sábado, 21 de marzo de 2009

Motor-izado

Había que saber transformar correctamente a inxente cantidade de enerxía que producimos mentalmente. Sobre todo cando barrenamos dándolle mil voltas ás cousas que, precisamente, so teñen unha volta...
Adoita acontecer nas noites de insomnio. Luz apagada e corpo quedo. Entón todos os novelos de ideas enzarapállanse no disco duro que levamos enriba dos hombreiros, conformando unha madeixa que remata nun bucle estéril que unicamente consegue un espertar cansino.
Por iso, e mentras non se invente o acumulador para esa fonte de enerxía renovábel (digo eu que o será), vai ser preciso lembrar que a cama serve para moitas cousas; pero non para poñer a motora en marcha!

Foto: Peza cerebral nocturna de Chousa

37 comentarios:

Antón de Muros dixo...

Pode que a enerxía mental semelle infinita, mais o corpo e as obrigas de todo tipo fan dela moitas veces unha curva asintótica (que non exponencial) que fica no plano teórico... ;-)

Creo que a proposta de Vieros (coa axuda da Xunta) está feita á túa medida ;-)

Unha aperta.

Antón.

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas pola confianza, Antón; pero xa verás (se non viches xa) como hai unha durísima competencia no Ferve a Rede.
Como ti ben sabes, Galiza é un país tremendamente cálido e cargadiño de sensibilidade que eclosiona de xeito sublime nestes tempos.
Axiña inzará polos blogs a quentura semántica. Xa verás...
(Non te animas?)

Apertas de volta

Anónimo dixo...

Buu...Cantas cousas andan perdidas no pensamento e botamos todo o día a darlle milleiros de voltas que non teñen! Ben certo.E, aínda por riba, tamén pensamos sen ser conscientes de que o estamos a facer... Un mundo curiosísimo o do subconsciente.
Unha aperta.

Barreira dixo...

A cama non serve para poñer a motora en marcha???. Ja, é onde mais comodamente arranca.
Ao final, e sen saber nin como, soese encauzar todo ese torbellino de cousas "papa-enerxia" para dirixirse nunha soa dirección. Si é a correcta ou non xa se verá.
Saudos.

irene dixo...

No sé qué fue primero, si el huevo o la gallina.
Tampoco sé si se dan vueltas a las cosas por el insomnio, o es el insomnio el que te hace dar vueltas a las cosas.
De cualquier manera, utilicemos la cama para dormir y para... otras cosas.
¿Podemos votar en Ferve a Rede?, padezco de insomnio y no me entero muy bien de las cosas, ¿se vota registrándose?.
Biquiños.

CriS dixo...

Creo que haber leído primero lo de Ferve a Rede y luego esto del motor, la cama, las muchas cosas, las vueltas, la energía y su intensidad me tiene algo mareada, ja ja ;) AHora ya no se si susurrar, dormir y soñar o buscar qué hacer para pasar la noche en vela y amanecer cansada.

Bueno... a ver si me centro... Energía somos, energía usamos y la derrochamos, energía regalamos, absorvemos, la física y la mental. Ahora... el dormir es sagrado, y concentro todas mis energías en eso. Afortunada yo que no conozco el Insomnio quizá...

Bfletes provocados!

Chousa da Alcandra dixo...

SoO*: E tan curioso!. Párate a pensar por un momentiño a cantidade de profesións que viven do mundo subconscente...á que che saen moitas?. Lembrácheste dos vendedores telefónicos?. Pois eses tamén "traballan" coa inconsciencia das persoas jajaja

Barreira: Homeeeee, dito así...claro que vale!. Para esa "motorización" penso que non hai sitio non axeitado.
Na cama ou na alfombra. No chan ou espiringolados da lampada do teito (isto para trapecistas, ten que ser un entreno caralludo).

Irene: Primeiro foi a galiña con un ovo choco.
Non solo podes votar no "Ferve a Rede": debes votar(me)!!!. Agora mesmo non lembro se é preciso rexistrarse ou non; pero en todo caso é un paso sinxelo. Xa viches que subín dous relatiños?. Fáltame un para completar a triloxía do "Amor ao volante" ;-)

Chousa da Alcandra dixo...

