xoves, 23 de abril de 2009

Vertical

Aterido pola xeada da noite e doblegado coa saraibada persistente dos tempos, coas veas sesgadas dunha poda agresiva, fendido coas raiolas do sol e rebentado polos envites dos ventos do nordés; aquí sigo: comandando o agro verdecente e amosando o señorío e a compostura. Marcando derrega e linde entre propiedades. Dando sombra a un formigueiro e chamando a atención dende o nabal.
E se voltades mañán, aquí me teredes. Vertical e intrépido. Amosando as medallas dunha guerra que non gañei e lucindo un uniforme do que antonte caían landras a esgalla.
Que ninguén se atreva a chamarme carnocho. Eu sigo sendo o carballo da leira!

Foto: Carballo da leira en Vilapoupre (Antas de Ulla)

30 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

Certo é, ata que chegue un carballo mociño a presumir cos seus aires de xuventude. Non obstante, se é algo listo, mirará para o actual con respecto a fin de poder captar a súa sabedoría e tomar nota de canto lle poida aconsellar.

Barreira dixo...

Ainda secos son duros coma o demo. E non os tira o vento forte porque non teñen frouma. Son aerodinámicos estáticos (carallo, ahí queda iso)
A feira o 17 e o 29 (eu xa non sei cantas veces cho dixen xa; levaba a conta pero perdinme).
Saudos chousa

susanamoo dixo...

Vitalidade, virilidade, madera de carballo a dos galegos de raza.

Alguén chuzou a Chousa, mirade:
http://chuza.org/historia/un-carballo-seco-con-senorio/


chuzádeo!

Carlosm dixo...

Eso, hai que ter ollo para ver incluso a gallardia dun carballo seco no medio do rebumbio primaveral. Parabens pelo razoamento, que ainda non sei moi ben se ben sendo unha apoloxia dos que ,comme tu et comme moi, já imos acadando graduaçoms na escala dos anos (ahí keda iso tammen)

Carlosm

susanamoo dixo...

Por certo, gustoume especialmente o de vertical e intrépido.

LM dixo...

se alguma vez existiu algo sempre queda a semente...
beijos

Carlos Sousa dixo...

A expresión: "Coas veas segadas dunha poda agresiva", que forte! E tan agresiva que non sei si se lle poderá chamar poda. Pero aí o segue en pe, ese si que é duro.

Avelainha dixo...

Que duro es ti ás veces Chousa. Pero tamen me resultan atraintes as tuas palabras cruas e cruentas.
Usas expresións ferintes que cortan coma navallas, pero que ó mesmo tempo relaxan o ánimo cando se mira a imaxe que as preside.
Dalle saúdos meus a ese carballo da Leira de Vilapoupre cando mañán o vaias ver.

A.

anto dixo...

Sufriu unha p(h)oda atroz (unha poda "preventiva"segundo os innovadores Bush-Asnar) e...alá foi pró carallo. Aínda así, cando por baixo do ruído (follaxe) hai algo consistente mesmo despois de morto, coma unha estrela lonxana, é quen de alumar e resistir anos con graza.

Poda ou p(h)oda? Para quen teña dúbida da diferenza...este é phoda.

HADEX dixo...

Que fermoso Chousa, tanto o carballo, o espirito del, como o teu escrito....

CriS dixo...

Vaya, ¿duro invierno?
Bueno, dicen que lo que no nos mata nos hace mas fuertes, y que el que tuvo, retuvo, y ahí le tienes, en pie y marcando territorio, como debe ser.
No se por qué al leerte y ver la foto me acordé de Alejandro Casona en "Los árboles mueren de pie"...

Bcfletes para la sombra y el sol!

A lareira de Santiso dixo...

Vaia! este é un dos textos máis fermosos que che teño lido. Ghústame ben.
Apertas

Maria dixo...

Moi bo o texto Chousa o certo es que a cuestiión é seguir adiante sempre

saudiños!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Marquesa Merteuil: Canto sabes, Marquesa!. Os carballiños novos que se divisan ao outro lado do agro, non fan máis que arrolar as suas pólas para mirar ao grande Carballo. Del aprenden e escoitan. E se non o fan, deberían!!

Barreira: Carballos de cerna dura, que dicían Fuxan nas súas letras. Este é deses, sin duda algunha.
(Agora xa me queda anotado os días de feira. Non teño excusa posible...).

Susanamoo: Mistura de raza e virilidade captadas dun vello carballo, podado en exceso, pero gallardo incluso despois da cirurxía tan agresiva.
(Graciñas por recoller o testigo do Chuza!!).

