domingo, 13 de xaneiro de 2008

Fertilidade

Cada gota de auga dos abundantes trobóns destes días é como un bico garimoso á sedenta terra que, como unha amante cargada de lascivia, déixase penetrar con alevoso frenesí.
Resulta impresionante ver a sutil ledicia das árbores de folla perenne, que en tan poucos encontros amorosos, xa locen a tonalidade verde da satisfacción.
E mentras o doce vaivén da choiva percorre en miles de caricias as follas dos acivros, do seu talo brotan ducias de orgasmos vermellos e redondiños que mañán han ser a semente que volva poboar a terra con centos de novas plantas.
Empeza a festa da fertilidade nos nosos campos.

Foto: Acivro nun xardín de Antas

31 comentarios:

pitima dixo...

E destas humidades virán logo aqueles froitos... Auga é vida. Crecer húmido.. e verde satisfacción...
Ves??? Lasciva como poucas.. a natureza..
Non. Eu non son (ou tamén cando cómpre...), pero é intrínseco... unha lei natural.

Anónimo dixo...

Auga para a vida
auga salgada do mar
auga dos rios que levan nosos pecados tristes de nenos grandes.
Auga estancada que pudre nosas miserias e mentiras
Gotas de auga tralos cristais na melancolica tarde doutono fuixida en fa, na procura dun maña cheo de vida nas augas da vida, que xa non temos.
Auga entre os dedos das nosas mans que escapa .....
Auga en tanto deserto de areas quentes, e sol radiante que cega a morte.
PReciosa foto, e fermosisima entrada, reflexiva e certa, como sempre.
Unha aperta a travès do espello, e dende o outro lado deste Farelo, hoxe mollado.

Evinchi dixo...

Acibro...éncantame isa palabra. Se tivese unha casiña no campo, prantaría varios, é chamaríaa Os Acibros.

Festa da fertilidade na natureza, quero algo desa festa pra min.

Cruzo os dedos.

Biquiños.

Pau dixo...

Encantame como describiches a perfeccion a simbiose entre choiva e naturaza. Beleza poetica.
Gustoume eso de chimpins mediaticos que deixastes no meu blog

Anónimo dixo...

Belleza pura, ahora anda lloviendo por aquí, así como la de la foto estarán las hojas de los árboles de enfrente de mi casa.
Bicos.

busto.agolada dixo...

Fermosa alegoría da fertilidade e da fecundidade da chuvia.
Foi tan desexada que é unha ledicia ver chover e observar como revive a natureza.
Unha apertada arrebolada por riba da Torrevella do Farelo. A ver se chega de aquí a alá.

Markesa Merteuil dixo...

Xa era hora de que por fin a choiva fixera acto de presencia. Agora o único que resta é que deixe de granizar, porque nalgún punto as futuras colleitas poderían chegar a peligrar.

Definitivamente, si soas doce.

Evinchi, aquí, na provincia de Lugo temos un bosque de acivros centenarios. Está nos Ancares lucenses, penso que no concello de Cervantes, pero aí si que non me podes facer moito caso.

São dixo...

Bom texto, pois.

Vim dizer que Luz da Manhã e Amizade é uma oferta para este blog, o que agradecerei.
Se for de vontade, claro.

Semana iluminada.

Mararía dixo...

Chousa .... menos mal que andabas a falar da choiva e as follas, sin comentarios.

Bonito texto, moi poético e ben pensado, e coma sempre unha foto fermosa.

Un saúdo.

BK dixo...

Pois espero que siga chovendo. Parece que a nosa terra está máis linda dende fai 3 días para aquí.

A Conxurada dixo...

E non era sen tempo.

milonga dixo...

fertilidade para todos ó fin e o cabo... esperemos que sega a chover, que todo se vexa por fin verde de novo, que a seca sexa algo anecdotico por un tempo(alo menos) ... e se non é moito pedir, que deixe a auga algun dia polo medio da semana con sol, porque alguns estamos entrando en fase de modorra constante e durmimonos ata enriba da sopa(literalmente)

Unknown dixo...

