venres, 1 de marzo de 2013

Cúpula

Vai de sinxela pola gramática aínda que xoga na primeira división da arquitectura semántica. Fai así coma quen que non ten importancia, pero sen ela as frases quedan coxas.  Disfrázase de conxunción ou destápase coma verbo; une suxeitos, remarca atributos...
Agóchase pianiño, esvara lene, pronúnciase suave; mesmo semella non estar; pero que sería de nós sen a cópula?

Foto: Cúpula de San Pedro en Roma, a 2250 km ao Leste de Antas.

13 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Non seríamos.

Dalicia dixo...


A fin do mundo...

Sabela González dixo...

Xenial texto! Moi contundente e certo.
Unha aperta!

A.C. dixo...

Mui ocurrente . Non sei como o consigues hahaha

Carlosm dixo...

Lavoz tinha onte em portada a Cúpula de S. Pedro vista por fora e ti mostrala por dentro. Moi actual tudo: cópula e cúpula.Saudos.Carlosm

zeltia dixo...

xa sei que só separa as dúas palabrás unha vocal.
mais inda así.
sempre pensando en lo único. e por riba poñendo de excusa unha CONXUNCIÓN.

:)

bico.

Trasno dixo...

Se xogas a brisca igual que coas palabras,calquera xoga contra túa.
Saudiños

Maribel-bel dixo...

As cúpulas non sempre están nesas alturas, sen mencionar algunhas que están tan abaixo que aínda esnaquizadas seguirán a desenvolverse entre simulacións en diferido. Bicos na esquina

Pitima Alvarez dixo...

xa sabía eu...
aissss...
semprestamos
;)

mariola dixo...

Gustoume tanto a primeira parte, como describes a cúpula que me encandilou.
Pero a cópula, poderíaselle atribuir tamén algún alarde destes?
E outra cousa, tamén é unha explosión de cores...
Un sorriso vale máis que mil palabras.
Ahí vai un.
bicos chousa.

Aldabra dixo...

ó final xa o vexo todo claro... e que desde a cúpula, a cópula enténdese mellor... ¿o non?... xa non sei nin o que digo.

biquiños,

Merce dixo...

Non sei porque se me veu outra palabriña aos meus miolos, aquela que di:

Ayuntamiento :)))

Como me gustan ises teus xogos gramaticais, sempre sorprendendo!!!

Biquiños a moreasssss

E non penses ti, que non teño presumido xa por ahí endiante dun tal Chousa das Antas ;)

susana moo dixo...

Non sei, estou preocupada polo nombramento do novo papa e non estou nin pa cúpulas nin pa cópulas.