venres, 28 de outubro de 2011

Proporción

Non sempre se atopa. Non sempre se da.
Teima de expertos e manía de profanos; difícil arte o de conxugar espazo e dimensión. Profundidade e largor, altura e perspectiva. Sin mancar na mirada, sin ferir a imaxinación. Agradando á vista e recreando a intención.
Buscada por mestres, procurada por doutores. Admiración de filósofos, obsesión de arquitectos.
Cecais por iso teñen moito mérito, e son moi aprezados, os encaixes harmónicos da proporción.

Foto: Simetría da proporción. Casiña, árbore e tacón.

23 comentarios:

xenevra dixo...

E falan de corpos ben proporcionados mais non de almas en proporción ao corpo nin á intelixencia. Mestres, doutores e filósofos seguen ancorados nas teses das proporcións matemáticas, esquecendo que o verdadeiramente importante é inconmensurábel.

A.C. dixo...

Hai que ter bon ollo para trazar a liña que une a casiña estreita coa arbore noviña e que morre nos taconazos da moza. Pero inda ten mais merito que con ese argumento logres ser convincente cando falas da proporción. Bicos

Carlosm dixo...

Gosto da desproporciom bem proporcionada. Gosto da Taionesa e a praza na que se ubica(...) Mais que dos tacons gosto (coma ti?) das que taconean.Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

XENEVRA: Apostaría todas as casas da Coruña a que cada filósofo ten a súa idea de proporción e o seu sentido de proporcionalidade...

A.C.: E que che fai a ti pensar que a liña diagonal que ti tan avispadamente trazaches non nace precisamente nos taconazos da moza?? ;-)

CARLOSM: Xa me dirás ti que ía ser dos tacóns inertes sin a vitalidade dos pés que os fan andar con arte e donaire, producindo música a cada pasiño...

susana moo dixo...

o teu post de hoxe semella unha coplila: casa árbore tacón.
Moita verticalidade Chousa, en qué raio pensas?

Trasno dixo...

jejeje seguro que quen suscitou a clic da tua cámara foi o tacón. A proporción buscácheslla despois.

Raposo dixo...

Poida que exista unha proporción auréa entre tacón, rapaza, árbore e casa. Vou estudiar este caso agora mesmo.

don vito andolina dixo...

Hola Chousa,regreso ligero de equipaje a tu hermosa casa,aquí me quedo, muy agradecido,gracias, pasa buen día, besos efímeros...

Pitima dixo...

Sí que ten musicalidade o texto sí...

Vou ver se fago algo con él... Xastamos...
Non ho... nada malo...
Diversión nonmáis.... jajaja


Bicos esveltos e proporcionados... sen tacón!

mfc dixo...

A casa está um pouquito anoréxica, não?!

Kaplan dixo...

A casa que nos mostra, desanxeladiña e como á intemperie, non apostaría a que foi concibida coa proporción áurea.

mariola dixo...

Bonito texto que me invita a poñelo en poema, será pola súa rima, polo toque musiquiña que leva...
Moita proporción non haberá, pero tamén ten o seu encanto.
un biquiño outonal.

mariajesusparadela dixo...

Pero o balcón mostra a súa boca e ise nariz, metade acatarrado, pode que sexa o que fai que os ollos, ainda abertos, non teñan luz.

paideleo dixo...

Valença ten estes detalles e máis.

GINEBRA dixo...

Esos tacones no son proporcionados (si te caes de ahí puedes matarte;)
Me ha encantado el comentario de Xenevra, opino lo mismo, con lo cual me sobran las palabras, porque ella ya lo ha dicho todo.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

SUSANA MOO: A verticalidade tamén axuda a constatar con excelente perspectiva o leve pestaneo e con dulce deslizamento a sonrisa. (Non che podo dicir en qué penso, para que non saibas tanto coma min jajaja)

TRASNO: O tacón ou a taconeadora, non andas nada lonxe na túa apreciación. Ves, como aínda non dicíndoo xa sabedes do meu pensamento? Mira que se chego a expoñelo todo...xa escribides vos a Chousa!