Carlsm: Con tantos ollos como teño... como non ía velo!!!. Co grande que é e co ben que da no fondo verde da ferraia.
Os anos tamén fan ver máis e mellor, ainda que sexa preciso fixarse un chisco máis. Pero diso sabes ti moito...jaja

LM: Certamente, levas razón. Da imperiosa voluptuosidade de outrora, non podía hoxe ser unha morica de cinza ocre e mórnea.
Aprender da natureza viríanos moi ben. Á que si?

Carlos Sousa: E tan agresiva que foi. Velaquí o resultado. Pero xa o ves a él co garbo e lozanía das súas póliñas secas e núas. Mostra virtual e tanxible da capacidade e o poder da nada. (Aí queda iso!!!)

Avelainha: Non son duro eu; é dura e crúa a realidade. Alédame que che guste como a expreso. Soan doces as tuas palabriñas. Grazas.

Anto: Foi poda para o dono e acabou en foda para o carballo, que rematou indo para o carallo.
Mira que xogos fonéticos me fixeches facer co teu ben pensado comentario...

Hadex: Asegúroche que efectivamente percíbese (e case se pode ulir) o espíritu dese carballo na beira do camiño. Presente e con presencia. Hai vivos con menos brío e intensidade.

Cris: Fas que me ruborice cando me comparas con Casona (letra que tomaron prestada a xente de Mago de Öz para o seu disco "La Ciudad de los árboles"). Por un intre puxéronseme os peliños dos brazos de punta. Agora xa se volveron calmar, i eu volvo ter os pes na terra. Pero graciñas por facerme voar un anaquiño...

A Lareira de Santiso: E que me lees con bos ollos, santisiana. En todo caso agradézoche no nome do Carballo da Leira de Vilapoupre as tuas verbas.
(Xa parezo Juan Marsé recibindo o Cervantes do blogomillo jajaja).

√ Lolylla √: Esa é a idea, Loylla. Continuar sempre o camiño con elegancia no andar ou -simplemente- no estar; que ás veces...manda carallo!.

CriS dixo...

Que luxo para os sentidos... Casona, Mago de Oz, Luar na Lubre... o pavo real das flores e o carballo da leira. E moi boa combinacion non? ;)

bcfletes que seguen voando!

pitima dixo...

Un nada simple carballo...
Podería facer un clube coa miña nada simple folla... jajaja.
Quén sabe! Ó mellor un día destes reverdece e volve a encherse de landras e novas follas que contrasten con esa madeira gris...
Ó mellor non.
Éche lei de vida.. e de morte.
As árbores sonche dignas e altivas hasta no morrer.
Bicos a esgalla dunha que segue viva.. jajaja

Barreira dixo...

Teño que falar un dia destes de carballos. Recorda que son de Carballedo. Por certo, que temos a carballeira cos carballos mais vellos e grandes de Europa.
Eu xa estiven nela pero xa non sei se darei chegado a ela.
Saudos chousiña

Paz Zeltia dixo...

genio y figura hasta la sepultura.
vaille ese refrán ó teu orgulloso carballo.
por certo, que o termo "carnocho", non o coñecía. estiven a pensar como lle chamei eu de sempre, e non me ven á cabeza. busqueino no diccionario, por mor de que viñera un sinónimo que me trouxera á memoria "a miña palabra", e non ven no diccionario...
¡que me devolvan a memoria!

bueno metida nese conto esquecíame decirche que, non sei se adrede ou sen querer, pero quedouche un texto moi poético.

Paz Zeltia dixo...

¿cachopo?

busto.agolada dixo...

Excelente metáfora a desta resistencia vertical na que o carballo supoño podería ser o teu alter ego. Aí, contra vento e tempestades, manténdose erguido despois de ser maltratado polas machadas.Lémbrame dous poemas: un de Celso Emilio (arbre vella, Galicia, fendérona as machadas) e outro de Antonio Machado "A un olmo viejo, hendido por el rayo". Metáforas tamén. A vida é un furacán que nos envolve e nos aborcalla pola lama e polos coios deica deixarnos espidos e inermes.
Resistencia cómpre logo.
Forza, meu, e moitos saúdos.

Noa dixo...

vertical, inquebrantable...
(coma Asturias ;b)

matrioska_verde dixo...

un texto tan majestuoso como el árbol deteriorado por el paso de la vida.
bicos,

Paquito de Penas dixo...

Un veciño meu púxolle unhas rosiñas e non vexas como volveu a campar...
Ois, estaba eu a pensar nesta natureza morta e cheguei a conclusión de que a única natureza morta que da produce arrepios é a nosa :-(

Friol dixo...

