domingo, 25 de abril de 2010

Rutina

Amodiño pero sen detención posible; suavemente pero con ritmo decidido; lene dende a distancia e intenso na cercanía.
Paseniñamente vai colándose entre a lencería fina que adorna a curvatura celeste, quentando -simplemente coa súa presencia- os glúteos montañosos do horizonte. Con inusitada delicadeza e idéntica decisión clávase entre as esquinas do mundo, despois de describir un semicírculo de flirteo con 180 graos de seducción.
Non lle importou a miña mirada voyeur dende a fiestra oeste para penetrar con decisión na íntima necesidade do outro lado do mundo.
Iso sí; mentras me chiscaba un ollo, prometeume que mañán voltaría a materializar a cópula que unirá un lado co outro. E que, outra vez, virá para coroar a cúpula do ceo, completando así a súa marabillosa, vital e cálida rutina.

Foto: Dende a miña fiestra

39 comentarios:

Marisa dixo...

Que cousiñas bonitas
nos traes hoxe dende
a tua fiestra.
Que siga así quentándonos
cos seus raios e unindo
nese espiritual flirteo
un mundo co outro.

Biquiños dende a miña
xanela.

xenevra dixo...

Hai rutinas marabillosas e marabillosas rutinas. E hai rutinas que non o son porque a mirada leste que as descobre admíraas cada día dun xeito diferente, agardando esa chiscadela, ou un roce suave que pinte un sorriso tan lene e delicado coma as túas palabras. Se a imaxe é preciosa, as palabras son un delicioso suspiro!!!
Envexa de ventá, cagho nas troitas!!!

Paz Zeltia dixo...

vaia vista tés dende a túa fiestra leste (eu xa precisaría un compás para orientarme)

pois aquí me tés lendo estas cousas que escribes, antes de ir para a cama!, cousas coma flirteos de 180 graos (soa moi ben)
penetracións decididas; materializar cópulas.
e todo moi adornadiño de adxetivos íntimos e suxerentes.
fixeches aí unha metáfora ben fermosa coa posta do sol clavándose entre as esquinas do mundo.

Nesa esperanza de que mañán será outro día, que é certeza para o sol, deixoche un bico de boas noites.

A nena do paraugas dixo...

As fiestras poden taer aos ollos os detalles que se perden na visión global. Só hai que ter paciencia e agardar que o conxunto amose esa pequena parte da natureza que nos permite vernos coma seres minúsculos e, mesmo ás veces, ridículos que somos. Porque no fondo non somos máis nada que un gran de area perdido, por moita importancia que nos queiramos dar.

Saudiños soleados.

mariajesusparadela dixo...

Teño que confesar que eu, este ano, estou namorada, toliña perdida, polo sol.
Pero, condenado, non lle me fai caso nengún: ven cando quere y marcha, para o meu gusto, demasiado pronto.

(¿vostede non viu a miña segadora?eu non sei cantos cabalos ten ela; eu teño dous e, polo tanto, cómpreme algo xeitoso, non de xogar. Anda a súa foto polo meu blogue, non sei cando pero neste mes de abril, seguro. Eu non sego para xogar .)

Harmonía dixo...

Preciosa imaxe e marabillosa rutina.

Raposo dixo...

Os glúteos montañosos!!! Eu cando vexo montañas penso en tetas pero, boh, cada un o seu.
E xa calo porque aínda non van chamar machistas, obsesos, ou cousas peores!

irene dixo...

Luego dicen que las rutinas son malas y aburridas, hay rutinas muy hermosas, como esta que nos narras.
Me encanta esta foto desde tu ventana.
Moitos biquiños, Chousa.

fonsilleda dixo...

Jajajajaja. Haberá xente mal pensada?

fonsilleda dixo...

¡Que falta nos fai este ano!.
Velo, sentilo na pel, poder aceptar esa chiscadela que nos fai cando se retira a descansar, tras uns glúteos suaves ou unhas Cíes que están para algo...
Bicos lembrando onte e ainda con emoción.

Paz Zeltia dixo...

haina, fonsilleda, aquí tés unha! ;-)

[oiches, chousa, vaia finta, ché]
¬ ¬

(ó fin tanto che me tén, para puntos, os filipinos)

susana moo dixo...

corrícheste?

Markesa Merteuil dixo...

Nótote primaveral... :D

Chousa da Alcandra dixo...

Marisa: Que non se apague o flirteo solar. Nin os outros tampouco!; aínda que sexan con menos graos centígrados, que convén quecer, pero non derreterse...

Xenevra: Hai piropos fermosos e fermosos piropos. Os que ti dixeches, gústanme dos dous xeitos. E que ben suspiras, cagho nos peixes!

Zeltia: Pois a vista que teño é ben xeitosa, si; pero xuraría que o sol íase cara a Coruña. Non o viches?. A finta…ventaxas do non directo jajaja. Tampouco nos imos enfadar por un quítamealláesepuntocardinal.

