Pendurados na hipotenusa do pensamento sensual, tentamos fuxir pola tanxente do desapercibimento para non ser cachados polos ángulos das miradas alleas. Hai ocasións nas que acadamos a precisión logarítmica necesaria para derivar a atención cotilla que pretende saber das nosas intencións. Pero noutras resulta tan evidente a mirada para os senos, que nin siquera pasa desapercibida para calquer cateto presente no triángulo escénico, para canto máis á observada, que se limita a facer semicírculos parpadeantes.
E cando nos cachan cos ollos espetados no plano cartesiano que conforman as dúas nádigas, mentras xogamos a calcular se 3,1416 é un número ou un estado de ánimo, o único que podemos facer é deixarnos de teoremas e rendirnos á evidencia de que o que nos gusta non é a trigonometría...
E cando nos cachan cos ollos espetados no plano cartesiano que conforman as dúas nádigas, mentras xogamos a calcular se 3,1416 é un número ou un estado de ánimo, o único que podemos facer é deixarnos de teoremas e rendirnos á evidencia de que o que nos gusta non é a trigonometría...
Foto: Trípode. Cerramento perimétrico dun pinar en Caldelas (Antas de Ulla)
33 comentarios:
Almorcei coa ledicia da victoria acadada por Aminatu Haidar. Por iso hoxe foi un bo día. Non sempre hai ocasión de tragar os primeiros bocados da xornada cunha excelente noticia!. Normalmente teñen outros matices máis crueis.
Ben sei que o post non ten nada que ver con elo (aínda non toleei de todo), pero xa que non son dado a facerme eco da actualidade nas miñas entradas, sí quero deixar testemuña da ledicia que tal feito me provoca aquí.
E agora volvamos a calcular o arcoseno do ángulo recto...
Pois non, a trigonometría nunca foi o meu forte......pero a anatomía.............. :P
Pero teño que dicir que ainda que por momentos o parece, pola mirada tanxencial aos senos da hipotenusa, non se foi nada pola tanxente (ainda que a secante, que normalmente é a sogra ou a cuñada, mostre os cosenos con afouteza).
din que hai miradas que matan, pero que eu saiba, ainda non morreu ninguén diso. e en cambio hai outras que reviven... a la vista está; clariño de todo!, por moitas hipotenusas, tanxentes, ángulos, logaritmos, derivadas, senos e cosenos, catetos, triángulos, semicírculos, planos cartesianos, pi, e teoremas que lle botes... é evidente :-)
e mariajesusparadela estivo moi ben aí tamén co da secante ;-)
Jajajajaja estiveches moi didáctico hoxe.
Estaba ben claro que o que che gusta non é precisamente a trigonométría.
Estiveches xenial.
P.D. Penso que do final do de Haidar alegrámonos todos.
Polo que vexo, Chousa, ti terías que adicarte máis á trigonometría esférica (Xeometría de Riemann), que á da Xeometría plana de Euclides... eu sei o que che digo ;-)
Unha aperta xeométrica.
Antón.
Antón de Muros: Fágoche caso, amigo Antón. Todo canto podo. E ademáis sei que me aconsellas ben, xa que a xeometría euclidiana, tan encorsetada ela, non permite demasiadas alegrías. Demasiada proporcionalidade...
Fonsilleda: Asegúroche que aprobei esa parte copiando, con chuleta, e -incluso así- metín a gamba. Anos despois fun capaz de concebir mentalmente a idea trigonométrica. Pero agora que xa a teño concebida...sigo na miña teima! :-)
Zeltia: As miradas poden ser matadoras, si;pero a miña profesora de matemáticas era tremendamente dura. Non lle valía con mirala. A moi perversa quería que fósemos capaces de "coller o concepto". Nesa teima conceptual quedei pendurado...jajaja
Mariajesusparadela: Teño que agradecerche profundamente que convidaras a esta festa á secante. Esto de ter comentaristas que están ó quite é unha vantaxe que non se paga con agradecementos. Canto che debo? ;-)
Artabria: Miiiiira carallo; así que a ti pasábache como a min eh?. Pois ti mira que masoca fun eu, que posteriormente acabei cerrando o libro de anatomía e tirei polas ciencias.
Por iso agora ando tentando recuperar a asignatura...
Non son de ciencias... máis o teu teorema penso que tende a infinito porque as tuas palabras amosan verdadeiros sentimentos a par que analizados dende unha perspectiva que eu xamais imaxinaria.
Encantame ^^ (perdoa son nova neste mundo do blog e non atopo como seguirte :( jeje )
Eu sempre entre esquinas(parva) sen remexer nos vértices e nas curvas que provocan o compás das intencións.Chámase aprender e nunca é tarde. Biquiños en cuadrado.
jajaja XASTAMOS :DDDD
Pois a min encántanme as matemáticas, que son moi eróticas.
Menudo número montaches.. jaja
Quedouche moi ben.
Vese que calcular non che da pereza. E se non resulta sempre podes elevar a potencia...
E se escapa pola tanxente xa sabes o que toca...
Multiplícate por cero.. jaja
Mirar hai que mirar... ¡non vas quedar coa incógnita! jaja
E quén dixo que o cálculo era frío.. jaja
Tres bicos.
