sábado, 5 de decembro de 2009

Estereotipos

Seguramente nada é definitivamente branco nin absolutamente negro. As escalas intermedias case sempre determinan moitas obviedades que, sen ser necesariamente grises, abranguen un amplo espectro cromático que define e pon de relevo cualidades das persoas.
Cando falamos de estereotipos etnográficos todos imos axiña a pendurar sambenitos que, nas máis das veces, pecan por errados, malintencionados e -sobre todo- nada definitorios.
Dise da indefinición do pobo galego, que non se sabe se sube ou se baixa; que xa veremos ou que mañán é outro día (maloserá)...
Todo acaba tendo que ver con cada condicionante que nos rodea. Dende os climáticos até os económicos.
Pero moi seguramente non somos nin moi abertos nin moi pechados. Un bo termo medio sempre permitirá que non entre un can a comer os chourizos á vez que deixará que entre a luz no celeiro e, de paso, consinta que vexamos o taconeo da veciña de camiñar ledo cando vai mercar o arroz de fora para misturar cos chícharos que xa ten na casa.

Foto: Porta de duas follas. Folla aberta e folla pechada

25 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Damas e cabaleiros, xa sei que unha boa parte do blogomillo anda de ponte, pontellas ou de fin de semana; pero eu quero lembrarvos que dende a Chousa ofrécese a oportunidade de "mollar" un bolisquiño na Lotería de Nadal que poñen á venda a xente do folkAntas.
Este ano non vou arramblar as vosas caixas de correo como fixen o ano pasado; así que...anímense que queda pouco.
Repito que non ten recargo e que, incluso, este ano pode tocar.

Fagan xogo. Picade na participación que hai debaixo do logo de ProLingua e seguide as instruccións.
Se queredes, que á forza solo hai que pagar á AEAT (que seica somos todos).

mariajesusparadela dixo...

Supoño que os galegos teremos uns rasgos comúns, polo aquel da chuvia e a paisaxe. Pero, evidentemente, tamén temos as nosas diferencias.

brabido dixo...

Temos de todo,hoxe por exemplo no Condado cae choiva sen parar,no economico podo decirche que a cola do INEN chega a rotonda do emigrante,nunca tal cousa se vira.

Eu a cunca de viño sempre a deixo vacia.

saúdos

fonsilleda dixo...

Máis ou menos aquilo que dicía Marañón de "non existen enfermidades senón enfermos" ¿non?.
Non todo é tan branco nin tan negro.

zeltia dixo...

un gran invento o das portas de dúas follas, (malia que pareza tan sinxeliño, a alguén ocurriuselle o primeiro!)
esas portas tan prácticas,
que permiten ter a porta aberta
e a porta pechada!
parece que o tópico ése de que non se sabe se os galegos subimos ou baixamos, algo de verdade vai ter!
pero...
por algo será


(eu xa ves que non fun de ponte nin de pontella)

Meiguiña dixo...

Algo de certo hai no que se di de nos, os galegos pero tamen compren recordar que non se pode xeneralizar.

Unha meiga que non foi a ningun ladiño e quedou na casa.

biquiños meigos

paideleo dixo...

Os galegos non temos nada especial que nos faga diferentes dos demáis e, de feito, hai portas desas noutros lugares do mundo.
Un saúdo dun que pasa a ponte na casa ( e redores ).

Pitima dixo...

Que sí, que somos especiales, eu coido que sí. Por ser galegos, e por ser do Norte, e por ser homes, ou mulleres, e por ser fillos de quen somos, e por ser de Antas, Coruña ou Ponteareas, e quén sabe cantas máis variantes caben na nosa identidade. Moitas, moitas..
Gústame a porta, e eso de ir comprar o arroz de fora para mezclar cos chícaros de dentro... Pois claro que sí, mezclas, mestizaxe. Quedémonos co bo. ¿E logo hai algo malo? jajaja, que va ho!! ¡somos todos estupendos! ¿ou?
Así todos estamos contentos, os que lles gusta a porta pechada, e tamén os que lles gusta a porta aberta. Claro que tamén haberá quen non estea nunca contento, porque só lle vale toda aberta ou toda pechada...

Bicos, na ponte-pontella-acueducto, tamén!

Eu xa vou mercar lotería desa... inda que non teña noves (e que nin un eh!) Aisss

A.C. dixo...

Contentar a todos non vai resultar unha tarea faciliña. A porta ou está aberta ou está pechada. Claro que esa de duas follas (ti sempre no fío do alame jajaja) pode dar resultado.
Na casa dos meus abuelos había unha así.
Eu tampouco creo nos tópicos. Así que eu cando subo véseme ben clariño que vou pa riba e cando baixo tamen. Así e todo algo propio noso témolo e eu síntome orgullosa de ser galega. Coa porta medio aberta e medio pechada.
Cando vaia mercar arroz para os chícharos xa terei tino de taconear amodo cando pase por diante da tua casa
Bicos

abueloscrisytoño dixo...

