sábado, 5 de xullo de 2008

Trivialidades

Gozamos de tantos privilexios e rodéannos tantos agasallos que ás veces esquécenos disfrutalos co vigor e coa entrega que sería aconsellable.
Ocupámonos en demasía na construcción da ponte e despois non temos tempo de cruzar por ela, de asomarnos ao peitoril para contemplar como a auga flue paseniña baixo os nosos pes secos.
Trabucamos con terca reiteración cales son as finalidades e cales os medios para acadalas. Valoramos en exceso a moeda de curso legal mentras simultaneamos a devaluación do realmente importante.
Deberíamos mergullarnos con máis asiduidade nas cuestións sinxelas que, curiosamente, adoitan ser de balde e cecais por elo non acadan o aprecio que se lles debe na nosa escala. Consideradas triviais; esas pequenas cousas son as que nos cargan de enerxía e reinventan cada día o noso motivo vital.

Foto: O son da auga. Sinfonía gratuita

29 comentarios:

BK dixo...

A vida está chea de triviliades que a veces nos fan desconectar deste mundo de tolos no que vivimos.......aínda que non sempre é así.......

Elvira Carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço e um bom fim de semana

Anónimo dixo...

O problema sempre é o de buscar tempo para un mesmo. Para poder disfrutar e valorar de todo aquelo que nos rodea. As cousas pequenas adoitan ser na meirande parte dos casos as mais grandes.
Sei que é moi dificil tomar un respiro no mundo no que nos movemos, pero é de xustiza facelo.
Polo tanto ¡NON AS 65 HORAS SEMANAIS!

Saudos

Marinha de Allegue dixo...

A sinxeleza é un valor...

Unha sinxela aperta.
;)

Anónimo dixo...

Si si todo o que ti queiras, pero sin a moneda de curso legal non hai maneira de alimentar o corpo para logo poder alimentar o espiritu.
A foto da sinfonia e moi chachi. De que fonte de Antas é?
Pikacho'n

São dixo...

Sim, as coisas que mais pequenas parecem, são as de maior valor, por vezes.
Boa semana.

Kim Basinguer dixo...

Las pequeñas cosas son las más importantes.

d´Agolada dixo...

Iso é certo, pasamos demasiado tempo pendentes de trivialidades e esquecemos o realmente importante. Apertas

CriS dixo...

AMEN
Co o rica e intensa que sería unha vida sinxela, e como nola complicamos con trivialidades e cousas innecesarias, no?
bicos dos menos liviáns

Paz Zeltia dixo...

que preciosa foto! e nun dia de calor, ver esa auga que parece que vai saír pola pantalla... ;-)

A reflexión que nos participas pareceme que debiamos tela presente a diario, esquécenos sentirnos agradecidos por todas as cousas boas que temos... nada mais ca se non poderamos ulir pensamos na maravilla que é ter olfato, ou só os xordos valoran de verdade o que é escoitar a música, o son do vento, o ruído da auga ó caer nunha fonte... e así todos, un por un, os sentidiños, os afectos, e todas esas cousas non custan cartos!

Cuspedepita dixo...

Unha imaxe moi refrescante para esta mañá de luns con media resaca (de cocacola e fanta) despois da que montamos onte no Carballiño :-)
Ocúrreseme que seguimos todos aquela máxima, inventada polos comerciantes, seguro, que di "o que non o custa non o vale" e aplicámola a todas as esferas da vida. Ata me atrevo a dicir que a aplicamos no terreo dos sentimentos e preferimos pelexar por agarimos que se nos presentan difíciles de acadar, como retos, antes que os que nos ofrecen de valde, espontáneamente.
Non sei se haberá algún estudo sobre isto, pero se o hai gustaríame lelo.

LM dixo...

a moeda de curso legal nom é incompativel com disfrutar do que temos... já se sabe que quem mais tem... só temos de aprender a ver e em cada recuncho há coisas que som realmente importantes. beijos

A Conxurada dixo...

Estou totalmente dacordo contigo...a disfrutar máis dos pequenos praceres, a min polo menos son os que máis me enchen.

Un bico con sabor a hoxe empezo as vacacións.

Anónimo dixo...

mira que cousa mais fresquiña nos adica o chousiña. magoa que chova . asi e todo agradecese a intención.

esplosión de bicos coma gotas de auga

Anónimo dixo...

As coisas sutiles temos que lembralas nos e as vezes esquezennos. Das outras ja hai quen no las estenha relembrando a cotio
Boa reflexión. Bos saúdos

Unknown dixo...

canta razón tes. ás veces esquecemos que esas cousas pequenas son as que nos permiten seguir adiante.

chimeneaverde dixo...

Y son las que te arrancan una sonrisa.

busto.agolada dixo...

Douche a razón plenamente. Eu teño un antídoto para estas situacións: a bicicleta. Devólveme á realidade e permíteme distinguir as rutinas e os privilexios.
Ata mañá. Unha aperta.

Anónimo dixo...

O murmullo da auga faime durmir moi ben. Eu pagaría por poder mercar un muiño vello e poder durmir ó caron do rio
Boas fotos as que pos no teu blogue

Anónimo dixo...

Son Tonecho de novo. Pódoche roubar algunha foto para publicar en internet? Supoño que se cito a fonte non haberá problemas, non é?. Iso se son tuas, claro. Xa me dirás. Grazas

vermella dixo...

Poi sí que si,as cousas pequenas a mín fánme moi feliz...
por exemplo:
chegar á casa e ser recibida con bicos,un almorzo arranxado polos meus fillos e sevido na cama,un paseo pola beira do mar cos pes dentro da auga,un banquiño nun parque e unha raiola de sol.....
bico.

paideleo dixo...

Unha vez cubertas as necesidades elementais o resto pouco importa e pódese topar pracer en cousas sinxelas como unha parrafada, un paseo, ou a contemplación de algo.

Anónimo dixo...

Completamente de acordo. As trivialidades son as cousas máis importantes da vida aínda que pareza contradictorio. o difícil é decatarse.

Anónimo dixo...

Se prescindísemos do trivial, trocarimos en autómatas do mundo "feliz" que pronosticaba H.H.

Ton

Anónimo dixo...

Vin algunha foto tua no concurso de Vieiros. Non se pode votar por elas; pero a dos sete estalos está moi ben. Sorte!

Carlosm

asbeirasdoarnego dixo...

As trivialidades son máis importantes do que parecen, pero é moi díficil decatarse. Un Saúdo

pitima dixo...

Consideradas triviais... pero non o son. Buscamos a felicidade donde é complicado atopala, e logo deixamos pasar esos intres de maxia que poderían facernos moito máis felices do que sospeitamos.. ¿non é?.
Pero tí, e eu tamén, e algúns máis.... dámonos un pouco de conta do que está a pasar, paseniño, por diante nosa, inda que, ás veces, temos que deixalo pasar porque temos un pouco de présa, contaxiados destes tempos de apuros..

¿E qué clase de bico esperas hoxe?... jajajaja.
O meu neno acaba de tomar o seu primeiro chupa... jajajaja. ¡Qué trivialidad!... Está emocionado e quere compartilo comigo, todo chupeteado.. jajajajaja. ¡Mira mami! ¡é unha bola! jajajaja.

Un bico con sabor de laranxa.. jejeje.

Son Unha Xoaniña dixo...

É certo, perdémonos con grandilocuenzas, cando o máis importante e o que máis felicidade nos da, son esas cousiñas pequenas nas que apenas nos fixamos.
apertas.

Ana dixo...

Canto mais pequenas e mais sinxelas son as cosas,mais valor teñen!!

Bicos
Xa estou de volta!