de cariño...
Nun mundo de desequilibrios e carente de verdade e mentira, so nos queda -como dicía o poeta- o cristal co que todo se mira.

Foto: Andrómenas sempre útiles?. En Compostela, a 80 Km de Antas de Ulla

43 comentarios:

Zeltia dixo...

do cristal con que todo se mira´
aí está a clave.
para mín é unha época dificil, sempre, o nadal.
por un lado, rebélome contra ese despropósito que é ese gasto absurdo e desproporcionado en mil caralladas; mentres levamos nas bolsas a nosa compra supérflua e perfectamente prescindible, e enchemos os carros da compra de alimentos que triplican o seu prezo por ser estas datas, outros ven morrer os seus fillos desnutridos, e non teñen para o máis necesario.
Ben sei que isto que digo é algo que de tanto repetido xa non afecta. Ainda así, non é a primeira vez que eu abandono o carrito no super e marcho, con náuseas de min, da xente que me arrodea, mentres resoan panxoliñas polo fio musical... con mensaxes de amor, fraternidade e todo iso.

por outro lado, como son no fondo unha sentimental, entrame gana de ver á xente que quero, e quedar, ainda que sexa unha vez ó ano;
entrame gana de facer unha cea de noite boa,
de ter un agasallo para cada un dos que quero,
de comer unha uva da sorte lembrando a alguén querido con cada unha das campanadas (non é "unha" "duas" é... "fulanito", "menganita", e así vou recordando esas persoas que quero e que non están á beira miña nese día simbólico de que termina un ano e empeza outro.
por desgracia... dende hai un tempo, cada vez hai menos xente da que habia perto de mín ese día...
entristéceme, por iso trato de ver na navidade só a parte superflua, de derroche, de inxustiza, ver nada máis a escusa para non traballar, para ir de parranda, e desvestila de toda implicación emocional.
e un xeito de non pasalo mal, seino, porque á mínima caio seducida polo sentimentalismo.

gustoume moito este post, vai tocando, en poucas palabras, e ben postas, por todo iso que nos atrae e nos repele da navidade á maioria... salvo ós románticos irreductibles.
(que xa vexo que tí tamén tés esa parte, nótaseche no blanco dos ollos e neste párrafo:

De bicos cálidos, de desexos formulados en badaladas de ilusión, de doces únicos mollados en burbullas de ledicia, de lembranzas infantís, de sorpresas envoltas en papeis de cariño
:-)

maruxiña dixo...

A mín gústame este mes polas vacacións e polo turrón de Suchard, que bo está o caralludo, ñam ñam.

Pero todo iso non pode coas luces de cores, coas panxoliñas polas rúas, coa programación de nadal, cos anuncios infinitos de xoguetes e perfumes...

En resumo e ata que se me aparezan os tres anxos estou dacordo co de ... PAPARRUCHAS... jijijiji

Biquiños neno!!!

Cuspedepita dixo...

Ai, amigo, ata o Nadal ten o seu lado escuro ;-)

A min do Nadal gústanme os preparativos, pola ilusión que representan para os nenos, xa que vivo rodeada deles, pero, polo demáis, para min mesma preferíache unhas vacacións en Tenerife, por exemplo, que toda esta leria...

¿Madrugache ou trasnoitache ? ;-)

Chuchiños con sabor a turrón.

Pitima dixo...

Amén.

O que sí que é certo e que con nenos hai moita diferencia. Véxolle a cara de ilusión ó meu reisiño e xa parece que apetece poñer a árbore, e os adornos, e o puto Papá Noel, e escreber a carta (dúas, unha para ó da barba blanca e o outra para os magos de oriente.... aisss)

Cos nenos se recupera boa parte da ilusión perdida co paso dos anos e das Navidades recordadas e esquecidas, que de todo hai, sí. E os que faltan... e os que veñen... e os que virán...

Hai que intentar disfrutarlas e non sufrilas, así que... ¡veñan para mi uns lentes de mirar bonito!

Bicos mollados... en burbullas de ledicia, e envoltos en papeis de cariño!! (qué potito..)
Xastamos.. en Navidad!!

HADEX dixo...

Hummmm...a verdade é que hai moitos anos que vivo este mes coma outro: nin excesos culinarios, nin moito gasto en lotería....A Noiteboa é unha cea familiar máis, o día de Fin de Ano é unha noite de traballo...Os regalos de Reis sí que me fan ilusión, tanto recibilos como facelos....En fin, que nin branco nin negro (cousa rara en min, tan visceral sempre)

fonsilleda dixo...

Quédome coa parte na que toda a túa sensibilidade e tenrura quedan ben patentes.
O demais o sabemos e ¿asumímolo?.
Bicos

Bolboreteira dixo...

