mércores, 28 de novembro de 2007

Fortaleza

Resulta imposible ó camiñante non percibir o señorío que exerce este castiñeiro da imaxe, incluso hoxe coas suas follas facendo un manto sobre o prado.
Percíbese maxestuoso e forte dende o camiño.
E cando o miramos unicamente observamos a sua esbeltez, a sua capacidade para enmarcar unha estampa magnífica. Nin se nos ocurre pensar as peripecias que tivo que pasar para chegar a onde chegou... Non ser esmagado, tronzado, pacido, arrincado, seco pola xeada...
Que ninguén chore polos avatares diarios. Que ninguén se deixe pacer, esmagar, arrincar ou tronzar!
Hai que ser fortes, carallo. Incluso cando temos as follas facendo un manto sobre o prado...

(Foto: Tarde de outono en Antas)

16 comentarios:

Mararía dixo...

Gústame como sempre, a foto e a moralina. Un saúdo.

torredebabel dixo...

ainda que o que temos por estes recunchos son tardes de primavera, esta tarde túa gustoume moitisimo.

Druid dixo...

Podes ter todas as follas sobre o prado, estar pasando un momento malo, e seguir sendo forte igual, tal como o carballo.
Non solo cando mostras ramas cheas de follas eres forte.
De todos modos, unha arbore que siempre admirei.
Unha aperta.

Marinha de Allegue dixo...

O castinheiro é fermoso e maxestuoso da gloria velo. As súas follas, o seu tronco transmítennos unha información valiosa da súa traxectoria...

Unha aperta forte coma o castinheiro.
;)

insomniorizar dixo...

tou toatlmente de acordo con Druid,
admirable o carballo.
a miña casa non se pode ver no six pac ou no google earth porque está baixo un gran carballo centenario, encantame vivir oculta no seu colo.

Esta foto recordame moito a un carballo q se atopa dentro do castro de san cibrán de las, ou tamén a outro que se atopa preto da carretera que vaide santiago a fisterra en Baíñas.

Graciñas chousa polas túas verbas, acollenme no seu colo, como o carballo.

gustoume moito o teu blo, e buscando antas de ulla dinme conta que non dista moito do carballo que abriga o meu fogar.

un súdiño!

Suso Lista dixo...

Deberíamos, pero...un animaliño pequeniño coma unha bacteria, ou un pensamento, fainos desmoronar enteiros.

Paz Zeltia dixo...

Pois terá as follas espalladas polo chan, pero segue forte, erguido. Sabe que dentro das polas espidas está a sabia que lle mantén a vida.
Como dis, tivo que salvarse de moitos perigros para chegar ata hoxe así de rufo. Pero... nos tamen! ¿non é un miragre sobrevivir dia tras dia, ano tras ano? Cando penso na pila de anos que teño, e boto a conta en dias, penso que afortunada son

busto.agolada dixo...

O castiñeiro, coma a natureza enteira, é sabio e cando venta que veñen épocas difíciles despréndese do accesorio, replégase en si mesmo, economiza enerxías para rexurdir na primavera das ledicias e dos paxaros. Avida segue co seu pulo de seivas e latexos. Nós tamén.
Apertas, Chousa, desde Agolada, terra veciña e sen embargo amiga.

Elvira Carvalho dixo...

Que belo castanheiro. Eu também gosto muito de carvalhos e castanheiros.E gosto muito de pintar árvores.
Um abraço

Anónimo dixo...

Bonita estampa.
Me gusta tu blog aunque no entiendo mucho el gallego es muy facil interpretar tus post.

A Conxurada dixo...

Amén.

P.D: acábome de dar conta de que non te teño linkado, e agora mesmiño vouno facer.

Un aperta e un bico.

BK dixo...

Claro que teñen que ser fortes, ainda que teñasn as follas polo chan, porque forman unha das estampas máis bonitas do outono.

pitima dixo...

Os carballos son exemplos de robustez, pois sí. Os castiñeiros son como pais protectores, máis baixos e cunha ampla sombra, ideal para protexer as criaturas que se achegen.
As árbores son as criaturas máis exemplares que coñezo. Inspíranme moito respeto e admiración, e tamén moita poesía, e prosa poética... Tiñan que seguir sendo sagrados, como nos tempos dos antigos pobos celtas.
Perdón pola extensión, cando arranco, a inercia me leva.. jaja

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas por comentar, por aturar as miñas moralinas, por apreciar as fotos, por amosar cercanía, por entenderme en galego incluso non entendendo o galego e tamén por deixarvos levar pola inercia...

Un pracer!

Anónimo dixo...

Como non imos chorar polos avatares diarios? Cada bágoa fainos medrar e fainos mais fortes.
Eso si!, non imos deixar que ninguén nos vexa, que ninguén perciba que sentimos... Seguiremos mostrando ó mundo a nosa imaxe altiva incluso cando seguimos cas follas facendo un manto sobre o prado.

Chousa da Alcandra dixo...

Vale, anónimo. Ás veces hai que deixar que as bágoas fluan, incluso sin importar quen nos mira. Pero tampouco permitas que os teus beizos beba unicamente bágoas. Son moi saladas e dan ainda máis sede...