Mírasme e confirmas a miña propia existencia.
Puro equilibrio de grandiosidade minúscula que calceta fibras nimias en teares superiores.
Diástoles hiperbólicas que son grandiosas semellando menores.
Por cada pestanexo teu, un brinco deste lado.
Así de complexo, así de doado.
Así de complexo, así de doado.
Fusión sen fisuras, que explica como un corazón pode bulir noutro peito sen ser transplantado.
Sentir que se ti me miras na noite, o ceo enteiro está iluminado.
Descubrindo, nena da branquiña mirada, que deixas no meu ser un indeleble ronsel tupidamente calcetado;
cosendo ledicias sen fíos nin dedal para un pai absolutamente entregado.
Así de sinxelo, así de complicado.
Foto: Ollada da filla. Día do pai.
19 comentarios:
Que texto mais bonito!
Comovente!
Abraço.
Un ronsel de emocions ,ajeitadamente expresado por ti, o que os filhos (e filhas) gravan no ser de cada pai (já que hoje e dia do pai). Fermosos olhos (seguro que ten dous).Saudos emocionados
Muy inspiradora la mirada de un niño y si es tu propio hijo, ahí es nadaaa.
Muy bonito post
Besos
Emocionas hasta facer chorar
Obrigadísimo (eu e maila dona do ollo) polas visitas e comentarios tan loubadores.
(Pero chorar non choredes, que está feito con ledicia)
Admiración.
Emoción.
Apertas de primavera.
É unha fermosa mirada. A da nena.
É unha fermosa forma de vela. A do pai.
Morrín de amor.
Non sei como podes ter palabras mirando esa ollada. Eu quedo muso diante deses ollos.
Fermosas verbas.
Parabéns os dous (pai e filla).
Que bonitos ollos e que fermosas palabras
Quería dicir mudo no canto de muso.
Encantoume. :)
Quixera ser tua filla pra que me dedicaras una maravilla asi. Pero o teño dificil por moi mayor e varón. Una preciosidade señor chousa.
Pensaba que neste día os fillos e fillas agasallaban aos pais con algo, pero neste caso, vaia lindo regalo que ti lle fas á túa filla!, claro que ela coa súa presenza xa é o maior regalo... e, por riba, que ollos, mi madriña (supoño que o outro será igual ca ese)
[supoño que tan linda sairá á nai, jeje] (isto é por fastidiar, pero eu entrei de novo para agradecerche que non teñas activada a comprobación antispam, que é moi de agradecer... ultimamente andar por blogspot converteuse nun pesadelo)
qué bonito Chou. Moitos pais son moi entregados, pero non tantos sábeno expresar tan ben.
Eu xa sabía que tiñas sensibilidade, pero agora, con este fermoso texto quen nos deixas confirmado queda.
Quédome cunha frase:"Fusión sen fisuras, que explica como un corazón pode bulir noutro peito sen ser transplantado".
un bico chousa.
texto fermoso, mirada máis fermosa aínda... sentir fermoso... devoción fermosa...
todo conmove nestas palabras.
biquiños,
Publicar un comentario