luns, 8 de agosto de 2011

Confianza

Os gobernos de medio mundo andan enleados na aplicación, uns con máis rigor que outros, de medidas encamiñadas a tentar recuperar as ratios económicas perdidas.
Ogallá se decaten axiña de que o necesario é lograr contaminar á sociedade con bonos de seguridade, accións de esperanza e pagarés de ánimo. A economía está sobrada de vendedores de fume e sumamente carenciada de confianza.
De pouco sirve que nos digan as virguerías que se poden facer pilotando un Ferrari, se o que temos é un Seiscentos.

Foto: Confiando no chimpín.

24 comentarios:

Anónimo dixo...

Ao parecer, hai quen considera bonos lixo a esperanza, o ánimo e a seguridade. Tamén é certo que o mundo nunca será xa o mesmo, e iso inclúe os primeiros e tatexantes pasos do 15-M.
Resistamos e reaccionemos.

Carmen D. dixo...

Creo que hace años que no he visto uno de esos!!
Manda carallo, je. Y me ha hecho recordar a una señora que llevaba a su hija en tractor a un colegio privado a unos veinte km de su casa por no pagar el transporte, y por decir que la niña era más que las otras de la aldea y por eso no iba a un colegio público...

Biquiños!!

Carmen.

J Cima D Vila dixo...

Hai unha canción creo que do grupo skornabois chamada "da confianza veñen os abusos". Hacho que lle viría ven a entrada :D O problema da nosa sociedade é que todos queremos ferraris e ningún seiscentos...

Manolo Blog dixo...

Xa non somos de fiar: perdimolo crédito...

AA+ para o chimpín (tería a triple A se fose de tracción animal).

Dilaida dixo...

O problema é cando durante unha temporada che permiten conducir o Ferrari, aínda que non sexa teu, despois costa adaptar o corpo aos asentos do seiscentos.

Paz Zeltia dixo...

Eu non sei o que "a sociedade" precisa... pero xa que todos a conformamos, pola miña parte ten por seguro que me virían moi ben unhas doses de seguridade, esperanza e ánimo

doses que che desexo tamén para tí, inda que nas precisares.

mariajesusparadela dixo...

Pois voulle dicir: ten moita mais capacidade o primeiro vehículo...tárdase máis en chegar, pero si damos chegado á oferta, eu voto polo tractor.

mfc dixo...

Tudo podia ser mais fácil... se alguns (poucos) quisessem!!

Marisa dixo...

Que ben o soubeches
argallar,iso é que son,
vendedores de fume
non vai ser doado
recuperar esa confianza
da que falas.

Bicos dende a miña Xanela.

Carlosm dixo...

Pensam que inxectando cartos todo se amanha e, de certo, o que fai falla e unha boa jeringa de confianza. Sí senhor!
E o patrón do chimpin se tem confianza no seu aparelho faille a mesma funcion que un todoterreo de ultima gama. Di que si. Saudos. Carlosm

Anónimo dixo...

Y como vamos a confiar en que solucionen el caos quienes lo crearon?. Tu intención es buena, pero esa medicina ya no va a ser eficaz para esta gangrena. Yo creo que es necesario amputar.
La foto es genuina.

paideleo dixo...

A xentiña do chimpín foia máis lista de todos.
Outros querían andar con Audis e agora andan empeñados.
Gustoume o sitio especial para gardar as luvas do condutor do chimpín.

mariola dixo...

Eu contaminaría a sociedade con xermolos de vida, con apertas, con humildade, repartiría lucidez e cordura...
Quédanos un longo camiño por percorrer, reaccionaremos a tempo?
un abrazo .

Trasno dixo...

Non entendo moito de bolsa, pero penso que xa nos roubaron a carteira varias veces agora vai ser complicado recuperar esa confianza que dis.

pitima dixo...

Claro. A foto é xenial.... É un.. mira... xa nos arreglaremos.
E arreglar imos arreglar. Non podemos esperar ós gobernos porque das peores crises sempre houbo que saír así, a forza de tirar palante os de abaixo, e os do medio... E o chimpín ha de tirar, descapotable e sen tecnoloxías subsceptibles de escarallarse de tan delicadas. Pois hala, pa diante.

Bicos con tracción ás dúas rodas (non fai falla máis)..

ANTON dixo...

Tal como vai a cousa teremos que ir todos co chimpin ou coa carreta. Ou non ir.Eso si a confianza que non falte

Chousa da Alcandra dixo...

A confianza da que falo, Antón, inclue a idea de que -precisamente- a cousa non vai ser así.
Vou ter que afinar máis os sermóns...

Magdalena Malungo dixo...

Dificil recuperar a confianza nestes politicos que temos... Eu penso que o divorcio non ten marcha atrás... Onde andan eses noivos dos que falas?

Mer dixo...

Polo de agora o único no que podemos confiar é na proximidade do copago na sanidade, e tempo ao tempo porque dígoche eu que todo empeorará, estamos peor do que nos queren dicir.

Concha L. F. dixo...

Ben. Somos así. Ou así é algunha xente que, en pleno declive da empresa, opta polo Ferrari para si mesmo e a continuación entra en suspensión de pagos, deixando a quen confiaba nel de patas na rúa, con ou sin 600...

Como para seguir confiando, oes!

Chousa da Alcandra dixo...

Ben sei que vos pido un exercicio complexo no comprimento e difícil de plantexar. Sempre se dixo que onde había confianza daba noxo e se na actualidade hai cousas noxentas sin confianza...démoslle a volta a situación!!! :-)
Envíovos saúdos coas lubas dende o meu chimpín.

La Otra dixo...

Yo hago virguerías en el Seiscientos y confío en que el del Ferrari me sonría y mire con añoranza

Chousa da Alcandra dixo...

Hoxe nun seiscentos a única virguería que se pode facer é conservalo como é debido; así que déixate de fardar.

matrioska_verde dixo...

o un Forito averiado.

biquiños,