xoves, 23 de maio de 2013

Tijre

Hai que ter control sobre as situacións límite. Serenidade no medio das crúas tempestades, calma cando nos arde o ánimo e saber temperar se nos enfrían as intencións. Os canons mandan ter xeitiño incluso con aqueles que nos arrincan  a picañazos a quietude. 
Pero todo ten un límite; así que de cando en vez, se nos pisan en demasía a rabuxa (eufemismo de tocarnos o carallo), tamén cómpre saber sacar as uñas e revolverse feros coma un tijre.

Foto: Tijretonciño
 (Licenza de imaxe cedida pola señorita Chousa)

11 comentarios:

Pedras de S. dixo...

Auténtico!!!
Non se pode dicir máis claro!
E que boa elección da imaxe!

Anónimo dixo...

Que monada de gatiño. Espero que polo menos a il non lle toquen o carallo (ou a outra cousa, que non se sabe o que e)

Trasno dixo...

Encantame cada tema que acometes. E das fotos que digo? Encantadoras.
Non pares

Paz Zeltia dixo...

pois como sexa un tijre coma o da foto...! (as rabuñaduras fondas non serán, pero teñen unhas unllas afiadas como agullas!)
moi lindo o tijre, é teu?

Anónimo dixo...

¡ai chousa... en(gatu)sachesme!

Anónimo dixo...

Precioso tijre, Sr.Chousa!! Este préstase para os aloumiños, bueno unllas ten.E que dicir das tijresas??
Coma sempre, un pracer pasar pola Chousa.

matrioska_verde dixo...

pouco que engadir, é verdade, ás veces a única resposta é perder o control e rabuñar si é necesario.

biquiños

Chousa da Alcandra dixo...

Fixéronme chegar un apuntamento sobre unha frase que dixo Víctor Hugo (moito antes de que eu escribise este posteo, co cal ten moito máis mérito aínda):

"Deus creou o gato para darlle aos humanos o pracer de acariñar un tigre".

E mira ti por onde!

Carlosm dixo...

Enchoupas de realidad e de ternura. Asim da muito gusto. Saudos com gosto

mariola dixo...

Ay,pero este tijre é tan bonitiño,que aínda que me rabuñase un pouquiño deixaríao de boa gaña.

Esa señorita chousa quita ben as fotos.

PD- Penso que todos nós temos bastante control aínda coa que está caendo.
bicos e bicos.

peke dixo...

Encántame... o tigre da foto. ;)