RAPOSO: Todo é quererlla buscar, que as matemáticas poden estarricarse coma un chicle para arrimar a brasa cara o noso chourizo...:-)

Chousa da Alcandra dixo...

DON VITO: Ledo de que se quede, aprezo a súa presenza pola Chousa. (Estou chegando á conclusión de que todos os bicos son efímeros; vai ser por iso que hai que repetilos con vehemencia).

PITIMA: Ai, pois xa me gustaría ver o resultado desa "acción boa" co texto. Anímate!!!. Podes alterar a orde dos substantivos onde sexa preciso; incluso modificar palabras para buscar a métrica que consideres. Veña!!!

MFC: Estreita si que é, si. Mesmo semella deseñada por El Greco; á que si?. Por iso "encaixa" coa delgadez da árbore e coa agulla do tacón.

Chousa da Alcandra dixo...

KAPLAN: A casiña da Taionesa ofrece este "desánxelo" cara este lado que eu capturei, pero o que lle falta de fronte, teno sobrado de fondo. A min semelloume unha cara.

MARIOLA: Pois vai ser a semente de poesía que deixara en min aquela primeira moza de ollos negros e mirada clara. Igual é o subconscente poetizador que tenta emerxer sobre a capa freática de prosa que ten por riba. En todo caso tomo como un piropo que unha poeta me diga estas cousas :-)

MARIA JESUS: Xusto!. Iso foi o primeiro que vin eu, incluindo os ollos tristes(boeeeeno, vaaaale; despois da taconeadora). O que sí me gusta é ese aporte catarreiro que ti lle ves.

Chousa da Alcandra dixo...

PAI DE LEO: Cachado, si señor!. Praça da República na Fortaleça en Valença do Minho. E tantos detalles que ten!. Foi unha mañán moi proveitosa no entretenemento, rendedeira en imaxes e pracenteira no gastronómico tamén.

GINEBRA: Poda que á taconeadora lle guste o risco jajaja.
E si, eu tamén concordo no plano filosófico coa vosa apreciación; pero moitas veces a oportunidade de coñecer a fortaleza do fémur e o excelente estado do cartilago rotuliano dalla a suavidade da epiderme... ;-)

Pitima dixo...

Xa cometín a tropelía...

ai.. cómo me divertín...

Vouno publicar, sen esperar ó teu permiso...

Ti o quixeches... jaja

Oes, qué difícil é a música...
É máis doado poñer letra a unha melodía que ó revés. Boeno, tampouco se lle pode chamar canción ó que eu fixen, pero ten ritmo e é divertido de cantar e de escoitar.
A min chégame. Doume cun canto nos dentes... jajaja.

Bico percusionado.

Chousa da Alcandra dixo...

A Chousa sempre coxeou do complemento musical que alternase ó canto dos grilos habitual. E vai ser por aquelo de que na casa do ferreiro...
Por iso veño de enzoufarme os oidos na ledicia percusionista que nos pon esta blogueira de pro que se chama Pitima e que nos aporta un excelente complemento musical
Abraiado fico

zeltia dixo...

E que vou dicir eu despois de ler todos eses comentarios?

o texto está moi ben traballado, as palabras escollidas non só polo significado, se non pola súa sonoridade. así que hai que felicitar polo traballo ben feito!, pero tanta excusa de casa de árbore de praza só para ir dar ca vista no taconazo da moza...! non me gustan os tacóns, pareceránvos sexies de ver tanta publicidade na que se incorporan mozas belísimas con tacóns imposibles. (nin os quitan para follar nas pelis porno, según me din que eu desas cousas non vexo jajaja).
así que, que non se diga, un home defensor da muller coma tí, e perpetuando ese xeito de escravitude feminina...!

:-)

bicos escraviños de todo.

zeltia dixo...

Vou ver o traballo de Pitima...!