Tes un pequeno agasallo e unha encomenda en http://terrasdefriol.blogspot.com/
Felicidades

Chousa da Alcandra dixo...

Cris: Xa ves que luxos extraordinarios. Unha mistura colosal, que se lle unimos o que tamén comenta Busto...tremendo!

Pitima: E que se mostra gallardo incluso co pouco sangue que percorre as suas veas. Para que logo nós nos queixemos cando temos o pelo alporizado polo vento!.
Un bo espello para mirarnos cos ollos pechados.

Barreira: Home, pois se estiveches nela, malo será que non saibas o camiño de novo.
E tés razón, que o carballo está presente (e ben presente) no escudo da noble vila de Carballedo, ainda que nese caso é con follas, non si?

Zeltia: Graciñas polo recoñecemento poético deste pobre arador de sucos de palabras...
No tocante á palabra "carnocho" vai ser que no representante de Antas na RAG en troques de ter un sillón ten un taburete, e non logrou que o escoitasen para incluir a palabriña no diccionario. Pola contra o de Trasdeza sí que debe usar sillón alto:
"cachopas.f. 1. Tronco seco ou a medio secar dunha árbore vella. Unha cachopa dun carballo, dun castiñeiro. 2. Parte do tronco dunha árbore, que sobresae da terra despois de cortada esta. Arrincaron unhas cachopas para facer leña. Ó cortaren os piñeiros quedou o monte cheo de cachopas"

Busto Agolada: Nunca escribimos sobre nós, pero sempre botamos para fora algunhas sensacións e sentimentos. Incluso ás veces sin decatarnos.
Penso que non me sinto coma o carballo da leira; pero...vai ti saber se me analizan o subconscente o que sairía!

Noa: Gustoume esa comparanza que fas con Asturias. E gustoume sin saber moi ben o motivo (se o tes a ben e queres e che peta, xa mo explicarás).

Aldabra: Imposible pasar polo camiño e non velo sempre campeando polos seus foros. Como dicía Zeltia: "genio y figura...".
A carón dese carballo, o día da foto, unha muller de Vilapoupre recitoume uns versos inéditos escritos por ela. Prometeume que me deixaría gravala outro día. Se logro que cumpla a promesa, e me deixa publicalos, será un bo tributo tamén para o carballo seco.

Paquito Penas: Pois levas razón no dos arrepíos. Pero se cadra tamén é que nos vemos máis reflectidos nun cadáver humán que nun vexetal...Os elefantes sás seica dan arrodeos grandes para eludir o paso por cementerios doutros elefantes...

Friol: Graciñas por visitar a Chousa, e por recoñecerme con ese agasallo. Admírovos moito polo traballo tan intenso e que con tanto cariño adicades á vosa vila veciña.
Non quero parecer un desdeñoso gilipinchi por non lucir o premio; pero quen me coñece sabe que eludo sempre facelo; o cal non implica que non o agradeza moito.
Eso sí, quedades linkados na Chousa.

Markesa Merteuil dixo...

Ten vostede un agasallo no meu blog, aínda que penso que xa llo outorgaron nalgunha ocasión.

Elvira Carvalho dixo...

Pena que não se encontre essa mesma verticalidade entre os humanos.
Em Portugal hoje se festeja o dia da Liberdade.
No Sexta, um poema alusivo ao dia.
Um abraço e bom fim de semana

Hermaco dixo...

Frmoso texto, mais tamén hai que saber deixar paso ao novo, aínda que o vello siga en pé, rexo e forte.

Chousa da Alcandra dixo...

Markesa Merteuil: Graciñas por lembrarte de lembrarme. Sempre é unha ledicia ver que iso acontece. E non importa telos repes. Nestes casos importa quen chos da, non o que che da.
Vouno poñer na miña vitrina invisible con toda devoción.

Bicos

Elvira Carvalho: Os humanos collemos horizontalidade por unha leve dor de xeonllo. Somos máis febles; pero ainda así (máis ou menos) dominamos o mundo. Imaxínese se acadásemos a fortaleza da cerna dura dun carballo...(léase tamén Carvalho).
Xúntome, ainda que sexa fora de día, na vosa Festa da Liberdade.

Hermaco: "Guarde para el regalo esta sentancia el autor; si el sabio no aplaude malo. Si el necio aplaude, peor".
O que non dicía era como tiña que poñerse de colorado o autor cando un sabio aplaude...
Obrigado polas tuas palabras e obrigado pola visita.

Kim Basinguer dixo...

Me ha encantado tu entrada y la dignidad del carballo, ¡de cornocho, nada!.