Non me gusta o Nadal, dende xa fai moitos anos. Sentirme obrigada a facer cousas que non me aptecen porq asi o manda tradición.
Tampouco me gusta todo o tinglado consumista que se monta o redor do Nadal.
As boas intención e o disfrutar de momentos espaciais debería de ser todo o ano.
Fun a afortunada do sorteoooo, yupiiiiii, pois da a casualidade que a ti tocouche o meu, manda truco! Deixei un comentario para ti na entrada dos memes no meu blogue.
Bicos!

mariajesusparadela dixo...

Pois a min, o que máis me gusta do nadal é que agora venden a lotería no mes de agosto, entón teño moitísimo tempo para imaxinar que faría se me tocara...e, dese xeito, ainda que non me toque, amortízoa.

brabido dixo...

Mentras eres neno e o que mais esperas con ansiedade,parece que nunca dan chegado,segun pasan os anos vanse facendo aburridas, e os anos mais pequenos ou iso pareceme a min.

Voume deitar que me doi un chisco o riñon,malosera que non chege o 2010

Saúde

Suso Lista dixo...

Non deixa de ser un mes como outro. Pero cvon mais frio. Apertas

Marisa dixo...

Tamén e o mes no que
se bota máis en falta
as persoas que se
sentaban con nos arredor
da mesa que xa non están.

Iso non quita que tentemos
de pasar as celebracións
como mellor se poida.

Bicos.

susana moo dixo...

Non lle teño aprezo a estas festas polo que dis na primeira parte do post, e tento pasalo ben polo que dis na segunda parte do post.

O que mais me gusta son os reis magos. Os tres, dosus brancos e un negro. Tan emperifollados e masculinos, coas súas saias...

Carlos Sousa dixo...

Buff! Xa están aquí outra vez... Senón fora polos pequenos que teño na casa, para min sería unha fecha máis coma outra calquera. Bueno, salvo a diferencia das ceas de empresa, con amigos, de fútbol. Ai! a que me espera... case ná!!

Carmen dixo...

Este decembro é todo o que ti dis (unha de cal e outra de area...)Chousa. Para min, dende hai algúns anos, so é un mes "especial", nin bo nin malo, que agardo que pase o máis rápido posible.
Unha colleita de bicos

paideleo dixo...

Eu, como Pitima, desfrutando coa cara do neno e a súa ilusión.
O que fastidia de verdade é a obriga de estar felices, de dar agasallos e de celebrar unha cousa que non sei mui ben que é.
Sempre quedará as fotos da familia reunida e a imaxe das caras dos nenos abrindo agasallos.

vermella dixo...

pois eu non é por leva-la contraria pero encántame o Nadal,aquí son conservadora de tradicións,e veña adorno,cociño,convido,pidolle agasallos aos reis,xogo á lotería,ceas de amigos,vístome de Mamá Noel....en fin que algún defecto tiña que ter!!!

GINEBRA dixo...

Y llegó el mes de la gran mentira, del momento en el que más palpable es la hipocresía humana. Nunca me gustaron estas fechas porque irremediablemente me pongo triste... Besos

An dixo...

Se queres e podes pasa por paxaradas e botalle un ollo o resultado do sorteo. Saúdos e apertas

Moraima dixo...

Nunca lin unha mellor definición do mes de decembro. Das no cravo, sobre todo co de ''lotería que enche petos alleos''.

A verdade, é que pouco a pouco vou perdendo a ilusión do nadal... supoño que cando marche de aquí todo cambiará, pero se hai algo que non me gusta, é finxir na cea de nadal que todo vai ben cando nada é así...

Unha aperta moi grande, e a ver se este ano, a lotería non enche os petos alleos para encher os nosos, aínda que tan só sexa un pouquiño! :P

Chousa da Alcandra dixo...

Insisten este ano coa idea de adiantar o Nadal. Xa no medio de novembro había adornos navideños por algures. Cada cousa ó seu tempo. Primero son as miradas, despois leves roces, logo veñen os bicos furtivos...Mesmo semella que queren empezar polo final, raio!

Faleivos da Lotería de Nadal. Case nunca toca. E cando toca...non é a nós; pero...fixástesvos que hai un par de numeriños na Chousa que seica van ir ó bombo dos de San Ildefonso?.
Son feos (os números. Nenos feos tamén hai jajaja); pero...quen sabe!.
I eso que non son nin o 3 nin o 9. Nin múltiplo nin farrapos de ghaita. E que teño unha amiga visionaria que di que vai acabar en nove. Eu penso que -se despois non é así- diranos que en nove acababa este ano. Ela é moi lista e xa lle buscará reviravoltas.
Ide pedindo números do folkAntas e deixádevos de landainas. Non teñen recargo e mándanvolos á casa ou deosítanse na Chousa (baixo documento cuasi notarial). Se toca, sempre se pode ir á cabalgata moito máis emperifollada e se non toca, xa tocará.

