luns, 22 de outubro de 2007

Adaptación

Hai ocasións nas que as cadeas que nos coartan a liberdade dinnos que son a nosa propia defensa. Ese tipo de aseveracións adoitan facela os nosos xefes. De seguro que disertarían con fruición e verborreica prosaicidade sobre esa necesidade (a das cadeas).

A ver quen lle explica á vaca que a canga que a mantén inmóbil é quen a protexe dos cornos da veciña, cando o que ela desexa é pastar polas namelas con absoluta liberdade. Claro, desa guisa igual da menos leite; pero...quen dixo que había que encher a canada tódolos días?

(En realidade quixen fotografiar o toxo da esquerda...)

5 comentarios:

xurxocimadevila dixo...

Q dilema eterno... escornarse ou pacer ceibe polos montes adiante. normalmente sempre é bo q se escorne un algunha vez para apreciar as cangas, pero o xusto!

Saudos!

Silvana dixo...

Boa comparación e boa reflexión.

Un saúdo.

vermella dixo...

As cadeas son boas para rompélas de cando en vez,o ser humano naceu para ser libre inda que as veces é díficil.
Saúdos e gracias pola túa visita.

LALELO dixo...

Moi boas, sinto decir que non estou nada dacordo contigo e explicome, penso que as peores cadeas que temon son as que nos mesmos nos pomos, os xefes estan pra ir a o carallo, o todo o carallo, a nosa mente e as veces a peor cadea.
Un saudo

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas por vir, por concordar e por discrepar. De cada reflexión vosa tomarei nota, para seguir pensando igualiño...
Apertas acaloradas!