En ocasións sentímonos totalmente fora de lugar, de tal xeito que desexaríamos desaparecer e o instinto pídenos pechar os ollos coa fin de fuxir desa realidade que nos resulta allea.
Con todo, ese tipo de entornos que nos resultan desagradables provocan e logran que desenvolvamos toda unha serie de habilidades para poder "manter o tipo" con unha certa elegancia.
Unha vez superadas fan que sexamos máis fortes e que disfrutemos moito máis cando estamos na "nosa salsa".
Fai un tempo púxose de moda transplantar oliveiras. Din que os traen de Jaen e seica costan unha pasta. Non os admiro en demasía, pero recoñézolles unha resistencia e valentía importantes.
Están fora do seu entorno e nestes días mustios e frios lucen unha briosidade espectacular. Estarán finxindo ou simplemente utilizan as habilidades de supervivencia?
Con todo, ese tipo de entornos que nos resultan desagradables provocan e logran que desenvolvamos toda unha serie de habilidades para poder "manter o tipo" con unha certa elegancia.
Unha vez superadas fan que sexamos máis fortes e que disfrutemos moito máis cando estamos na "nosa salsa".
Fai un tempo púxose de moda transplantar oliveiras. Din que os traen de Jaen e seica costan unha pasta. Non os admiro en demasía, pero recoñézolles unha resistencia e valentía importantes.
Están fora do seu entorno e nestes días mustios e frios lucen unha briosidade espectacular. Estarán finxindo ou simplemente utilizan as habilidades de supervivencia?
19 comentarios:
A natureza tem uma capacudade de resist�ncia que n�s n�o possu�mos. Adaptam-se muito mais depressa ao meio amiente e v�o desenvolvendo uma novas formas de subsistir.
Um abra�o e Bom Fim de semana
Estos dous ultimos post son unha auntentica verdade, realmente coincido contigo.
Son verdadeiros supervivintes as fotos do teu blog son impresionantes, hoxe o meu pequecho alucinou con elas,por certo só teño 5 días de vacacións, asegúroche que non é ningún choio.BICOS.
A oliveira non é, polo que oín, unha variedade do sur sómente. Seica os reis católicos mandaron arrincar todas as oliveiras da Galiza para que as do sur non tiveran tan cruda compentencia. O mellor as oliveiras danse ben na nosa terra por algo, non???
que malo era o rancor deses tan crentes reis.
Saúdos!!
Están finxindo seguro!!!! Non ves que veñen do sur, e alí son moi teatreiros...jeje.
P.D. A pesares de todo encántanme as oliveiras.
Un bico para Chousa da Alcandra con sabor a oliva negra.
Non escoitaches falar da cidade olívica... Galicia tamén ten oliveiras. Pero sí que teñen un aire señorial para seren meramente ornamentales nestas latitudes. O que ten clase, ten clase...
O malo das oliveiras e que tardan en mostrar a sua verdadeira beleza (mais tempo do que temos en velas crecer), asi que prantar unha, e un exercicio de paciencia.... e tamen unha inversion a longo prazo.
Como dis, está de moda plantar unha oliveira no xardín, e como é unha árbore que tarda moito en facerse e en deixar ver o seu explendor, pois a xente as merca xa feitas, e páganse por exemplo entre 400€ e 600€, por unha arbore de 75 ou 80 anos.
O último que souben é que algún listillo vai por elas a Portugal e as trae por encargo.
¿cómo fan en Portugal para conquerilas? non quero pensar niso, pero desde logo parece un negocio bastante rendible.
Un saúdo.
Rifo I de Z e xurxocimadevila: xustiño. Tal cal vos comentades. O que non sabía é que tamén veñen de Portugal. Dese xeito non hai que agardar o seu lentro crecemento, druid.
Pitima Pois tamén tes razón. Non pensara na cidade olívica. E si, teñen aire señorial, pero...non me acaban de encaixar.
Conxurada Eu mándoche un bico con sabor a aceituna verde rechea de anchoa!
Ángeles Mallo Que che gusten a ti as miñas fotos faime ledicia, pero que lle gusten ao teu neno máis ainda. Vide á Chousa sempre.
Pau Alédame a tua concordancia e tamén que ma expreses co teu comentario.
Elvira Carvalho Canto aprendemos da natureza!. Sempre é un pracer ver as tuas pasadas pola Chousa. Um beijo.
SEguro que non finxen. Son fortes e algúns deberían de aprender desa fortaleza....
Portugal ten un largo arraigo no cultivo das oliveiras, como o demostra o seu uso gastronomico, a nada que nos alonxemos un poco do norte e vaiamos cara o sur.
Raro e o sito de comidas que en portugal non poña de aperitivo ou acompañando o arroz branco olivas (pretas, como din eles, na maior parte das ocasions).
Vexo que xa te sacaron do erro. Na miña aldea ai olivos dende antes de que eu nacera, de feito o domingo de ramos o que se bendice e unha ramiña de olivo que se manten todo a ano na casa para que a protexa .
A min e unha das árbores que mais me gusta.
Bicos.
Chousa eu coincido coas opinións aquí verquidas e lembro oliveiras en moitos lugares de Galicia, vellas, non ornamentais, plantadas alí desde sempre. Quizais non abundasen pero si estiveron preentes en Galicia. O que non lle debe gustar é que as fagan emigrar, pero adáptanse e aprenden o idioma se fai falla.
Moitos saúdos
O da "cidade olívica" é curioso,porque, que eu saiba, só hai unha oliveira, a do Paseo de Alfonso. Un cordial saúdo.
Habilidada para a supervivencia, pero seguro que tamén finxen. Un saúdo.
Vitruvia e Busto. Tedes toda a razón. Tamén aquí levabamos o domingo de ramos o olivo e loureiro. O certo é que cando parín o post pensaba nestes que se "importan", tal e como comenta Rifo I de Zeuquirne, xa centenarios.
Sorpréndeme a sua adaptación a pesares do transplante.
Aproveito para saudar a Veloso e a Silvana
A capacidade dos seres vivos para as circunsancias pouco favorables é tremenda,Por certo fai pouco souben dun aceite galego en Quiroga,esas oliveiras adaptáronse tan ben que deron froito.............
saúdos.
Fora do seu entorno? Olveda, amigo meu, non e Jaen.
Publicar un comentario