Xa volverei por aquí a saudarvos unha a unha e un a un. Que hoxe teño sono

elvira carvalho dixo...

Quando eu era menina (e já lá vão tantos anos) o Natal era uma festa. Meus pais, e meus avós diziam que na noite de Natal o Menino Jesus vinha recompensar os meninos bons e trazer presentes. Nós vivíamos num barracão de madeira que em tempos fora habitado por 4 casais e respectivos filhos, mas no qual ficaram apenas os meus pais, quando os outros casais se foram. O barracão tinha um salão com 11 metros ao fundo do qual tinha um fogão, constituído por duas fileiras de tijolos com uma grelha em cima, e um forno de tijolo onde minha mãe cozia o pão.
Pelo Natal todos os anos vinham meus avós do Norte e se juntavam lá em casa com alguns dos filhos, - meus tios.
Não havia rádio, nem TV, nem sequer luz eléctrica. Mas haviam 3 candeeiros a petróleo, que na noite de Natal ficavam acesos até depois da meia noite. Antes do Natal meu pai colhia no pinhal perto da nossa casa, muitas pinhas, que debulhava. Partia alguns pinhões para comermos e os outros eram para jogarmos. Ele mesmo fazia uma piorra com o Rapa Tira Põe e Deixa. Ou então jogávamos ao "Pinhas alhas" que era assim. Cada um tinha 50 pinhões para começar o jogo. Pegávamos uns quantos na mão fechada, e dizíamos para os parceiros "Pinhas alhas" e o outro respondia "abre a mão e dalhas"
"Sobre quantas?" E saía um número. Se fosse a quantidade que tínhamos na mão, tínhamos que dar os nossos pinhões. Mas se errassem tinham que nos dar tantos pinhões quantos tínhamos.E era o nosso entretém.
Pelas 10 horas, meu pai dizia que tínhamos de ir para a cama e mandava-nos pôr os tamancos junto ao fogão para o Menino Jesus deixar os presentes.
E nós lá deixávamos os tamanquitos e íamos para a cama na esperança de que nesse ano o menino Jesus deixasse uns brinquedos iguais aos dos filhos do capitão que geria a Seca do Bacalhau, onde os meus pais trabalhavam e nós vivíamos.
Mas no dia seguinte era sempre a mesma coisa. Uma tremenda decepção, pois lá só havia meia dúzia de rebuçados e dois ou três figos secos. Lembro-me que um ano, decidi esperar acordada a chegada do Menino Jesus para lhe perguntar porque é que deixava lindos brinquedos aos filhos do capitão que eram meninos ricos a quem não faltava nada e a nós que éramos tão pobres que não tínhamos nada só deixava rebuçados.
Consegui manter-me acordada e quando ouvi barulho, levantei-me e apanhei a minha mãe a pôr os rebuçados nos tamancos.
Fiquei tão revoltada, pensei que o Menino Jesus não queria saber de nós, fartei-me de chorar, e foi a
minha avó que para me acalmar, me explicou que o Menino Jesus não vinha dar prendas a ninguém que era uma tradição dizerem isso porque fazia anos que Ele nascera, mas que na verdade as prendas eram dadas pelos pais e os meus não tinham dinheiro que desse para outra coisa que não os rebuçados.
Foi um choque e um alivio ao mesmo tempo.
Desculpe o comentário tão longo, mas este texto despertou recordações adormecidas.
Um abraço

Aldabra dixo...

Non me gusta o Nadal.
Non me gustan os gastos de hai que gastar porque o manda a sociedade.
Non me gusta Decembro porque... achégate que cho conto... (en baixiño) e que o día 31 cumplo anos... 47... ¡noooooooooo!

biquiños (47),

Zeltia dixo...

o que dixo elvira carvalho, lémbranos que os nenos e nenas pequenas teñen un xeito similar de "non entender"... porque eu tamén vivín algo similar...

Merce dixo...

"de lembranzas infantís"...

Fora de toda esa superficialidade, hai unhas bágoas que sempre se derraman por riba do meu prato, do meu agasallo, dese "doce mollado de burbullas de ledicia". Son bágoas que acudirian igual aos meus ollos en calqueira época do ano, mais, alguén empeñouse en que fora esa, e marchou para nunca mais voltar.

quedome pois, coas lembranzas :)

Biquiños mil

Artabria dixo...

