sábado, 17 de novembro de 2007

Impacto

Cada quén emprega o seu xeito de chamar a atención dos semellantes, xa sexa para establecer lazos de amistade, comerciais ou afectivo-sexuais (ás veces varios destes obxectivos poden incluso ir misturados).
Adornámonos das mellores lencerías lingüísticas e desplegamos toda a maquillaxe de movementos coa fin de obter un resultado. No fondo buscamos impactar e causar boa impresión. Pero todos eses recursos son interpretados de xeitos moi dispares polos conxéneres e polo propio entorno, fagocitando a intencionalidade ou causando o efecto xustamente contrario ó perseguido.
A flor que sosteño na man seguramente pretendía chamar a atención de insectos que acometerían a polinización da especie; pero a atracción que causou en min supúxolle a morte prematura.
Ás veces pasa.

22 comentarios:

Rosa Maria dixo...

Muito obrigada pela visita ao meu blog.

As flores são uma das muitas belezas que a natureza nos oferece sem pedir nada em troca.
E por isso não resistimos em pega-las nas nossas mãos.

Este blog também é muito bonito e por isso vou voltar!

Bom fim de semana

Anónimo dixo...

Encántame o último parágrafo.
Saúdos!

Cora dixo...

E boa a comparacion entre flores e seres humanos. Faime pensar que ainda estamos un poukiño cerca da natureza, e ke as veces actuamaos por pekenos instintos e comportamentos ke se volven en contra nosa....pero o importante é que ainda reaccionamos a certos estímulos universais....ou non?
Biquiños!!

vieira calado dixo...

Tengo essas flores em mi quintal!
Son mui bonitas.
E também me gustou que disses Saramago - nostro prémio nobel!
Viva la amistad Portugal Galiza.
Buenas noches.

Chousa da Alcandra dixo...

Bo nexo o que temos: as flores e Saramago; Galiza e Portugal.
Graciñas por adornar a Chousa cos vosos comentarios.

paideleo dixo...

As flores non pensan pero nos suponse que si.
Eu non falei en ningun momento dunha desconhecida no meu posteo da rapaza do coche con pegatina...So quixen impactar na minha muller !.

Mararía dixo...

Misturados sobre todo os sexuais-comerciais, jajaja.

Interesante interpretación do espíritu humano, a comunicación, as relacións humanas, ... Penso que moitas veces non hai intencionalidade, só intentas respirar.

Encantoume a tua conclusión final, moi acertada. Un saúdo.

Elvira Carvalho dixo...

Vim agradecer a sua visita ao Sexta-feira. E conhecer este cantinho que pelo que me foi dado ver é mt agradável. Gostei deste texto, do facto de reconhecer que todos de uma maneira ou de outra, por este ou aquele facto, queremos sempre chamar a atenção de alguém. De igual modo no reino animal ou vegetal. Os homens agem de uma determinada maneira pelas várias razões que expôs. Os animais agem assim normalmente para acasalar e perpétuar as espécie. As flores, igualmente tentam atrair quem as polinizem para se perpétuarem.
Quando você arranca a flor, ela começa a morrer, mas quando você quer prender o ser humano também vai fatalmente perdê-lo.
Um abraço e bom Domingo

Pau dixo...

Unha metáfora boisima.

Paz Zeltia dixo...

¿mejor entonces lo del camaleón?

El camaleón eligió pasar desapercibido. La petunia enseñar sus colores.

Aunque la naturaleza decide. En cuanto a las personas... ¿decidimos nosotros ser personas desapercibidas o por el contrario histriónicas? ¿también decide por nosotros la naturaleza?. Ya me voy por vericuetos que no vienen al caso. Será este tonto domingo.

En cualquier caso, que no te corten (ni cortes) ;-)

Mar e Lúa dixo...

¡Que bonitoooo! Así se demostra que non só se triunfa polo físico. A flor era preciosa, e o texto está ben á altura.

Un saúdo!

A Conxurada dixo...

Os camiños da apariencia son inescrutabeis.

Bicos

Anónimo dixo...

Témome que pasa mais a miudo do que debera. O mundo está cheo de tolos, que van polo mundo tronzando flores, e evidentemente no no digo pola tua acción. Un bico.

milonga dixo...

hummm...

BK dixo...

Fermosa flor, é recente a foto?
Porque parece unha desas flores que so atopas na primavera....

Druid dixo...

Define morte prematura....
creo que cada cousa (ou cada un) morre cando chega o momento...
O momento das tarxetas de credito e o nadal (p. ex.)
E probablemente esa flor cumpriu con creces o seu cometido antes da sua (por outra parte anunciada) morte.

vermella dixo...

A natureza é tan sabia que ese poder de beleza absoluta so está nas flores,a beleza humana é sempre subxectiva,non so a física.
Por eso a mín gústame tanto esta maneira de comunicación si aderezos para impresionar.
bicos.

Alexan dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Alexan dixo...

Ou sexa que foi unha atracción fatal.
Gustoume moito o post ea frase final.
Unha aperta

Chousa da Alcandra dixo...

Vexo que -en xeneral- vos gustou o final. Curiosamente era a mensaxe que quería transmitir. Fíxate cantas voltiñas lle damos; ata me tiveron que chamar tolo (vitruvia dixit).
Tés razón Veca, é da primavera.
Vermella, eu recoñézome con algo de sal e pimenta...
Druid, vaia cousas que me pides que defina...
Conxurada, ti estudiaches coas monxas?
Mar e Lua, ogallá poidera ver a conxunción que supón o teu nome máis de cotío.
Zeltia, algo camaleónic@s somos todiñ@s ás veces; ou non?
Elvira, sento obriga pela tua visita.
Pau, a vida é a metáfora máis intensa de todas.
Paideleo, ás veces os códigos son malinterpretados.
Hmmm, quédame algunha milonga?

Graciñas a tod@s por vir á Chousa

teresa g. dixo...

Perdoa mas... eu não sei a que chamaste avatar na minha caixa de comentários :)

Talvez a foto de Mirabilis jalapa?

Chousa da Alcandra dixo...

Xustamente, jardineira aprendiz; a esa imaxe da Mirabilis me estaba a referir e á similitude que ten coa miña neste post.

Un pracer recibir a tua visita, que agardo sexa reiterada.Benvida á Chousa