A nena do paraugas: Enmarcarei na miña memoria, como enmarcan o mundo as xanelas, os teus saudiños soleados; que moi bonitos van quedar tanto no conxunto como no detalle.

Mariajesusparadela: Así fan os máis prezados amantes: que veñen cando lles peta e marchan cando queren. Eu tamén teño ganas de sol este ano de nubosidades variables e reiteradas. (Xa vin o seu chimpín. Un día pídollo prestado)

Harmonía: E co teu comentario gañando en harmonía e intensidade. Pero non penses que foi casual: estiven agochado agardando o momento oportuno para pillalo!

Raposo: Eu tamén penso igual (verderolos e machistas e cousas peores nos dirán); pero nesta narración víñame mellor un cu, e por iso tomei a licencia de baixar un chisco na anatomía.

Irene: Sempre din que as rutinas son cansinas e aburridas; pero cando nos faltan...moito as buscamos!. Con todo, nihil obstact que en certos eidos se apliquen variedades tamén eh…

Fonsilleda: Pois non pensara nas Cíes para engadirlle humedade á escea...
E madia leva se hai xente mal pensada, que ata xa penso mal eu jajajaja. (Tamén coa emoción da casualidade aínda presente).

Rula: Que vivan as rutinas visionarias logo, e nun alarde de xenerosidade comparto a miña vista privilexiada; pero non me deixes sin bicos de norte a sur; que cardinalmente gústanme o que se ven dicindo “atutiplé”.

Susanamoo: Sei que a pregunta é retórica, posto que son conscente de que non ignoras que para que a foto teña a nitidez pixelizadora necesaria, é conditio sine qua non que o fotógrafo non se mova/corra dun lado para outro...

Markesa Merteuil: Non tento disimulalo de todo; pero –sinceramente- se tanto se me nota, poda que debera ser menos obvio nas miñas primaveradas. Prometo máis recato na próxima posta de sol :P

LM dixo...

mi madrinha como anda a chousa pelo leste...
beijinhos

Carmen Graña Barreiro dixo...

Vaia vistas que tés dende a túa fiestra. Quen me dera a min ver uns bos glúteos... no horizonte montañoso.
Biquiños

Sun Iou Miou dixo...

É o que nos vai salvando: o sol ponse e volve saír, ás veces, incluso, sedutoramente.

Ginebra dixo...

Una manera muy sensual para describir el milagro que ocurre cada tarde y que puede compararse con el acercamiento de dos amantes que se desean. Me encantó. Besos

A do outro lado da xanela dixo...

Ó final ata as cousas máis bizarras poden ser unha rutina...

Gústanme as vistas dende a túa xanela ;)

(tanto a dixital como a outra).

Un bico!

Carlosm dixo...

Já vejo que continuas tamen co lapis afiado. O dos 180º foi moi logrado (e se hai que facerem 360 tambem se fan).Saudos. Carlosm

Bolboreteira dixo...

Qué fermosa descripción dun atardecer. É unha das cousas máis poeticas e místicas que existen.Sempre me sorprende a beleza dunha posta de sol por moitas que teña visto.
Fermoso texto e fermosa foto.
Bicos

Dilaida dixo...

Voulle confesar algo, o outro día lin a súa entrada, pero estaba tan cansa que non tiña ánimo algún para comentar. Funme á cama coa idea de que vostede vía o solpor dende o leste. Hoxe volvín a ler e vexo que non que a fiestra está ben situada e agora teño a dúbida, lin mal ou correxiuno vostede?.
Xa quixera eu ter unha fiestra así todos os días, só as fins de semana, podo ver cousas tan fermosas.
Bicos

busto.agolada dixo...

Esas nubes iluminadas do solpor=lencería fina, unha orixinal metáfora e unha foto fermosa que mira cara a ese espazo común que compartimos.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

LM: De leste a oeste e de norte a sur, a Chousa esboura en aromas que fan perder o sentido por veces. Incluido o "chouseiro" :-)

Carmen: Pois todo é cuestión de ubicarse no sitio axeitado. Faime caso. Habelos hainos...jajaja

Sun Iou Miou: A natureza ten moitísimos ingredientes da seducción máis pura (e impura tamén). So hai que abrir os ollos e mirar...

Ginebra: Si, comparar comparei; pero a cadencia e tempero do sol incrustándose nos "glúteos montañosos" é complicada de igualar. Por premuras humanas...jajaja

A do outro lado da xanela: Xa vexo que me cachaches a "outra mirada". Boeno, o certo é que non a oculto moito que se diga tampouco :-)

Bolboreteira: E que para unha bolboreta ten que ser a repanocha unha posta de sol. Graciñas por mirar a miña e valorala así de ben.

Dilaida: Outra que me cachou o desliz!. Vostede fixo o que debera facer eu: non escribir con sono. Así non tería que editar erros tan monumentais como "poñer o sol por Antequera". Pero é o que hai...

Anónimo dixo...

O sol, a estas alturas da película, ten xa pouco pudor: boa calor que dá e cos anos que ten!

