xoves, 8 de novembro de 2007

Meme(nto)

Levo uns días estresado co carallo do encargo de facer esto do meme. Esto é parecido a esas vodas ás que non tés interés en ir, pero se non te chaman semella que te esqueceron e amólate.
Cando recibín o primeiro convite non tiña claro se atinaría con 8 destinatarios ós que jorobar coa carallada esta. Pouco a pouco fun recibindo invitacións dos posibles candidatos, co cal íanse autoexcluindo como posibles víctimas do meu contraataque...
A cousa é que teño que superar a leria, así que hoxe fun ó "Antas vello" a fotografiar este seto que sempre me chamou a atención e que me viña como arandela ó parafuso.
E, claro, teño que engadir 8 cousas; de modo que me vou enganchar á M de buxiños que recortou o meu veciño e que me traen á miña mente lembranzas e sensibilidades especiais. Direinas de carreira con orde aleatorio: mamá, manteca, morriña, maquía, muller, mar, maxia e mestura.

Tal e como dixen na introducción, entre as invitacións recibidas e os que xa estades involucrados no tecido este, non me queda a quen reenviarlle a arañada; con todo xa me sinto aliviado de ter cumplido o encargo.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Isto dos memes é unha carallada. Eu fagoos todos, e divírtome, mais sempre pensei que non deixan de ser xugos, que baixo a premisa de non sentirnos o parbo e o soso que o tronce, sentíminos obrigados a facer, e a min, todo o tocante á obriga deixame mal poso.

busto.agolada dixo...

Pois xa cumpriches e con nota porque son palabras tenras que falan da infancia, da aldea, da vida, do mundo íntimo e próximo.
Saúdos.

Paz Zeltia dixo...

Si home é unha parvada isto dos memes, eu penso que nace coa única finalidade de promocionar os blogs, coma unha reunión social para presentarmos uns ós outros. E mellor non estresarse pensando "que me vou poñer" e pensar únicamente en pasar un ratiño agradable e saudo aquí e saúdo alá, ríome un pouco, penso mira este qué juapiño é, ou aquela qué ben fala etc. etc. pero ó fin, como mellor o paso é se non me como o coco a pensar a impresión que poderei causar eu. Se cadra é porque me conformei a ir por a vida "sin pena ni gloria".

Que teñas unha boa finde soleada de este precioso outono!!

Paz Zeltia dixo...

Ah, que me esquecía de escribir o que quería poñer... que ben sendo o que dixo Busto, -que o escribiu mentras eu falaba coma unha cotorra- pero por certo, non coñezo o significado da palabra "maquía" ¿e como pode ser iso? púxena en google é dixome:
"se utiliza para referirse a la vegetación mediterránea constituida principalmente por arbustos altos (1,5-2,5 m ), generalmente de hoja persistente y endurecida " `pode que en galego teña outro senso... (¿podesmo dicir ti?) :)

BK dixo...

Xa podes respirar tranquilo daquela.....

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: a maquía é a porción de gran (ou de outros bens) que cobraba o muiñeiro por moer. Tamén ten ese nome a medida que se utilizaba para "cobrar" esa cantidade de gran.
Esta última é a que me gustaba moito a min de neno. O muiñeiro ó que ía con meu pai tiña unha que era un "ferradiño" pequeniño. Moito me gustaba!!!!

Graciñas a todos polos inmerecidos parabéns polo meme

Paz Zeltia dixo...

Ah! gracias por enseñarme una palabra nueva :)
Yo también recuerdo esos "cajoncitos" ben xeitosiños, claro que no recuerdo si eran ferrados ,medios ferrados, ou "cuartillos" etc. Ahora me acordé de las "peneiras", grandes, pequeñas, todas colgadas en ringleira na casa de miña aboa... a veces me dejaban peneirar. "peneirar, peneirei por un cribo, fixen un pan de relon coma trigo". AAAy perdona tanta mezcla de galego y castelán, pero así eche o meu adentro: unha mestura caótica.

vermella dixo...

Eu tamén teño morrina da miña nai,do pan de mestura que facía os domingos,da máxia dese arrecendo...........
Fuches o único que "soubo" ver un testigo no meu relato.......gracias.
Por certo compartimos o título no dos memes.
saúdos.

milonga dixo...

meme escueto pero no sinxelo esta a beleza, non?

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Mira que sacar a colación o da peneira...Seguro que sabes da metáfora retranqueira que alude á muller que "se peneira ben"...

Vermella: Sería un testigo ou acaso houbo un trio? Eu penso que non. O galan de noite seguro que era tan voyeur como sería eu.
Teño a impresión de que compartimos máis cousas que o título do mene; ti non?

Milonga: Benvida á Chousa. Aquí tamén cabemos todos. Non sei se o breve é duas veces bo. En determinados praceres tendemos a (tentar) alongar ó máximo...

Bicos mementaneos

Anónimo dixo...

bonito meme! é o máis sinxelo e a vez máis fermoso. sen complicacións. :)

saúdos!