A poesía é un veleno, parece... :)

A fertilidade é a maior forza que nos move, á Natureza e a nós como parte dela.

Como senon inventariamos escusas e propostas tan variadas para acabar sempre en orgasmos vermellos como os do acibro?

Saúde.

Druid dixo...

i eu pensando egoistamente en ter que cortar o mal chamado por estes lares "cesped".... (mais ben a herba que deixan crecer os cans, que mais que cans parecen tanques).
Unha aperta.

São dixo...

A rosa e as bolotas (landras) estão lindas a valer!

Unha aperta!

Raposo dixo...

Encántanme os acivros, ese contraste entre as follas verdes e os froitos vermellos. É como un impacto visual na paisaxe.

Suso Lista dixo...

Cando todo parecía morto, a Ave Fénix renacío das cinzas.

caracol dixo...

.cada gota dos días amante cargada de penetrar con frenesí resulta impresionante ver sutil perenne que en tan amorosos verde satisfacción en miles de caricias brotan orgasmos plantas.
mira, que no necesito hablar galego para entender!! bravo!

Mar e Lúa dixo...

Para este texto tamén che servía o título desa foto que tanto me gusta... sensualidade vexetal.

Dá gusto vir de visita por aquí :)

Unha aperta!

Anónimo dixo...

Tes razon mar e lua aqui vese moita sensualidade. Eu pensei que era o blog dunha muller.
(Non e que os homes non sexan sensuais ou sensibles, pero a miña primeira impresion foi esa)

Uxia

Paz Zeltia dixo...

Os edificios de apartamentos tapanme a visión de calquera acivro que poidese haber... pero ainda así non deixo que as nubes sexan simplemente nubes, e un texto coma este axúdame a lembrar o que hai detrás do telón de auga.

Chousa da Alcandra dixo...

Todo un pracer compartir, dende Antas para o mundo, as folliñas do acivro gozando coa auga de xaneiro. Un pracer multiplicado ó ler os vosos comentarios. Graciñas.

-->Anónimo (Uxia): Qué foi logo o que che fixo pensar que non son muller?

São dixo...

Vim como estavam as coisas.
Bico.

Son Unha Xoaniña dixo...

Pois que broten logo miles de orgasmos vermellos e redondiños que sexan semente para repoboar a terra que boa falta fai.
Gústoume a imaxe da "festa da fertilidade nos nosos campos"
Unha aperta.

Son Unha Xoaniña dixo...

Non sei si liches no blog de valdeorosa unha historia que andaba a contar de Asor e os da súa estirepe De Zeuquirne. Gustoume o que fixo cos nomes, poñelos do revés e adoptei o nome que me correspondía posto que ela e máis eu pertencemos a mesma estirpe xa que somos irmás, Non sei se me expliquei, pero a miña irmá como podes ver se entras no seu blog chámase Rosa Enriquez, así que dalle a volta ao meu e o atoparás.
Unha aperta

vermella dixo...

Cada gota de auga é un bico agarimoso...........
quedei prendida de tanta beleza e recordeí que na horta da bisavoa hai un acivro,fun velo xa que paso as veces e non miro e sisiiiiiiiiiiii está como dís,preñado de bicos,cheo de froitos..........
saúdos.

llll dixo...

supoño que estes miragres da natureza son os únicos que me fan dubidar da existenza de Deus. escoiteino algunha vez nun filme "gústame coidar das miñas prantas porque me achegan a Deus".

unha aperta

Desesperada dixo...

hola chousa! encantoume este texto... entramos na época que máis me amola, cando a natureza comeza a espertar, vivindo no campo é un luxo ser testemuña de tantos cambios!

paideleo dixo...

Non son mui partidario da chuvia pero a Natureza merécea.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

http://amargama.foroactivo.com

FORO DO GRUPO AMARGAMA, NA TERRA DE LEMOS. INFORMACION SOBRE RECITAIS, PUBLICACIÓNS DA REVISTA, ETC.

marisa dixo...

los perennes son los guardianes de la primavera, los que vigilan que no se nos olvide el color del campo... maravilloso!!