Cris: Vaia, andabamos os dous escribindo no mesmo minuto!!!.
Pois se misturaches a hélice da motora cos relatos do Ferve a Rede...madia levas a estar mareada.
Anímate ti tamén e mergúllate nos microrrelatos de Vieiros!. Sexuagalízate!. É por unha boa causa ;-)

matrioska_verde dixo...

canta razón... polas noitas pensar e moi malo... non se chega a bó porto.

bicos,

paideleo dixo...

Barrenar na cama é duro, si. Pero soñar que estás traballando e despertar e saber que che queda toda a xornada por diante...iso é pior !.

Paz Zeltia dixo...

eu cando non podo durmir, se vexo que a cabeza empeza a matinar de máis, levántome, e fago cousas coma comer, ler, escribir, tentar a sorte doutros posibles insomnes cunha mensaxiña previa...
(as conversas dos insomnes solitarios e solidarios sonche moi gratificantes)

xa fun curiosear por esas curvas tuas da corredoira por onde circulas sin freos! dáseche ben, como non podía ser menos!!!! (lin o teu, o de susanamoo e uns cuantos mais, que iso envicia, pero chegado un punto xa me parecen todos iguais... o teu diferenciase, non se mimetiza. Noraboa)
:-)

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Pois se o dí unha serea que non se chega a bo porto...Iso xa senta cátedra!. O malo dos cerebros pensantes é que non veñen con interruptor de "on/off"; que senón...
Benvida á laguniña da Chousa; espero que che resulte cómoda.

Paideleo: E que tamén lle damos reviravoltas de carallo. Eu penso que se lle levas un xustificante ao xefe de que xa "traballaches" toda a noite, quedas eximido desa xornada laboral.

Zelitia: Insomnes do mundo, unánomos!!!. Eu son dos que segue envolvericando no novelo ata rematar a madeixa. Como moito adícome á lectura para tentar ocupar a mente. Ás veces surte efecto.

Graciñas por distinguir o texto dos volantazos pola corre-doira jajaja. Pero tamén teño outro máis. Fala de Lostregazos. E xa que permiten tres, teño pensado completar a triloxía do "Amor sobre rodas".
A que agardas ti para millorar o nivel?

Deambulando con Artabria dixo...

Iso debe de ser pola primavera........

Deambulando con Artabria dixo...

o de "izado", vai con segundas, non? jajaja

Gretel dixo...

Pero neses espazos unha descobre tantas dobleces propias que compensa o cansino insomnio.

A intiimdade absoluta, e estamos a falar duns segundos absolutamente propios, é a esencia so que somos. Abrir esas portas, un suxerente camiño.

Muak!

Anónimo dixo...

Sim, moemos de mais un gran que en ocasions ainda esta no saco. Pero sonche cousas dos humanos. Eu pensaba que ti non padecias deses males.

E xa vin tamen que prenderas a motor-izada no fervedeiro de Vieiros. Xa te votei en cada relato, asim que se gañas xa pagaras un jantar.

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, eu a che dei en persoa unha boa receita contra o insomnio: bicicleta e cansancio. E desde logo, non barrenar mentres se está na cama. Mellor levantarse, como di Zeltia. Eu púxeno en práctica hai moitos anos. Ademais hai un dito que incica que se algo te preocupa e ten solución, non te preocupes. Se non a ten, para que preocuparse?. A vida sempre segue o seu rumbo sen verse condiconada polas nosas cavilacións.
Insisto: mens sana (saudable) in corpore sano ou viceversa. Dálle liberdade e exercicio ao corpo e a alma repousará caladiña polas noites.
Moitas apertas e felices soños. Levo unha tempada que paso a ler os blogs e con pouco tempo para deixar comentarios. Espero que saibades desculpar.

Cuspedepita dixo...

Anque che saian post tan interesantes coma este, gústacheme ben pouco que teñas insomnio...
Xa che direi un bo remedio ;-)

Chuchos de sono.

Paz Zeltia dixo...