Chousa da Alcandra dixo...

Busto Agolada: De seguro que ambos podíamos estar vendo a mesma "lencería fina" practicamente na mesma hora Manolo. A saber cantos voyeurs ten o sol no intre do luscofusco...

Kaplan: Vostede pensa logo que o pudor esvaece co paso do tempo?. Definitivamente son moi noviño aínda: estou cargado deles!
Sigamos arrimadiños ó sol que máis quenta, sen esquecer que o que a boa árbore se arrima...

la cocina de frabisa dixo...

Preciosa fotografía, Chousa!!

Me gusta mucho, pero no sería lo mismo sin tus hermosas palabras, dignas compañeras de una deliciosa imagen.

biquiños

matrioska_verde dixo...

¡vaia como andan os blogs!, afectados pola primaveira...

¿e logo ti dís se o que lles ocurrea Jacobo e Mateo, non sería moito para unha primeira cita?... a verdadea a mín pareceume unha primeira cita estupenda por eso a escribín, claro ¿porque hai que esperar? ¿onde están escritas as normas do que debe ou non facerse nunha primeira cita?... o que hai que facer e deixar que de cando en vez nos arrebate a paixón e saír así da RUTINA.

has ter que explicarme de onde sacaches os "dous"... porque eu non acabo de velos... eu só escribín "un"... tes que ir ó médico porque para mín que che deu moito o sol na testa... así convertécheste en vouyeur e ves lencería fina, glúteos, flirteos... nunha posta de sol...

a túa sí que é unha imaxinación portentosa, rapaz... je je je

biquiños,

BRABIDO dixo...

Que seria deste vida sin esa "rutina",sin eses amaneceres e atardeceres,sin esa "rutina " de vran estumballado na area e o principal e non menos importante esa calor que da o corpo e que fai que este che pida uns "cubatiñas".

Hoxe no condado caen piscos.

Saúdos

galmar dixo...

Que fermoso solpor!!! Gústame!! A min encántame, no verán, o bico que lle da o sol ao Atlántico na praia do Orzán na Coruña:)) hehehe :)) a cadela, Core, merece o mellor dos donos/as :))) Biquiñosssss

paideleo dixo...

Unsolpor que non ten que envexar a un con mar e eu, coma o raposo,vexo senos e non glúteos nas montañas pero bueno.

Anna Mora dixo...

Magnifica puesta de sol , i lo que has escrito muy bien buscado !!! jeje
Petons Catalans !
Anna

Merce dixo...

Naturalmente, delicada e...

suxerinte :)

A tua fiestra e mudo testigo desta fermosa conxuncion que desta vez e sen sabelo, deixou a sua pegada nunha curiosa e inqueda retina...

E ademais de delicada e suxerinte, tamen e fermosa :)

Biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

Frabisa: Dis eso pq me miras con bos ollos. Pero a min gústame igual; así que podes decilo sin problema. Jajajaja. Graciñas por mirar a posta de sol de Antas así de ben.

Aldabra: A primavera o sangue altera!. E espera ti, que xa verás como se pon cando entre maio florido. Vai ser un non parar!.
(O dos "dous" do teu post, xa cho expliquei no meu comentario. Mira ben.

Brabido: Levas razón compañeiro: que sería de nós sen todo iso e...alguén con quen compartilo!.
Hoxe petisca (con forza por veces) en Antas.

galicia maravillas: Seguriño que no Orzán o sol déitase coa mar con moita fermosura, mollándose un ó outro ata o cumio...

Paideleo: Os do interior tamén temos fermosuras que amosar. Ben sei que din da posta de sol de Oia, que tiven ocasión de fotografiar tamén; pero esta...é a da miña fiestra!. A ver se sigue animándose o persoal a amosarnos as súas vistas tamén.

Anna Mora: Este é o mesmo sol que nos enviades dende Catalunya para que o "deitemos" no Atlántico. E xa ves que o fai con moito arte. Graciñas por vir velo á Chousa.

Merce: Facíame falta a perspectiva fotográfica dunha mestra para elexir o obxectivo adecuado; pero asegúroche que no meu ollo vese sempre coa perfección absoluta. E fuxe con lentitude primeiro, e nun tris cando se vai ocultando tras os montes. Menos mal que ó día seguinte volta para completar a súa órbita!

Alís dixo...

Sensual rutina. ¡E repítese a diario! Eu firmaba xa mesmo...

Un bico (suave, pero decidido)

Chousa da Alcandra dixo...

Busca unha notaría, que eu firmo tamén ;-)

Alís dixo...

firmamos xuntos?

Chousa da Alcandra dixo...

Certamente hai cuestións que requiren unidade de acto. Acomodemos as axendas polo tanto...

Anónimo dixo...

Xa di todo o mundo que o seso é importante. O sexo, máis. A ver por qué se non ía andar o sol tódolos-santos-días-de-nuestro-señor nestas andainas...
É ou non é?

apertas de primavera fracasada (e que non veñan piores)