Despexada queda a incógnita de cal é a túa asignatura preferida, deixando os catetos e as hipotenusas para as mentes máis cuadriculadas.
Unha aperta curvilínea ;)
Claudico diante deses
postes cercenados por
arames que fan ese
triángulo escénico.
A trigonometría
non é o meu forte.
Biquiños.
Oes... logo quéixate de que haxa xente que diga que no teu blog só saen cús... :D
A mín tamén me gustou a nova, pero... non entendo como tardou tanto tempo en chegar.
Mira ti que repaso nos fixeches sobre as matemáticas. A algunhas vennos moi ben (eu sobre todas, que nunca se me deron moi ben). O que non acabo de atoparlle sentido desta vez e a foto do trípode. Ou será o que estou pensando, que de tanto mirar. Non pode ser!
la trigonometría me hizo confabular ciertos augurios y aplicarla de modo exhaustivo para abstraerme hasta de mis pesares...
yo estoy consiente que muchos de nosotros los humanos... somos poliedros irregulares que a veces embonan facilmente pero no hacen el ajuste necesario...
supongo que el engrane se va desgastando.
vaya que es entretenido eso de los cálculos
igual esforzarme que no soy experta en el catalán pero necesitaba venir a expresarme je
bueno un beso
Me gusta tu sentido del humor, tus escritos. Es una suerte haberme cruzado contigo en este mundo virtual.
La trigonometría no es mi fuerte, me temo que tampoco la geometría, jejejejeje.
Muchos besos
so un matemático coma ti podería ver nun solo ollar que o seno dun ángulo é o cociente entre as lonxitudes do cateto oposto ao ángulo e a hipotenusa,prespectiva pura da ciencia que estudia as propiedades das figuras e os conxuntos,a erótica matemática.....
A erótica das palabras: Con ese nome que te puxeches ves que nin pintada para este post. E non teño eu tan claro que, por novata que te declares, non sexas capaz de seguirme...Benvida á Chousa!
Maribel-bel: Se o que ti tés de parviña o tivera eu de ricachón, agora estaría escribíndoche dende unha casa de acollida...Seguro que xa tés ti remexido nos ángulos, incluso nos esdrúxulos (e que nos agudos é moi doado...) ;-)
Pitima: E onde non haberá erotismo se se mira ben?. Ben sei que che gustan as matemáticas e todas as súas reglas. Como tamén sei que sabes aquelo de que o sexo é unha ecuación perfecta; xa que a muller eleva o membro á máxima potencia, encérrao entre paréntese, extráelle factor común e...redúceo á mínima expresión!
Como ides ser malas en matemáticas vos??
Rocío: Si si, queda despexada unha; xa que nos sistemas hai dúas incógnitas e non sempre hai datos para despexalas todas. En todo caso, gustáronme moito os bicos curvilíneos eses. Mirarei de calcularlles o perímetro...
Marisa: Por fin alguén mirou para o trípode de madeira!.
Ben sei que no teu claudicar
o que encerras é picardía,
que ti sabes de trigonometría,
sumas e restas tamén de multiplicar!
Markesa Merteuil: Saen poucos, cando menos de xeito explícito. E que o mundo da imaxinación é imprescindible para concebir o plano e a xeometría na que se incardinan os números...como vou facer sen cús?.
A.C.: A saber que raio estarás pensando ti!!. Que ó final as mentes malpensadas sodes os comentaristas e non o autor.
Esto é como aquelo de que as fai a nai e as pagan os fillos (ou viceversa).
Jo desde la Barandilla: Totalmente de acuerdo; pero convendrás conmigo en que hai poliedros y poliedros...y la contemplación de cada uno es la que es. Ou non?
Me alegro que vinieras a expresarte a esta tu casa; y aunque no seas experta en catalán, te resultará faciliño, ya que aquí...es galega la lengua utilizada!!. Bienvenida también.
Ginebra: Creeme que o pracer é meu por ter existido este cruce virtual entre este xeito de facer unha chousa utópica.
Alédame que saibas captar o humor que pretendo transmitir, aínda que sexa noutra lingua que non é a que habitualmente empregas. Un verdadeiro pracer terte por aquí.
Vermella: jajaja. A ver se un día destes me dis o enderezo da academia na que impartes leccións, que eu quero apuntarme xa para aprender esas ecuacións que descubres.
As propiedades de algunhas figuras necesitan tempo para podelas estudar axeitadamente...
A cousa va de tetillas, por aquí tamben,jejeje
Matematicas, nos son o meu forte, me quedo con lo que os meus olhos veen.
Bicos navideños
Hoxe que dificil o puxeches, falando de trigonometría, eu son de letras e isto faiseme difícil, pero sei recoñecer que 3,1416 non é un número senon un estado de ánimo...
Bicos.
Eu de trigonometría nadiña, nadiña, o pouco que fun capaz de aprender decidir esquecelo ao día seguinte de conseguir que as matemáticas deixasen de ser a materia que sempre deixaba para setembro.
A min o que me chamou a atención foi ese arame de picos, cantos paxariños e outros animais chocarían contra el?
