Existe comunicación cando emisor e receptor comparten un mesmo código.
Pode este ser xestual, sonoro, gráfico ou incluso telepático.
E pode o receptor ver cos ollos pechados ou falar o emisor coa boca cerrada. Considérase que a mensaxe chega cando fica convenientemente interpretada.
É posible transmitir florituras, acenos ou chiscadelas; agochados con símbolos menores debuxados en maiúscula.
Foto: Ancoriña. Código de Mariñeiros.
10 comentarios:
Tamén se che parece moito ó símbolo do euro, que nos ten ancorados e que se está a rir de nós (e de noos).
E as mensaxes subliminais, chegan ainda se sabermos por qué.
A min as anclas suxierenme moita ternura. Non saberia decir o motivo, pero sintome atraida por elas. Sabe alguen intrpretar esto meu? Ti que tanto sabes?
Cuando hai bo entendimento, os codigos prestanse para as filigranas e chiscadelas. Gostei
A tua didáctica tamen é maiúscula. Moi ben explicado
Capto a mensaxe subliminal e pecho os beizos.
pois susana e mais ti manexadas o mesmo código, que se me escapa a min... claro que, se ti cres nas mensaxes telepáticas, que podo esperar?
é como dicir eso de:
a bon entendedor poucas palabras bastan
¿non sí?
biquiños,
Se un é receptivo a mensaxe quedará ancorada, como esta tan fermosa que nos amosas.
un bico chousa.
O malo prodúcese cando emisor e receptor non están na mesma onda polas razóns que sexa (e hai centos delas), porque a comunicación queda nun simple e triste aborto.
Este blog tiene encanto. Y aunque me cueste un poquito entender el código, es fascinante. Enhorabuena a su autor o autores.
Publicar un comentario