xoves, 1 de novembro de 2007

Novembro

Como quén non quere a cousa, de xeito imperturbable, o reloxo anual está a piques de situarnos nos seus derradeiros días deste ano impar.
A festividade de hoxe nunca a entendín moi ben. De neno bromeábamos co feito de que "era o noso santo" e como non había escola, sempre era benvido.
Situar un día no calendario adicado a tódolos santos seguido do día de defuntos, precisamente na época da caida da folla, dos inicios ventosos, días curtos e sombríos (ainda que este ano non sexa o caso), evoca un certo sentimento tristeiro, cargado de musgo, fumento e húmido...
Somente a natureza sabe mimetizar a sua capa vital a cada momento, pervivindo e supervivindo a cada envite.
Felicitacións para todos e todas. Xa que é o voso santo!!

(Foto: tomada en Toande -Antas de Ulla-)

10 comentarios:

VECA dixo...

É verdade que este ano estamos tendo un outono atípico, non sei vos, pero eu teño ganas de que chegue un outono en condicións.....será por que son escorpio?:D

Pau dixo...

Pois eu quero que empece a chover, que os rios baixan moi secos.

Chousa da Alcandra dixo...

Si, tedes razón. Compre auguiña que fertilice os nosos campos e faga brotar os caños.

busto.agolada dixo...

Ola:
Grazas pola visita e comentario que deixaches no Aquamlatam. Alédame saber de ti e da nosa vecindade e na seguridade de termos amizades comúns.
Correspondo ás túas felicitacións pola data e opino igual que os anteriores no irregular outono que estamos a vivir.
Poreiche unha ligazón desde o meu blog e pasarei pola Chousa a miúdo.
Saúdos

Marinha de Allegue dixo...

Novembro,mes da melancolía, cheo de agasaios ocres...

Unha aperta grande e agradecida pola pola túa visita.
:)

Pau dixo...

Hola de novo, si podes pasa polo meu blog para a ver si podes cumprir un encargo

Chousa da Alcandra dixo...

Busto: De seguro que sí temos amizades comúns. Dame o corpo que somos de quintas cercanas...Farei unha ligazón ó teu blog tamén!!
Marinha: un pracer a tua visita. Con eses ollazos...quén carallo mira para o cartel que tapa os labios???
Pau: Vaia encargo do carallo que me fixeches. A ver como saio do apuro...

paideleo dixo...

De que me soa esa foto ?.
Parabéns para ti tamén polo teu santo.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: pois sóache debido a que eu cha enviei recentmente dende o teu blog para unha colección que querías facer sobre o outono ou algo así.
Déchesme unha idea para eso do meme que me encargou pau. A ver se teño tempo á tarde de poñela en marcha.

vermella dixo...

Estas fotos son espoeciais para mín que son telúrica por natureza,que chova xa que non hai grelos!!!!!!!!!!
parabéns tamén para ti.
saúdos.