Pois eu odio este mes, todos son gastos.......e xente a darche bicos e os mellores desexos.......cando fai 12 meses que non sabes de máis de un......en fin, creo que é unha época de hipocresía.......

Filoxera dixo...

Este mês está cada ano mais consumista, mais artificial.
Mas deu-me gosto ler este texto.
Bonito!
Um beijo.

doutora Seymour dixo...

Non dou atopado o cristal, non hai ningún que sexa opaco abondo, xúrollo pola santísima costa de xaneiro.

Maca dixo...

Hai xa algúns anos que o Natal é puro consumismo, e aínda sen querelo todos montamos no carro,
En tódalas épocas oubo xente que tivo carencias e nestas datas "nótase" máis.
De tódolos xeitos o Natal nunca será igual que cando eramos nenos

Aneluli dixo...

Hola. Me he pasado por el blog y me encanta. Es pura esencia de Galicia. Las fotos no tienen precio, ha sido toda una revolución de recuerdos. Saludos desde la Biblioteca de Ana

Pitima dixo...

Costoume un pouco seguir o comentario de Elvira Carvalho, pero pagou a pena.. Bonita e ben contada historia, anque un pouco triste..
O Nadal é así: as desigualdades fanse máis presentes e notables..
Pero os ricos tamén choran, ou eso dicen..
Mal de moitos, consuelo de parvos.
É mellor fuxir das comparacións. Enriquecerse e aprender, e intentar non sufrir.

milonga dixo...

e que viva ese cristal! porque aínda que eu non son nada defensora do Nadal, certo é que se agradece que polo menos haxa unha época do ano na que a xente teña un espírito máis xeneroso e a cara amable de todos nós esté máis á vista.

Nada malo, nada bó! eso é o que hai.

Apertas

abueloscrisytoño dixo...

No Nadal hai cousas bobas e moitos gastos innecesarios. En casa teño prohibidos os agasallos para os maiores, só os nenos poden gozar dese privilexio, cada cal que compre o que máis lle guste e deixémonos de bobadas pero... eu teño o costume desde fai un tempo na noite boa e non quero perdela de colocar en cada prato un pequeno libro, son dun custo baixo a medio de cinco a quince euros non máis vos aseguro que atopo cousas preciosas e orixinais os deste ano xa os teño preparados e sei que van sorprender.

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Pensas logo que son un romántico irreductible?.

Maruxiña: Deduzo que xa foches ver "Cuento de Navidad". Atinei?

Cuspedepita: Sempre madrugo e, ás veces, trasnoito. Tanto se me nota?

Pitima: Vale, mándoche esas lentes de mirar bonito; pero despois hai que levalas postas sempre eh!

Hadex: Racha este ano co habitual e...merca Lotería do FolkAntas, carallo!!!

Fonsilleda: Non queda outra. Hai que asumilo si ou si. Eu tamén me quedo co bonito eh.

Bolboreteira: Tal vez este ano cambie a túa óptica. Nunca permanecemos de idéntico xeito ó longo do camiño; non crees?

Mariajesusparadela: Magnífica reflexión. Que saibas que quedan poucos días para que se esgote a lotería do folkAntas!. Anímate.

brabido: Coida os riles, que lles veñen días de moito choio...

Suso Lista: Si, é un mes coma outro, pero ten música de villancicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Marisa: Poda que esas ausencias ás que aludes tamén lle dean o "toque" de humanidade que poden ter; non si?

Susana Moo: Pois moi ben pola tua capacidade para mimetizarte no bo. Con respecto ós Reis...a min gustaríame que fosen Raiñas emperifolladas!

Carlos Sousa: Sin duda o ter nenos arredor matizan moitísimo as datas. Mesmo semella que están pensadas para eles.

Carmen: Pois con cal e con area tamén se construen pontes de ilusións; ou non?.

Paideleo: Si, os nenos son os "disfrutadores" por excelencia destas datas. Por iso eu me lembro da miña nenez, que agora vexo reflexada nos meus.

Vermella: Eu tamén son anfitrión neses días sinalados. E tamén disfruto do momento.

Ginebra: Momentos de tristeza permiten celebrar con más énfasis cuando llegan las alegrías. Podría servirte esta reflexión?

An: Pasei, vin e observei que non gañei :-(

Moraima: Pois pide da do folkAntas, carallo; que están rabeando por verdercha. Correeeee!

Chousa da Alcandra: A ti non che digo nada, que nos coñecemos...jajaja

Chousa da Alcandra dixo...

