martes, 9 de outubro de 2007

Agresións

Agresións de todo tipo invaden o noso entorno cada día. Dende as verbais ata as víricas, dende as netamente tanxibles ata as exiguamente visuais; e todas, absolutamente todas, provocan unha resposta do noso organismo e/ou do noso ser.
Mediante esa resposta defendémonos do axente agresor, protexendo a nosa integridade (física, intelectual, moral...). Cando a reiteración defensiva é moi acusada, ou cando a nosa capacidade de resposta merma, entón sentímonos cansos, doloridos, tristes, cabreados, enfermos...
Hoxe teño a luz da reserva acesa. A miña coraza protectora está fendida por múltiples causas que eu catalogo de esóxenas.
Esta situación de acoso e derribo contínuo á que nos somete a sociedade consumista que criamos e permitimos fai que se nos desenfoque o obxectivo prioritario. Precisamos sentir a voz que nos volva "ó rego".
Hoxe estou cabreado, mesmo comigo tamén.

7 comentarios:

APÁTRIDA dixo...

Ate parece, que ese ourizo aberto, tamén está pedindo mesura.
En realidade, a primeira regra do capitalismo é considerarnos meramente consumidores e productores para que enchamos as suas alforxas.
Non vale o cabreo, en todo caso resistir ate donde se poida.
Parabens polo post
Unha aperta

O Raposo dixo...

A foto semella a boca dunha planta carnivora. Gustoume.

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas por visitarme.
Alédame que vos gustase a foto. Trátase dun ourizo ullense que, pendurado do seu castiñeiro, non lle queda outra que berrar. Pero nese berro perdeu o seu froito...

Pitima dixo...

Para mín tes o que ven sendo una "crisis existencial". Pásanos a todos, aunque non nos sirva de acougo.
As fotos sonche todas mois boas, nótase a sensibilidade e capacidade de observación que tanto se bota en falla nestes tempos de premura e carreira.
A foto parece a dun paxariño no niño pedindo de comer..
Bicos.

Silvana dixo...

Tes razón, eu xa non sei cal é o obxectivo prioritario. Cando fumaba o tiña claro, era o pitillo. Agora xa non sei .... vou ter que coller outro vicio, senón estou como vacía ¿será polo capitalismo?

Un saúdo. E gracias pola túa visita.

GINEBRA dixo...

¡vaya, creo que tuvimos una idea parecida!!!! Al menos refiriéndonos a corazas que nos protegen del axente agresor, jajjajajaja.
Me alegro por la coincidencia, de paso he echado un vistazo a tus antiguos archivos. Me gusta tu blog!
Besiños

Chousa da Alcandra dixo...

Resulta curioso (e moi gratificante) que che comenten un posteo de fai tres anos e pico.