Parécenos que precisamos dos cinco sentidos e cando os temos todos a pleno rendemento, sempre obviamos algún. A capacidade imaxinativa, xunto cos datos almacenados no disco duro que todos levamos enriba dos hombreiros, permítennos ver onde os ollos non chegan e intuir o que ignoramos.E así nos vai. Que a realidade ás veces non ten nada que ver co imaxinado e outras veces... ainda é peor.
Con todo, ninguén de nós renunciaría a esa poderosísima ferramenta que nos permite ver máis aló dos buratos que a vida nos brinda para ollar dende a nosa quietude. Ainda sabendo que acumulamos erros, ninguén prescindiría da marabillosa capacidade humana de equivocarse.
Foto: Tragaluz, ventanuco ou buratiño?
