Ay, chousiña, non vira todos os relatos! xa vin os da Conxurada tamén, e os lóstregos teus por Belesar adiante, mira tí, e eu pensando que viña unha treboada jajaja
i eu non insinuo que os relatos non teñan calidade, eh, só que algúns son un pouco repetitivos, ¿pero qué calidade ía subir eu, filliño, se eu só falo de min? :-) Tí, veña, escribe o que che falta, que "lo estás haciendo muy bien" (¿pódeseche votar mais dunha vez? jijiji)Un que me pareceu orixinal foi o de "Reixa, ponte quieto". Fíxome rir e todo. -no, xa sei que non parece a fin dun relato erótico, pero que queres-

Anónimo dixo...

Mi madriña, que quenturas trai esta primavera! Para iso non se precisa acumulador, parece que lle acai ben o empezar de novo.

vermella dixo...

O insomnio ten mala prensa pero polo demáis non é mala cousa,a mín as mellores ideas e solucións véñenme nesas noites nas que o sono non me vence pero os soños son fáciles de alcanzar,complicadiña que son pero é o que hai.....
bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria: Si, pero este ano a primavera adiantouse moito e hai que andar con tino quitándose roupas, que como volva unha friaxe vainos pillar descolocados.
E non ía con segundas o de "izado". Ía con terceiras!!!

Galleguiña: Sempre resulta moi interesante o "nosce te ipsum" antes de tentar coñecer ao próximo; pero cando a cousa se torna reiterativa...acaba cansando. Digo eu. Bicos tamén

Carlosm: Non deberías andar lendo esas cousas ti. En realidade esas creacións están pensadas para xente adulta.
Dígocho polo teu ben, que non me gustaría que te mancases...

Busto Agolada: Non esquezo os teus consellos, creeme que non. Ainda que neste caso limítome a recoller unha certa realidade que me acontece dende tempo inmemoriabel. Penso que viñen así de fábrica xa...

Cuspe de Pita: Consellos sabios tamén os teus, que tentarei levar á práctica sempre que poida e se me tercie ben...
En todo caso, ultimamente que me veñen esgurruchando tanto laboralmente, se non fose por eses intres nocturnos de vixilia, leería moi pouco; así que hai que tirarlle o lado positivo ó asunto...

Zeltia: Uiii, non se me faga vostede a mosquiña morta, que esas son as mellores! ;-).
E, xa que "lo estoy haciendo muy bien", non so podes votarme varias veces; senón que deberías facelo cada día!!

Anto: Xa ves. Le printemps es lo que tiene!. I eso que polas noites xea de carallo; que cando a cousa queza polas noitiñas...xa verás como se pon o asunto!

Vermella: Claro que si!. Sempre hai que virarlle o lado negativo ás cousas.
No fondo eu so quería amosarvos a foto caralluda que lle fixen a ese motor da motora e mira ti en que deu o asunto. Xa vexo que hai moita xente desperta polas noites. A próxima vez que devanee con nocturnidade, xa me lembrarei que mal de moitos...

Bicos despertos a esgalla

LM dixo...

para que quererás uma motorizada se em antas nom tens mar...! a energia é preciso nom malgasta-la assim que prende coisas mais úteis na cama... ou fóra!
beijos

Suso Lista dixo...

Decía un vello que a cama solo ven a morte e afame. Apertas

~pi dixo...

bolas e bolas

de energia insone!

(que se pode fazer

com ela, senão

poesia,,,?! :)



beijo



~

Markesa Merteuil dixo...

Pois mira tú... :D

HADEX dixo...

Eu non podo dormir conmigo mesma....teño que ter o radio encendido porque senón a miña cabeza é incapaz de desconectar para durmir...é un problema, porque así tampouco se descansa ben....e sigo acumulando datos.....É boa a idea de almacenar esa enerxía...


BICOSSSS

A lareira de Santiso dixo...

Nunca tiven insomnio, é máis, é ver a cama e caer redondita. A ti polo visto o insomnio agudízache o inxenio, chousiña, así que aproveitao.
bicos

Anónimo dixo...

Durmir é perder o tempo. Se o argumento non che convence, Chousiña, moito deporte!!!

