domingo, 28 de outubro de 2007

Estratexias

En determinadas ocasións a distancia máis corta entre dous puntos non é a liña recta. Este plantexamento metafísico semella un erro palpable, pero se temos en conta que "indo direitiños ao gran" seguramente non chegaríamos a ningures, entón cobra visos de ter certo xeito o que digo.
Claro que coas voltiñas que lle damos ás veces, ainda acadando o éxito, perdemos en elegancia.
Todo é cuestión de estratexias. Eu gusto da elegancia, pero tamén me "mola" moito chegar...

(Foto: non tódolos de Antas son así de retortos.Algúns somos moito máis)

10 comentarios:

vermella dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
vermella dixo...

O caso é chegar,a línea recta será o camiño máis curto pero aprendemos tanto dando unhas voltas!!!!
Gústame moito esa foto.
saúdos.

Chousa da Alcandra dixo...

E o ben que se pasa dando as voltiñas...

Graciñas pola tua visita vermella.
A foto tomeina na aldea de Portocarreiro, parroquia de Vilapoupre -Antas de Ulla-
Alí, na beira do camiño, sigue imperturbable este antullano retorto.

Pitima dixo...

Algo que siempre me ha gustado decir: Al fin y al cabo, una recta no es más que una curva de radio infinito...

Anónimo dixo...

pois si que e ben retorcido.Ten o seu merito q o bateras con el.noraboa

Chousa da Alcandra dixo...

Bonito xeito de expresalo Pitima.
Anónimo, case da él comigo.
Un pracer que visitedes o meu xardín.

Suso Lista dixo...

Pois si que as cousas tortas tamén son bonitas. Curioso.

O Raposo dixo...

A distancia mais corta entre dous puntos é sempre o atallo.
Eso dicía o meu avó e coido que tiña razón.

Silvana dixo...

Gústame a teoría que propós, e ademáis hai que recoñecer que é a que se practica máis amenudo. Aínda que eu sempre acabo tirando pola línea recta, así me vai que cando chego xa me teñen posto o cepo.

Un saúdo.

Chousa da Alcandra dixo...

Suso lista: A ti pásache como a min, o que che gusta son as currrvas ;)
Raposo: tódolos avós din esas frases case lapidarias que teñen o arrecendo da esperiencia.
Silvana: incluso hai ocasións nas que da gusto "caer" no cepo...

Saúdos e graciñas por vir