domingo, 13 de decembro de 2009

Vestixio

Impresiona saberte alicerce da industria dun país. Hoxe, que ainda amosas os restos da gallardía doutrora, vísteste de musgo verde para camuflar a desidia na que te abandoan.
Antonte vestixio dun esplendor máximo; hoxe indicio de illamento inservible.
Visita obrigada de antano; esquecemento absoluto actual. Xa non vales, xa non sirves.
Unicamente podes moer os teus recordos e facelos fariña de historias segredas...
A maquía está infravalorada e so cotiza nos mercados do romanticismo.
Sinto mágoa de pensar que cecais dentro duns anos, ó Gaiás pasaralle outro tanto...

Foto: Muiño sen muiñeira nin fariña.

38 comentarios:

Anónimo dixo...

Somos nós agora os muiñeiros do que ha de ser.
E canto ao Gaiás, máis que parecido coas maquías véxollo coas pirámides dos faraóns.
Saúdo

mariajesusparadela dixo...

Preciosa foto. Encántanme os muiños.
Ahora a xente úsaos de vivenda e, se son axeitados, quedan preciosos e sen deterioro.

Ginebra dixo...

Siempre se siente tristeza ante las ruinas de lo que fue esplendor un día, como bien dices, y es herrumbre o piedra olvidada otro... No sé hacia donde caminamos, lo que queremos, pero dejamos tantas cosas en el camino...
Me gusta venir por aquí. Leer y traducir esa lengua tan suave. Tus fotos y tus cosas. Besos

Dilaida dixo...

Ese muíño o mesmo que a maioría que cobren a xeografía galega, seguro que os seus alicerces se formaron grazas a suor e traballo de galegos. Sen dúbida que cumpriron amplamente o seu papel e axudaron a dar de comer a varias xeracións, seguro tamén que todos eles están cheos de recordos e vellas historias secretas. Agora é unha mágoa que como xa pasou a súa etapa, tamén nos esquezamos deles. Non sei que será do Gaiás nun futuro, é difícil sabelo cando aínda non coñecemos o presente, pero vai ser difícil que esquezamos os cartiños públicos que se están a enterrar no soño dun home.

Unknown dixo...

Coas belas palabras que escribes e dificil deixar un comentario.
¿Porque non cuidamos o nosso patrimonio?

Na minha viaje, deume pena ver como están os monumentos. Non os cuidan,e perdemos historia.

Bicos

paideleo dixo...

O Gaiás quedará para os arqueólogos de dentro de 2000 anos adiviñen que función tiña. Terano difícil porque iso aínda non o sabemos nós hoxe.

Carlos Sousa dixo...

Ah! Pero no Gaiás hai algo?

Non sei, pero me parece que o que hai e nada, máis ou menos ven sendo o mesmo. Haberá que darlle tempo e outro feixe de millóns...

maruxiña dixo...

tin tin tin ... intres publicitarios...

Aquí en Chantada restauraron un muíño a carón do río e quedou unha preciosidade, por se interesa a entrada e de balde jijiji

tin tin tin... fin da publicidade jijiji

Biquiños rapaz!!!

fonsilleda dixo...

Son moi fermosos os muiños, ainda así, vellos cubertos de musgo.
¿Coñeces os de Folón e Picón?, paga a pena.
Bicos.

Zeltia dixo...

... e a onde vai toda esa forza da auga que seguirá a ir pola canle? xa non hai rodicios que mover, nin moas que xirar...
sempre me producen unha emoción extraña os muiños de auga, camuflados de verde agochados nos profundos, non se sabe de qué, nin de quen, encerrando nas pedras historias das xentes do pasado.

Carlosm dixo...

Aos muinhos debemos unha das pezas musicais máis conhecidas de Galiza: a muinheira. So por iso debería ser motivo de coidado especial para eles. Forman parte do noso patrimonio cultural.
Do Gaiás nom falo, que me encabreo moito e non quero.
Apertas
Carlosm

Bolboreteira dixo...

Pena do muiño! Como este tantos e tantos..pouco se cuida o patrimonio por estas terras, que lle imos facer.
O da alameda de Chantada quedou ben bonito e o seu partido lle están sacando.
Bicos!

Maca dixo...

Fermoso aínda no seu esquecemento ese muiño.
Moi bon o do Gaias, jaja

Maribel-bel dixo...

Gústache a pedra(coma mín)e os oficios sen complicados sistemas. Cerca de onde vivo, restauraron un muiño e a casa para turismo rural, Funciona coa auga do río..é unha impresionante estampa(ainda que só sirva de bonita-restauración-dopasado. Biquiños actuais.

susana moo dixo...

Disque o que de novo bailou ben, de vello ainda lle da un xeito, e este muíño teu é moi xeitoso. Non digo era, digo é, porque ainda fai a súa función. Acaso non está ahí para relembrarnos iso de que tempus fugit e a obligatoriedade moral de cumprir a filosofía do carpe diem?
.

Nese muíño de seguro se moeu moito pero agora, amigo Chousa, agora tócanos a nós.

galmar dixo...

creo que desde nena teño certo gusto polo inútil, ou polo que para uns é inútil, para outros pode non selo :) bonita foto! a tiraches ti?
un bico!!

HADEX dixo...

Boísimo o post, e boísimo o comentario de Paideleo...hehehe...pola zona onde temos a finca andan restaurando os muíños....a min parécenme santuarios antropolóxicos...

Marisa dixo...

