sábado, 9 de marzo de 2013

Imperio

Construiron leguas de autoestradas que conduciron a paraxes desolados. Hectómetros de papeis lexislados, para seren profusa e sistematicamente conculcados.
Teceron unha maraña de sortilexios habilmente salpicados coa liturxia do engano, incitándonos a crer que a podremia era unha constatación de madurez...
E así, pensando que iamos cara un paraíso de marabillas, vímonos -de súpeto- espetados no cumio dun imperio de tarados.

Foto: Parece, pero non é.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

A imaxe veuche que nin pintada pro argumento. Ou pintacela ti? Como a vexa don Amancio jaja

Carlosm dixo...

O paraiso vai ter que esperar. Deberias saber que este e un Val de Lagrimas e estabase a converter noutra coisa.Saudos.Carlosm

Raposo dixo...

Autoestradas que van a ningures,
aeroportos onde só aterrizan e despegan os paxaros, paraisos fiscais diseñados especialmente para os corruptos, directivos bancarios cobrando indemnizacións millonarias por facelo mal,a televisión de todos ó servizo de só uns poucos. Si, algo de tarado ten este imperio que todos axudamos a construir.

A.C. dixo...

Jajajajajaja menuda tenda mais interesante atopaches. Pola pinta das casas eu diria que e en Santiago, pero nunca a vinnnn. Tes que decir onde e eso Chousa, que eu quero comprar algo de Tara.

Aldabra dixo...

eu alomenos recoñezo que algunha "tariña" che teño... e que si non é difícil vivir neste mundo tan árido (por decilo dun modo suave) ás veces.

biquiños,

zeltia dixo...

hoxe o post vai de tarados.
tes un don para artellar textos, e un bo ollo para as fotos!

mariola dixo...

E non poderíamos inocularlles algún virus letal a todo este imperio de tarados?
volver a tecer unha sociedade xusta.
Qué ilusa, verdade?

bicos.

zeltia dixo...

ei, e que pasou co post dos domingos???