mércores, 27 de febreiro de 2008

Agudeza

Clasificar en base aos éxitos ou como consecuencia de fracasos son duas formas tendenciosamente perversas de catalogar ás persoas.
Seguramente as intencionalidades, xunto coa metodoloxía empregada para acadar aquelas intencións, son máis xustas para valorar con eficacia.
Pero no mundo actual, de primacía exclusiva dos resultados, non abondan as vontades. Cómpre saber transmitir ideas, comunicar tendencias , xestionar recursos, vender productos...
Se a ese cóctel lle engadimos a premura da inmediatez, podemos obter unha estresante espiral de insatisfaccións que nos levarán a cometer abultados erros, incluso visuais.

Foto: Pseudolagarto anicado a carón do valo en Caldelas (Antas de Ulla)

27 comentarios:

Anónimo dixo...

De novo tes toda a razon.
Xa fai tempo, escribi un dos meus artigos no Faro,"Ao pe do FArelo", (De cando en vez, mato o gusanillo, abusando da amabilidade destes amigos). O artigo chamabase; "Non temos TEmpo.
Nel, faciame unha reflexion similar a tua. Lamentablemente, vivimos no "tempo de non temos tempo". Como decia Castelao o que non costa non vale nada.
Medimos e miramos a xente pola obtencion de obxectivos, resultados, Marketing relacional, tecnicas de venta, imaxes,e concluia que non temos tempo nin para morrer, ca anecdota daquel home que estaba tan ocupado, sempre, que incluso chegou tarde ao seu propio enterro... e....MEU DEUS, para cando a ollada limpa, para campo a palabra amiga, para cando a sonrisa franca, para cando ser homes no medio dos homes...non lobos para os lobos-homes.
Non ai respostas, so como cantaban nos meus tempos xa lonxanos Simon and Garfunkel, "Los sonidos del silencio", mellor ainda se podedes deleitaros ca musia de Bod Dylan, -"The answer my friend is blowuing in de wind".

Ana dixo...

É costume noso,sacar conclusións da primeira impresión,non perdemos tempo en pescudar se a imaxe cadra coa realidade.
Vívimos demasiado rápido,non nos dá tempo de apreciar a vida.

Bicos

Anónimo dixo...

Tes razón, non deberíamos clasificar ás persoas segundo os seus éxitos ou fracasos pero desgraciadamente facemolo, e o peor é que non ten moita pinta de que esto vaia cambiar.
Saudos

Paz Zeltia dixo...

Quedei tan abraiada coa foto que xa esquecín o que ia poñer do texto. Non albiscaba o lagarto coa foto en pequeniño, pero ó abrila voilà!. coññññññño, qué bo ollo tés, rapaz!

Paz Zeltia dixo...

(¿viches que o coño saíume coma un cenpés?) :-)

caracol dixo...

verde que te quiero, verde. así nomás.

HADEX dixo...

Gústame o pseudologarto...eu teño unha foto de un pseudodragón de pedra...calquera día destes aparecerá....

Anónimo dixo...

Carallo! para o bicho! Eres un valente para achegarte a tales dragons (non sabia eu que en Antas houbese xurásicos deses). ;))

pitima dixo...

Eres moi observador. Tí si que miras, ademais de ver..

As apariencias enganan. Hai moito talento escondido no fracaso, e moito suertudo con éxito.. Así é o orden das cosas nesta época, e ó mellor sempre foi así, sólo que agora todo é máis rápido.. Os éxitos duran pouco, e quizá os fracasados teñan outra oportunidad se se poñen as pilas...

pitima dixo...

Eu tamén teño unha para a banda sonora, como apedofarelo, a miña é "no tengo tiempo", de azul y negro, aquela da volta ciclista a España de fai uns anos (bastantes anos...)

Bicos fritidos con todo corazón, e sen presa.

Fini Calviño dixo...

Muy buen post :-)

Anónimo dixo...

No tengo motivos para hacerte la pelota (no tengo ni idea de quien eres), pero es que tienes toda la razón.
Hoy se nos mide en base a unas exigencias puramente mercantilistas, sin tener en cuenta la calidad y el trato humanos. Se nos exigen unos resultados inmediatos que impiden ese trato cálido y cercano.
Eres un filósofo!

Carlos

Anónimo dixo...

claro, vamos a toda pastilla e non nos damos conta se vemos un lagarto ou una lagartixa.
(Vaia susto que te debeu de dar o bicharraco ise he?)

Unknown dixo...

Onde está o punto medio entre ir ás présas e ir amodiño?

Quen sabe a receta?

busto.agolada dixo...

Estou plenamente de acordo en que na vida máis que metas debemos valorar o esforzo do camiño para conquerir a meta. Paseniñamente, sen estresarse porque cada cousa ten o seu ritmo necesario. A rapidez ou a inmediatez é un defecto que dberamos desterrar na procura dunha mellor calidade de vida. Isto tamén conta para esa vida feliz que procuramos.
Unha aperta.

BK dixo...

Por iso din iso de "visteme despacio que teño présa". Iso de "tiña que estar para onte" é moi malo......

Ángeles Mallo dixo...

Estou totalmente dacordo contigo; cada persoa é única,non se pode ser o millor en todo, e cada persoa ten obxetivos diferentes o que para tí é un fracaso para outro pode ser un mérito, hai xente que chega máis tarde que outra, pero para mín o éxito consiste en tratar de chegar, nin en chegar siquera. E hai que ter en conta que a gloria é un veneno que se ten que tomar en pequenas dosis(balzac). Bicos

vermella dixo...