Cantas historias contaría,
se poidera ese muíño.
Agora a maioría deles
atópanse así, cheíños
de silvas e de musgo.
Da mágoa velos.

Unha estupenda entrada.

Biquiños.

Markesa Merteuil dixo...

A mín entristéceme aínda máis que iso saber que en mmoitas casas hai quen se sinte así, como o vestixio do que un día foi e como alguén que xa non serve.

matrioska_verde dixo...

Creo que todo está dito xa, outros antes que mín falaron ben sobre os temas que propós.

Así que a mín só se me ocorre decir que como esas ruínas, acabaremos todos nós: vellos. E enredados neses recordos que non acaban de chegar ó seu debidto tempo.

¿E quén es ti? ¿Porque estás durmindo aquí ó meu carón? ¿Eu tiven un fillo?

Biquiños e boas noites.

P.d.: tiven que buscar varias palabras no diccionario; fixécheme traballar moito ;-)

Anónimo dixo...

CHUOS GINEBRA VAIA FOTO DE PERFIL

pitima dixo...

Eu querería escoitar, ou ler, ou coñecer con algunha fórmula máxica esas historias segredas feitas con fariña de recordos.... ;)
Os mercados do romanticismo están en pleno auxe!!

Agora vou averigüar qué raio é iso do Gaiás (perdoa a miña supina ingnorancia). É o que ten virte a visitar, que me fas traballar a cabeza sempre, aprendendo, ou buscando a maneira de sorprenderte con novas modalidades de bicos... jajaja

Bicos..... rebozados en fariña desa especial, a que sae de moer os recordos.
Polo que sei, a xente ía a algo máis que moer ós muíños. Esas paredes foron espectadoras de excepción de moitas historias.... segredísimas!! jaja

pitima dixo...

Ah! Vaaaleeee...
Cidade da Cultura... Agora sí.
Outra vez perdón!

Jajaja: a palabra de verificación é REPUNTES!

Anónimo dixo...

No fondo este Chousa é un romántico empedernido. Fai fotos de flores e ponas no blog, reiteradamente fala da natureza, alude case sempre ó amor...e de cando en vez sacúdenos cunha reflexión morriñosa como esta. Non me digades que non.
Ese muiño seguro que ten moito que contar, pero é un bo gardador de secretos e non dirá nada.
Bicos
C.

BRABIDO dixo...

Moitos ae polo condado,un par deles estan ben coidados o resto peor que o da foto,seria bo arranxalos pero logo tamen ae moito bandalismo e creeme só por foder non saben o que facer.

Saúdos

Deambulando con Artabria dixo...

O Gaiás tiñano que tirar abaixo para non poñerme de mala leche cada vez que paso pola autoestrada!!

vintxuca dixo...

Imos ter que facer como os artistas alemáns da Bauhaus e volver ós oficios de toda a vida, muinheiras, muinheiros, ebanistas, carpinteiros, costureiras, plañideiras...
Unha aperta!

Suso Lista dixo...

O tempo pasa pra todpo, e solo caben dúas opcións, conservar ou deixar que se destruan as cousas. Sorte das pirámides, pero moitas outras xa desapareceron pra sempre. Apertas

Raposo dixo...

A diferencia co Gaiás é que este foi feito co diñeiro de todos nós e o despilfarro xa alcanza niveis faraónicos. E xamais aparecerá o muiñeiro responsable desta dessfeita o que pedirlle contas.

A Conxurada dixo...

Por desgracia os muíños e moitas outras cousas están quedando atrás.

beijinhos de neve

~pi dixo...

vale e serve e

serve e vale

luz dos olhos e mais

por

dentro

dos-olhos-de-olhar,

,raiz

casa,

lume

[ que sempre se afaga,





~

Carmen Graña Barreiro dixo...

O paso do tempo fixo estragos no muíño, como en case todo. Pero o peor é o esquecemento no que semella estar metido.
Bicos

Lapis-vermello dixo...

A min dame moita mágoa, ver todo isto.. porque o que antes tiña vida, agora non o ten... ou xa pouco lle queda. En fin, ogallá a xente volva a interesarse por monumentos así.

Veña, saúdos e fermosa fotografía.

Chousa da Alcandra dixo...

Non sintades mágoa polo muiño velliño de Frádegas. Él rise cando o río baixa sereo e disfruta cando corre raudo co caudal cheo.
Vive das lembranzas e de momento aínda confía na restauración.

Grazas a él xurdiron os vosos inxeñosos (e pícaros) comentarios.

A do outro lado da xanela dixo...

Bonita metáfora vital, de como todo pasa e só quedan recordos que van enchendo de musgo ós nosos miolos.

Bico!

Merce dixo...

E una entrada ben fermosa. Iso de moer os recordos gustoume, eu esnaquizábaos, esgazábaos, pero e que asi sempre quedan anacos. Moito mellor moelos e esparexelos ao vento :)

O Gaias... ay, ay, ay!!!

Biquiños

Anónimo dixo...

Tocou-me a imagem, e sobretudo a forma como se expande, por todo o blog, um imenso amor à terra, às raízes, à cultura e à história de uma região.

Benditos os que preservam uma identidade. Povos assim não se perderão no tempo.

Parabéns pelo espaço.

Um abraço brasileiro.

Katyuscia.

Chousa da Alcandra dixo...

Fermosa adicatoria e moi grata visita a túa, Kanauã Kaluanã. Todo un pracer.