martes, 27 de novembro de 2007

Delicadeza

Nas avanzadas datas que estamos (xa empezan con anuncios do Nadal), e ainda temos rosas ao aire libre en pleno vigor!
Ben sei que está a ser un outono totalmente atípico, pero incluso nesa diferencia resulta cando menos sorprendente atopalas así de esplendorosas.
De seguro que ninguén se vai estrañar moito se recoñezo a miña devoción polas flores en xeneral e polas rosiñas en particular. Solo a sua visión provócame ledicia. Atráenme visualmente, deléitome na sua textura delicadísima e empalágome no seu perfume.
E non vou confesar agora as similitudes que me traen á mente, que non é horario infantil...

15 comentarios:

busto.agolada dixo...

Eu tamén milito no gusto floral. Amo a súa estética, delicadeza e o seu tamaño diminuto. Unha paisaxe perfumada de rosas é a antesala do paraíso.
Saúdos

elvira carvalho dixo...

Bela rosa. Verdade é que com as alterações climáticas as rosas e outras flores que nesta época só floresciam em estufam apresentam- se agora em todo o seu explendor em qualquer jardim

elvira carvalho dixo...

Um abraço

Ángeles Mallo dixo...

Preciosa foto, podese ver unha delicadeza é unha sensualidade impresinante; si atopas algunha amarela e a fotografías agradecereicho na alma.Agora vai unha chorrada, as similitudes provocadas por algun bo sentir non deberían ter franxa horaria. Bicos.

Druid dixo...

A pena e que esten presentes por ese outono atipico...
Pero temos que maravillarnos con ellas...
Esperemos que as respete o xeo (si ven).

Silvana dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Vanessa de Santiso dixo...

As miñas rosas preferidas son as amarelas. Unha rosa amarela sempre, aínda que o ramo de rosas vermellas, esas da paixón... levan moita mensaxe.
Grazas polas túas.
Unha aperta!

Pitima dixo...

"Tenga esta rosa blanca, señorita
a cambio de su negro pensamiento
por qué motivo temblaron sus labios
vio en sus ojos el fondo de un volcán"
Cantaba aquel.

Pau dixo...

Delicada foto e bo gusto o que tes. A min tamen me encantan as flores e os olores. En canto ao do tempo cada vez resulta máis preocupante.

Chousa da Alcandra dixo...

Gústanme os vosos comentarios,as vosas coincidencias e os poemas...
(Prométovos unha rosa amarela, pero ha ser da nova primavera. Haberá paciencia?)

Graciñas por vir

Zeltia dixo...

¿Son rosas de tu jardín? o las encuentras por ahí?

(y no es ninguna metáfora) simple curiosidad :9 Siempre creí que criar rosas era muy delicado. (No digo con esto que no me parezcas delicado) ay, por favor, empiezo a enmarañarme con las palabras como gato con ovillo de lana. Creo que es hora de ir a dormir.

¡Saludos!

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Unha boa parte delas sí son do meu xardín. Outras son do "xardín" de Antas.
Son delicadiñas, pero a pouco que as coides...agasállanche coa ledicia do seu colorido

Zeltia dixo...

algunos años, me voy a pasar un par de horas a la "rosaleda" de los cantones, en coruña, y despacito por los caminitos entre los macizos de rosales, voy mirando una por una, fijándome en cada detalle. Elijo 5 o seis y juego a que tengo que elegir la rosa más bonita de la rosaleda. Siempre tardo mucho en decidirme. Tengo este juego desde que era una niña. No lo hago todos los años, pero de ve z en cuando lo recuerdo, y lo repito, acerco la nariz a las que están al borde del caminito y me emborracho de olores, de colores, se me llenan los sentidos de sensaciones, todo aderezado con un poquito de nostalgia.

A Conxurada dixo...

Outras similitudes semellantes se me pasan pola cabeza cando vexo orquídeas.

Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Bonito xogo. A próxima vez que vaia polos cantóns hei relembrar esa actividade tua.
Conxurada: Non lembro agora o nome dunha pintora que plasmaba este noso pensamento floral.
(Eu tamén te linko)