Pau dixo...

Pois espero que non inventen ese aparello nunca porque pareceme a min que unha de esas grandes electricas extranxeiras viría a monopolizar as cabezas dos galegos

Lúa dixo...

UF!!ESAS NOITES SON HORRIBEIS!!BICOS.

Chousa da Alcandra dixo...

LM: En Antas somos capaces de ir coa motora a toda pastilla derretendo o asfalto!! jajaja.
En todo caso recollo tamén o teu consello de adicarme a cousas útiles na cama e fora dela ;-)

Suso Lista: Os vellos teñenche moita sabiduría; e non vai desencamiñado o comentario.

~pi : Sempre hai lugar para a poesía, claro que si.
E as noites de insomnio tamén poden ser un excelente intre para a inspiración.

Hadex: Pois son capaz de durmir coa tv posta (aiii o sofá da sala cantas siestas me ten agasallado); pero -mira ti por onde- coa radio non dou. Concéntrome en escoitar e así non hai maneira. Mirarei de patentar o aparello acumulador de enerxía sonambulista e xa falamos...

A Lareira de Santiso: Boeno, o certo é que ando máis inspirado cando estou fresquiño coma unha leituga. Cando non se durme, despois ando difuso e non hai arte por ningures.

Vakastolas: Iso din algúns, pero presta moito e moi ben. Si, hai que darlle ó deporte para desengrasar as neuronas e permitirlles arrexuntarse pola noite e que así queden quietiñas jajaja.

Pau: Boeno home, se o patentamos nos e o aproveitamos nos tamén...sempre se lle podía tirar un pouco de rendibilidade ao acumulador ese. En todo caso, mellor durmir e deixarse de landainas, non si?

Lúa: Si que son, si. E un acaba cabreándose consigo mesmo; e -canto máis se cabrea- menos che pega o sono. Un lio de cables que debemos ter nos miolos os humans...

Paz Zeltia dixo...

adiviñarías cal é o meu microrelato en ferve a rede?

dabádesme envidia, todos a escribir divertíndovos, e pensei que ainda me podía tocar a finde esa que se sortea entre os participantes!

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia Tal vez..."Entre-telas"?

Paz Zeltia dixo...

jeje, que esto non é cousa de números, se non de letras! (ti, moi cuco, pensarías: deixou o coment a 1.49 do dia 25, pois o primeiro relato do dia 25 ou dos últimos do dia 24!, pero non.
bueno, era unha pequena proba, para ver se era moi obvio(e por enredar un pouco, tamén.
gracias por participar no xoguiño!)

pitima dixo...

Pois haberá que pórse a escreber eróticamente... aissss..
Teño eu algunhas historias en mente (coido que sempre me rondan..jajaja), pero non che son micro.., son máis ben macro.. jajaja. Será que esta primaveira venche forte de máis para os meus sentidos..jajaja, que non se ponden condensar eses erotismos en micro-erotismos..jajaja
E diredes, pois fai varios... jajaja, mellor moitos pequenos ou poucos grandes ¿qué dirías?? jaja
Boeeenooo... O tema da enerxías... Aisss, pois últimamente ando eu tamén con esas teimas: somos unhas máquinas incribles, capaces de transformar o café con galletas en pensamentos máis ou menos osados... non está mal.
Os desvaríos nocturnos son os mellores, para o meu gusto. No medio da noite crecen as criaturas máis interesantes...jajaja
Pero ás veces cómpre durmir.
Bicos espertos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Como me gusta que te animes tamén a participar no Fervedeiro Rederil!!!.
No tocante a elección de moitos pequenos ou poucos e grandes... complicada elección me das. E logo non poden ser moitos e intensos?? jajaja. Xa sei que a unha pregunta non se resposta con outra; pero ti ben sabes que son galego e, ademáis, neste caso é o que pide o corpo dicir. Con todo, un xa está na etapa esa na cal se empeza a valorar a calidade en contraposición á cantidade; o que me pregunto é se ambas non poderían ir xuntas, raio!

Buscarei os teus relatos por Vieiros e seguirei tamén buscando os de Zeltia...

Bicos primaverais