Que importante é a distinción entre ver e mirar,mentres uns somente ven outros coma ti miran para non perder ningún detalle,a foto é outra vez única,camuflaxe animal,camuflaxe humana,esta vida chea de presas e de prexuicios fáinos non reparar,hai que ir a modiño que decía miña nai é unha máxima que intento non esquecer....
Chego tarde pero o teu post da raigame é redondo,as raíces como unión íntima de nós mesmos,a raigame a terra faínos sabios pena que non todos o poidan ver........
bicos.

Anónimo dixo...

Y a veces se llega al extremo de tratar a las personas como simples números, cifras.
Es cierto, lo que comentas es un mal demasiado presente en muchos ámbitos.
saudos.

Cuspedepita dixo...

"A vida é unha tola feira
na que corro entre outros tolos.

Non hai tempo..."

Todos acabamos presos na mesma cadea.
Tanta eficacia, tanta calidade, tanto ISOdousmilnonseicantos, tanta avaliación, tanta auditoría...


Pero non está todo perdido, por sorte aínda facemos tempo para conversar cos amigos :-)

Apertas

Elvira Carvalho dixo...

Até porque o exito de uns pode ser o fracasso de outros, não é mesmo?
Um abraço

irene dixo...

Tendré que aprender gallego.
No estoy muy segura de si los éxitos y los fracasos, tienen algo que ver con la valía de las personas.
preciosa y original foto del "lagarto".
Bicos.

milonga dixo...

se pensase asi de cada persoa que coñezo de novo, se creese que todos teñen un fin, que intentan venderme algo, e iso pode ser como son, é dicir, que me venden unha maneira de ser que non é real, e por desgracia, eu vivin a realidade de que me vendesen ser o que non era alguen que me marcoa a vida...

se a desconfianza aniñase así na miña vida estaría sempre morta de medo

Druid dixo...

Eu vexome metido a diario en "fregados" de ese tipo, con xefes que queren que ese que acaba de chegar faga todo ben feito XA, sin tempo... cando o que eu suelo observar e a intencionalidade da persoa....
Para min alguén que pon todo o empeño do que dispon, merece o meu respeto, e a miña paciencia.
Unha aperta.

Lapis-vermello dixo...

A verdade e que pos unhas fotos tan bonitas... Moitos saúdos

São dixo...

É esta sociedade competitiva que cataloga tudo e todos, até o que o não tem de ser!
Unha aperta.

Chousa da Alcandra dixo...

Aopedofarelo: Quero pensar que todo é cíclico, e voltaremos a esa mirada limpa que ti dis. Ogallá sexa axiña.

Ana: Ese é o chás, que vivimos con demasiadas presas. É como ir de viaxe sen desfrutar da viaxe; cando en realidade "chegar"...so é morrer.

D'Agolada: Somos formiguiñas, pero podemos aportar o noso garabullo; podemos cambialo!

Zeltia: Jajajaja, espero que non te asustase o bicho. Saiuche con cen pes, pero moi espontáneo e bonitiño.

Caracol: Verde e incluso cálido, no más también.

Hadex: Pois sácao, que despois xuntámolos que a madeira e a pedra fan boa parella.

Pitima: Bonita frase: talentosos fracasados e suertudos exitosos. Procuremos non ser arrollados nin polo éxito nin polo fracaso. Vivamos!!!

Fini: Alédame que che gustase. Benvida á Chousa.

Carlosm: Espero que, sendo filósofo como ti dis, non aburra tanto como me aburrían a min nas clases de filosofía...

Mariola: Amiga!, iso é como tocar a gaita: compre aprender a temperar para que a melodía saia afinadiña...

Busto Agolada: Xa llo dicía a Mariola. Empéñanse en que toquemos melodías a destempo e despois sae unha muiñeira desafinada.

Veca: Neso van ben os funcionarios; que todo é "vuelva usted mañana"...

Angeles Mallo: Quilicuá. Coido que ti o dixeches mellor e máis clariño (Dame a min o corpo que ti cociñas con moito mimo).

Vermella: Hai moito camuflado pola vida, si. E...boeno, ás veces todos quixéramos observar por un buratiño...camuflados...sin ser vistos...ou non?

Chimenea Verde: Unha vez recibín unha carta dunha coñecida empresa estatal que -por un erro de fusión do documento- poñíame: Sr D. 156874587874 , su nombre es muy importante para nosotros...

Cuspe de Pita: Hai tempo, hai; que o meu reloxo segue transitando coa mesma velocidade ca antes; o que pasa é que hai capullos que lle queren adiantar as agullas...

Elvira Carvalho: Semella que este é un Libro Contable, no que se quitas dun lado tés que engadir no outro. E se quitamos as liñas centrais?

Irene: Si has entendido a "un gallego", por fuerza acabarás por entender "el gallego".

Milonga: Aquelo de que o home é un lobo para o outro home poda que sexa certo; pero tamén hai outros homes na selva. Non necesariamente daremos sempre o lobo (digo eu)

Druid: Cando rematei o post lembreime de ti e dos teus comentarios no Bosque. Sei que entendeches a miña mensaxe. Lembra que todos vivimos nunha selva semellante, chámese chousa, bosque ou monte...

Zanfonista: Seguro que a melodía da tua zanfona soa mellor do que locen as miñas fotos.

SãoAprenderemos a valorar coa relatividade precisa esa valoración tan subxectiva

Un garimoso saúdo para todos, incluidos os anónimos. Graciñas por vir, ver, ler e comentar