sábado, 22 de outubro de 2011

Albedrío

Falan de austeridade por todos os cardinais, pero os mensaxeiros comunícanse dende o mesmo púlpito cargado de pedrería e postín de antano; polo que a eficacia do transmitido esvaece entre a dúbida e mailo cabreo.
Cando o que se nos transmite (con ánimo de suxerencia, intención de consello ou imperativa necesidade); convén que o recado veña en compañía do aleccionador exemplo do emisor. Sin descoidar o código nin o soporte.
Noutro caso mellor deixar ó libre albedrío; para evitar o efecto contrario, suscitar enfado, provocar desconfianza ou simple cachondeo.

Foto: Lávate que estou sucio

23 comentarios:

mfc dixo...

Pois... o efeito é desastrado!

O tempo é muito mauzinho!

Carlosm dixo...

Primeiro congratularme tamen pola nova xurdida o día 20. Xúntome no teu magosto de images para con esa boa noticia.
Segundo: voume lavar para que te sintas limpo.Saudos.Carlosm

Dilaida dixo...

Si, iso que ti dis pasa moito. Ao mellor é porque ao fin fomos educados nunha dobre moral "fai o que eu diga non o que eu faga".

Paz Zeltia dixo...

pero ti non escoitaches dicir aquelo de:

"haz lo que digo, no lo que hago"?

que mal ghiadiño es.

Trasno dixo...

Que fermosa paisaxe se adiviña detrás dese cartel. Seguro que o puxeron para amolar xa que a ver quen lle fai caso ó que di

Blogboreta dixo...

Sonche comoPor iso mesmo algúsn deixamos de crer nos que se suben os púlpitos, xa sexan das sectas políticas ou relixiosas.
Moito predicar....

Biquiños ben limpiños. Muas!

xenevra dixo...

E todos os cardenais cárdenos recordan a necesidade de ocultar eses carteis para que non se vexa a incoherencia, mais non falan de limpar a contorna. Xa se sabe "non hai mellor xordo que quen non quere ouvir" ou o que ben sendo o mesmo "ojos que no ven..." e aló foi a noso bolso coas poucas riquezas que tiñamos. Malia os ditos cómpre ter os ollos ben abertos e as orellas moi limpiñas.

susana moo dixo...

Haz lo que yo digo y no lo que hago. Ou mellor en galego que soa xenial:

fai o que falo e non o que fago.

Peke dixo...

Fanme graza eses letreiros que levan tempo e tempo amosando a súa lenda e acaban tendo un aspecto tan desastrado que mesmo entenrecen.

Anónimo dixo...

Pois ou moito me equivoco ou teremos que nos ir acostumando a ver letreiros cutres e enferruxados por falta de renovación e mantemento; e se só fose iso...!

A.C. dixo...

Eses letreiros fan desconfiar e non invitan nada a visitar o lugar que anuncian.
Donde sacaches esa foto? Non será un truco, xa que fala de praia pero mais parece un rio.
Bicos

Anónimo dixo...

Si, moito millor deixalo o libre albedrío antes que ese mamotreto diante do que parece un paisaje ben fermoso.

Merce dixo...

aaayyy ia a comentar o mesmiño que Zeltia ;)

biquiños a moreas!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que todas predicades moi ben e sabedes moita letanía. Pois en Antas temos aos curas moi sobrecargados de parroquias; así que se vos animades a poñer os hábitos...
Igual me animo a ir á misa e todo!
(Confesarme non, que eu non peco)

E non hai truco na foto. Podedes atopala indo pola estrada que vai de Belesar (o pobo, non o embalse) máis aló de Pincelo e Asariña. (Efectivamente a praia á que alude é fluvial)

la cocina de frabisa dixo...

Estoy contigo, cada día me dan más asco estos políticos nuestros, hablan del hambre, de la crisis, de los parados vestidos de ARMANI, ufffffffffff, que repugnacia, no puedo con eso.

Fíjate que casualidad, puedes creer que hoy me acordé de ti y pensé, ..tengo que visitarlo y llego a mi blog y veo tu comentario, jajjaja, transmisión de pensamientos.

biquiños

Carmen D. dixo...

Os que puxeron e manteñen así o cartel deben ser os donos dos dous "canciños" que estaban o outro día na praia, na Marinaseca, e que estaba agora mismo comentando no meu blog. E se non son os mesmos, seguro que da mesma familia si.

Biquiños.

Carmen.

paideleo dixo...

É como o típico cartaz de " Non tires lixo " que está case cuberto de lixo dende os pés.

mariola dixo...

Efectivamente, non só se predica coa palabra, aínda que moitos non se dan - ou non queren- por enterados.
un bico grande.

Aniña (@vampyevil) dixo...

asquito lo de los politicos y sus politicas... deberiamos concienciarnos más! besitos

Anónimo dixo...

Boa captura. Por casualidade eso non será no Municipio de Escairón?
Un do Saviñao

Ginebra dixo...

Tienes más razón que un santo (menuda expresión ésta, si lo piensas friamente, Chousa...) muchos consejos y mandatos, pero los emisores no dan ejemplo, al contrario, siempre a ver quien de ellos da más la nota. Despropósitos tras despropósitos...
Besos y bicos

p.d. Gracias por firmar

pitima dixo...

O de aleccionar co exemplo non é moi habitual, así que nin sequera nos percatamos das mensaxes contradictorias entre o que se dí e o que se fai ou mira....

Por certo.... ¿non te comentara este post? porque sí que o vira e tiña a sensación de telo comentado....

Qué raro...

Aisss.. qué cabeza teño... últimamente despístome moito.


Bico ben dito e feito.

matrioska_verde dixo...

Fai o que eu digo pero non o que eu faigo.

Por eso non predican có seu exemplo.

biquiños.