Eu tamén o paso en casa e arredores e por se quere vir alguén,que virá, a porta non esta pechada do todo.
A.Cris

Bolboreteira dixo...

Non me gustan os esteriotipos.Ser xuzgado ou xugar por ser dun sitio, ou ter unha determinada profesión, ou ser dunha raza ou cor etc, etc, non nos permiten ver máis alá.
Biquiños!

Lasosita dixo...

Penso que os estereotipos son nocivos e non reais. Non se axustan á realidade porque os fan xente que non coñece a verdadeiras motivacions dos feitos ou trabúcase.

Ninguén ten dereito a xulgar ós seus semellantes... logo pasa o que sabemos...

A foto é verdadeiramente xenial e práctica para mostrar o que dís, Chousa!


Biquiños e saúdos dende a miña papeleira. Graciñas...

Marisa dixo...

Non poideches atopar
mellor imaxe para
ilustrar tódolo que
dís, ¿ou foi o revés?
Esa porta co postigo
aberto para que non entren
os cans, pero que deixa
pasar a luz e así
poder ver dentro e fora dela.
Os galegos somos moi sabios.

Moitos biquiños.

Carlosm dixo...

Porta aberta e porta pechada. Já dicia o Paideleo que acontece por outros lares. Podo dar fe delo, pois escríboche dende a Galiza do Sul (como ti dis ás veces), e por eiqui tamen se ven esas portad a duas-folhas en horizontal.
Algo de nós di, como de nós di tamen o feito de que se queremos facer arros con chícharos, por forza o arroz hai que ir mercalo a tenda, que na nosa terra non se da.
Saúdos e apertas
Carlosm

SoO* dixo...

E a min, non sei por que, isto do ver e non ver recordoume á técnica dos panos mollados... Que xa ven de hai séculos e séculos.
Saúdos entre lusco e fusco.

SoO* dixo...

Co teu permiso, acepto a suxerencia do título, gústame moito eque, normalmente, non titulo os poemas. Por outra banda, en canto ao de musicalizalo, coido que farei un podcast que, se cadra, subo ao blog. Grazas polas suxerencias, sempre se agradecen.
Saúdos agradecidos.

noa dixo...

pois estes días podería poñer un arrozal...

Anónimo dixo...

Algunas personas son como esa puerta. Medio abiertas y medio cerradas. Tiene sus ventajas, pero como en todas las cosas a veces las medias tintas no permiten disfrutar plenamente del entrar (o salir) libremente.
Los estereotipos casi siempre se quedan muy en la superficie. Yo tampoco los comparto.
Buena reflexión.
Saludos

Carmen dixo...

¡Como me gusta esta porta! É igualiña a da miña casa da aldea. Marabillosa na súa xusta medida. Nin moi aberta nin moi pechada. O equilibrio é un sinal de intelixencia.
Bicos dende a morriña

PD: Graciñas polo fermoso comentario que me deixaches no meu blog.

Artabria dixo...

Na casa da miña avoa había unha porta igualiña á da foto........

Pois os estereotipos son bastante crueis, pero non me digas que algúns non se cumplen eh

Kim Basinguer dixo...

Os galegos, simplemente somos especiais.
Todo o que sube, baixa.

Kaplan dixo...

Creo que o problema está en querermos clasificalo todo, como se fósemos entomólogos; os galegos, como todo o mundo, somos como somos, un a un ao seu xeito.
Outra cousa é que venda colgar etiquetas.

susana moo dixo...

Gústame iso de que todo é relativo, que non somos bos ou malos, que depende.
Gústame ademáis que estea a folla dabaixo pecha e a darriba aberta. É unha boa disposición a mirar e a falar namentras pensamos se abrimos a folla dabaixo.

Aldabra dixo...

o roxo é un dos meus colores preferidos... e a porta a medio abrir vaime ben... gústame ir descubrindo as cousas a modiño.

biquiños sen etiquetar porque nada é branco nin absolutamente negro.

Chousa da Alcandra dixo...

O curioso destas portas era que a de abaixo non se abría se non estaba aberta de riba. Terá eso algunha lectura vital, ou simplemente sería cousa dos carpinteiros que argallaron así a cousa?.

Co meu agradecemento pola visita a esta Chousa sen portas, pasamos páxina cara unha historia que -esta vez si- tiven que alongarme un chisco. Asegúranme que foi certa. Sexa ou non, ten o seu aquel.