Si que foi unha boa nova o de Aminatu, esperemos que agora non quede todo como estaba antes e o Sáhara teña que seguir coma ata agora.
Bicos
Confésome unha completa ignorante neste tema dos senos, cosenos, etc...así que só paso para desexarche boa noite e aconsellarche que lle fagas caso a Antón. El sabe ;-) ;-)
Chuchiños para espantar a xeada.
Pois eu como son de letras (é o típico que se di nestes casos para non quedar de burriña jijiji) prefiro as linguas...
Biquiños neno!!!
Que elegante se ve ese anclaxe de peche....
A min si que me gustaba moito a trigonometría e ata fun capaz de sacar boa nota (eu suspendía sempre matemáticas). Foi un amor a primeira vista...
Ola!grazas pola foto!
Creo que se escribe así!
Maxistral clase de trigonometria,jajajaja, se ma houbesen explicado así seguramente se me houbera dado mellor do que se me deu..As mates nunca foron o meu.
Bicos !
ummm non che sei nadiña eu de numeros, e un consuelo saber que o post non era unha leccion de trigonometría jajaja Nembargantes si e unha maxistral leccion de quen ten as palabras baixo as suas ordes e deixas sair facendo delas unha delicia literaria.
Mais bicos :)
Ana: A cousa sempre vai de tetillas, Ana. Dun xeito ou do outro...a todos nos gusta esoutra "trigonometría" que tamén é complicada; pero á que nos aplicamos tanto ata acadar graos interesantes de destreza e saber. Ou non? ;-)
Mencía: Tés razón, que Pi ten que ser un estado de ánimo. Eso sí, agora o complicado é determinar tal estado. Se é bo, agradable e placenteiro ou pola contra comporta certa desazón. Eu penso que empezan por esas letras, ten que ser boa cousa...
Dilaida: Setembro tamén é un bo mes para sementar matemáticas!. jajaja. As matemáticas rodéannos por todos lados. Todo é número. Todos son sumas, sustraccións, multiplicacións...mires onde mires, téñente rodeada!.
Cuspedepita: Eres moi lista ti ó evadirte do coñecemento ese...
E xa dixen que lle fago caso a Antón na materia. O que pasa é que ás veces tamén me gusta "interpretar" algunha peza eu solo ;-) Chuuuuchos.
Maruxiña: Pois mira ti por onde, estas matemáticas das que eu falo, venlles moi ben o uso da lingua. De feito podemos concluir que se complementan á perfección; así que non vale escabullirse!.
Hadex: O amor a primeira vista polas matemáticas tivo que xurdirche cando estudaches o segmento. Eu penso que xa nese intre tivo que despertarche a ledicia por elas. Ou non?
E o anclaxe queda fermoso e firme. En Antas somos así. :-)
S.: Non hai de qué. O certo é que a foto viña que nin pintada para o teu blog.
E si, dixéchelo perfecto. Benvida á Chousa!
Bolboreteira: E que o necesario para que as materias queden fixadas na memoria é unha boa pedagoxía. Con eso e algo de voluntada...despois todo é coser e disfrutar!
Merce: Graciñas polo comentario; pero quen ten baixo as súas ordes o poder da comunicación eres ti coas túas magníficas imaxes que nos agasallas no teu blog.
Eu ando tentando aprender, pero...vou en primeiras raias aínda.
Alegroume tamén moito a noticia de Aminatu Haidar, por suposto, unha muller moi valente.
Lucíchete co post de hoxe, vaia que sí. Quedouche redondo. Do teu post á cadratura do círculo non hai nin un milímetro.
Fíxome gracia o dos senos. A algún compañeiro de traballo xa lle teño dito algunha vez: "Fai o favor de mirarme para a cara, home, que se che están caendo un pouco os ollos". Había confianza, claro. Traballo rodeada de homes por todas partes, como si fose unha isliña. Homes uniformados, vestidos de azul (pero non como a moneca) e con gorra de prato... adiviña, adiviñanza.
E xa por útlimo decirche que para mín que o número pi é un estado de ánimo aínda que lle chamen número. Un estado de ánimo de desasosego.
biquiños,
p.d.: fun eu quen suprimiu o comentario, é que me trabuquei.
Levaba un tempo sen pasar e estou pasando un bo intre coas túas historias. Preciosa a dos carteiros. Díos lle de Paciencia como a rúa.
¡Felices festas! desexámosche todo o mellor para este ano 2010.
A.Cris
Aldabra: Facer cadrar o círculo é unha das miñas aspiracións. Eso sí, lévoo con calma e sen presas...
E correxir as miradas en ocasións non ven nada mal, que hai moito piloto...
abueloscrisytoño: Sempre me aleda a vosa presencia pola Chousa e que o paso por ela vos suscite hilaridade.
Tamén vos desexo unhas Festas cargadiñas de ledicia.
inexplicável como o
voo da s ave s,
a infinita permanência
do processo
numérico-trigonómico
[ ou qualquer outra
imensidade
grávida-onómica
] matemático-senso
puro naturalíssimo
paradoxo-anacrónico,
~
Publicar un comentario