Elvira Carvalho: Fermosa, aínda que dolorida, historia a que contas. Moi posiblemente o Nadal poña de relevo con máis nitidez as diferenzas. O teu comentario merece un post enteiro, cara Elvira. Grazas por compartir dende a Chousa a túa experiencia dese xeito tan magnífico. Permítesme que che desexe especialmente un Feliz Natal?

Aldabra: Mira que nacer o día 31. Pobriña MamáAldabra fai 47 decembros. Menudas uvas comeu!.

Zeltia: Seguramente resulte complicado para os nenos cando todo é difícil para os adultos.

Merce: Pero tal vez sexan necesarias esas lembranzas. As nosas circunstancias tamén conforman a vitalidade que outras veces paseamos...

Artabria: Entre gastos e bicos podíase compensar a balanza ou?. Claro que se pós as duas cousas no prato negativo...a cousa complícase.

Filoxera: O artificial construímolo entre todos. E se tentamos facelo máis "humano"?.

Doutora Seymour: Non xure polas costas, que despois non hai xeito de dar tido a lengua dentro da boca. Co cansanzo. Mire ben, na consulta ten que haber cristais axeitados, raio.

Maca: E que eu...ainda sigo a ser un neno. Que tés pensado agasallarme para este Nadal????

Aneluli: Non podía ser doutro xeito. Tento expresar o que vexo e me molla cada día. Graciñas por vir e por ver con tan bos ollos.

Pitima: "Tentar non sufrir". Iso tamén se pode facer ...disfrutando?. Cos reisiñ@s via ser doado, á que si?

Milonga: Busquemos ese cristal co mesmo afán que buscamos outras cousas. Gústame a túa visión.

AbuelosCrisyToño: Unha magnífixa suxestión. Un libro como agasallo!. Así e todo percibo que disfrutades con moita ledicia tamén eh...?

------

Non sei se sairán na Chousa máis posts "navideños"; certoulle que foi así o primeiro do mes. Sexa como fose, e por se me esquece, dádevos por felicitados e felicitadas todas e todos.

Agora, se mo permitides (e non vos queda outra!), continuamos a bingo!

Zeltia dixo...

no, non, eu non dixen que foras romántico dos irreductible... (porque tí és quen de verlle a parte negativa que ten a navidade...)
ou élo? ;-)
(eu dixen que tí tamén tiñas unha parte deses románticos, polo párrafo teu que che citei)

é a ver se é certo que non volves poñer outro post destes navideños! :-)

A.C. dixo...

Déixate de andrómenas, nena!. Eso decíame a min meu abuelo. E fai ben tempo que non escoito esa palabra.
Non sei de onde quitas ti as fotos, Chousa, pero dende logo debes ir sempre co radar posto.
Da Navidade teño que decir que a min sí que me gusta. Claro que tamen ten cousas menos agradables, pero o balance para min e positivo.

Ninsesabe dixo...

Coincido con Aldraba e con Artabria. Efectivamente, nun mundo de desiquilibrios e carente, sobre todo, de verdade, xa non me vale o conto do cristal co que todo se mira.
Navidad, navidad, puta navidad...

Chousa da Alcandra dixo...

Non prometo nada, Zeltia; xa que nada do que me rodea me resulta alleo. Pero intención de non recuncar co Nadal téñoa.
Os que van co radar posto A.C. sonche uns señores que visten de verde. Ten tino se vas correndo moito, que seica amolan de moito carallo.
Sin quitarlles razón a unha nin á outra, e por ende tampouco a ti ninsesabe; algo de óptica sempre che hai. Mírese como se mire...

Meiguiña dixo...

Cheguei ata aqui por un comentario que me deixou AC no meu pequeno rincón meigo acerca de que ti tamen falaras do nadal.

Eu deixo moi claro no meu rincón o sentimento que me producen, odio o nadal pero como se soe decir ten que haber para todolos gustos.

Un pracer coñocer o teu blog, voltarei co ten permiso

bicos meigos

Chousa da Alcandra dixo...

Benvida á Chousa, Meiguiña. Ainda que non che guste o Nadal, aquí hai tantos gustos coma cores; así que non deixes de visitarnos.

Kim Basinguer dixo...

Preciso Chousa,un mes que da mucho de si...si quermos para todo el año.

Ro dixo...

Boas madrugadas!

Na primeira parte da túa exposición sobre o tan "debatido" mes de decembro, víate en plan Grinch da navidad pero conforme falabas penso que tamén ti atopas unha parte positiva a estas datas.

A mín persoalmente gústame o nadal pero sobre todo para estar, se cabe, aínda máis preto dos meus...

Unha aperta cuasi-navideña (nestes próximos días adornarei o meu recuncho) ;)