domingo, 23 de novembro de 2008

Soportes

Os espazos destinados como soporte publicitario son escollidos por profesionais do márketing e do mundo da imaxe con profundidades insospeitadas. Vimos de asistir á campaña das eleccións americanas, onde todo se mide: cada frase, cada sonrisa, cada movemento.
Pois o mesmo se fai para seleccionar o lugar sobre o que se vai sustentar a imaxe ou a frase que se quere transmitir, para que ésta chegue con claridade meridiana á maior parte posible do público obxectivo.
Pero cando o importante é a mensaxe, todas as relevancias mudan; e nese caso o soporte pasa a ser secundario. Calquera que sosteña as grafías é válido. E non por un recóndito soporte a frase perde o seu valor comunicativo nin a verdade enunciativa. E o resto son landainas!

Foto: Un parque en Santiago (Esta vez hai que clicar nela para ver a mensaxe)
Alguén está en desacordo co enunciado?

26 comentarios:

Pitima dixo...

Verderolo... jajaja
Mira, pois paréceme un soporte axeitado no sentido de que a sensación, o despertar ó mundo sensual éche parecido á sensación de esvarar polo tobogán embaixo... jajajaja. Os tobogáns sempre foron dos meus artiluxios preferidos. Aínda agora teño gañas de encaramarme tras o meu reisiño para volver a tirarme por eles... jajajaja....
E ademais, cando empezas... e lle colles o gusto, xa non podes parar... jajajaja
Bicos gamberros e grafiteados..

Artabria dixo...

jaja, e que non vai a estar de acordo???

A miña mensaxe, neste caso é: "volvín!!!"

Barreira dixo...

Hai frases que se manteñen soiñas. Non necesitan de soporte ningún. Velai a mostra.

Chousa da Alcandra dixo...

Carallo! estabades ben atentos ho; que ainda non me deu tempo de colgalo e xa tiña os tres comentarios!.

Pitima Verderola!! jajaja. Moi boa a comparanza entre o despertar ao mundo da sensualidade co esbarexer por un tobogán inmenso..., así como a que cando lle colles o gustiño; quen raio é capaz de parar?.
Aproveita co reisiño para poder tirarte agora , que despois -entre que pensan que eres unha tola e que as cachas medran e corres risco de quedar encaixada- non vas poder...

Bicos vertixinosos

Artabria Así que ti tamén volveches "asako" eh?. Canto me aleda o teu retorno.
Por certo, coñezo un restaurante na Coruña que se chama igual co nome do teu blog. Podes declaralo sede oficial e convídasnos alí a todos os teus seguidores!!
Un bico de benvida

Barreira E para mostra, efectivamente este botonciño. E despois algúns mátanse a buscar buhardillas carísimas en esquinas estratéxicas de Madrid para dicir calquera trapallada. Xa ves...cousas do gran capital. Unha aperta!

Markesa Merteuil dixo...

Pois eu vou a ser a nota discordante. Depende de con quen. Hai minores de idade por aquí? É que ía a dicir en baixiño: Un mal polvo teno calquera. Ou era día?

Antón de Muros dixo...

Chousa: o lugar foi moi axeitado, como dixo Pitima.

Ti estás sempre co ollo alerta ;-)

Unha aperta.

Antón.

CRIS dixo...

Uy, yo creo que el que escribió ese mensaje ahí no lo escogió el soporte al azar, quizá bajo ese cielo pasó un buen rato y lo dejó ahí para la posteridad. Seguro que volvió mas de una y dos veces a usar el mismo lugar y el mismo soporte...
Mientras, otros pasan tiempo y tiempo buscando los escenarios mas apropiados en base al marketing y pagan millonadas por ello, cuando lo importante es el qué y no donde, no?
(no voy a ser yo quien esté en desacuerdo con el enunciado)

Un biquiño con acento marcada.

HADEX dixo...

Ja ja ja....gustoume o comentario da Markesa......e case que estou dacordo con ela: "depende con quen"

Zeltia dixo...

mira esa necesidade de expresar os pareceres, as emocións, os gustos! non importa qué lectores anónimos lerán as nosas verbas, o importante é comunicar a mensaxe que nos borbotea no peito e que precisa saír: follar mola
pode dicir eso, coma el rector no tiene pilila venganza un poco cobardica, no sabemos si comprobado o no la aseveración, pero igualmente expresa una necesidad de comunicacióhn, tal vez un periodismo amarillo incipiente... quien sabe, mira la rede como está, chea de pintadas!
(este vou y vengo del castelán al gallegho me va traer un disgusto)

Zeltia dixo...

que no había leído los comentarios anteriores, y que artabria está bien para ir a comer. me han dicho que los postres son muy elaborados y para derretirse comiéndolos.
(xuro que non son parentes meus ningún dos donos, nin son socia do restaurante, nin fun na miña vida).

O Raposo dixo...

Calquer soporte é bon para ese tipo de mensaxes.
Mola, mola!!

Chousa da Alcandra dixo...

Markesa Merteuil
Non me desafines na sinfonía, que vostede debería saber que precisamente os días malos son os que fan que saibamos valorar axeitadamente os bos. Ou?

Antón de Muros
O sitio era coma o conto daquel mozo que se ía confesar e lle dicía ó cura que tivera unhas refregas coa moza "x" xusto detrás da sacristía, alí onde a columna dórica fai un buratiño coa silveira...O cura respostoulle que o pecado era grande, pero o sitio era CARALLUDO!

CRIS
Remítome ó comentando a Antón. Ademáis cónstame que ese parque compostelán pecha polas noites, co cal a tua teoría cobra ainda máis posibilidades...

HADEX
Tanta forofa da teoría da relatividade faime pensar que seguramente tedes razón; pero así e todo considero que a unha profe non se lle debería ter escapado a frase enteira (fíxate na última palabra. Ata poderíamos alterar a orde estructural e a mensaxe eguiría tendo sentido...) jajaja

Zeltia
Es que esto de poder decir las cousas así te es la hostia. Y da gusto cuando son verdá y también cuando son una trapallada. Y me temo que vostede también se perdeu la última palabra de la frase. Eu penso que o autor quería poñela entre os dous verbos.
No relativo ó restaurante Artabria, propoño que se proclame como sede do colectivo de lectores da susodita (ela paga, claro). E se alí un se pode derreter...eu apúntome (ainda que sexa comendo postres)

Raposo
E non hai máis volta que lle dar. Mola e listo. Xa pode ser transgresor, inadecuado ou rabos de gaita. E xa lle poden chamar a un verderolo ou periodista amarelo; incluso sacar a Einstein con aquelo de que todo é relativo e ainda iso depende. Mola asako!!!

Carlosm dixo...

Caralho!, mira ti que cousa tiveches que ir aprender a Compostela ti ho!

Eu tammen concordo mudando o sako ou non

Lúa dixo...

talmente dacordo...bicos!

paideleo dixo...

Pois a min non me parece o millor soporte: como llo explico a Leo cando medre e pregunte ?.

LM dixo...

mola! e os senhores do fundo brincando como crianzas também!
beijos

Cuspedepita dixo...

Quedei sen palabras !...pero hai verdades que non se poden poñer en dúbida ;-)
Sería tímido/a o autor/a ou escollería o lugar adrede?

Chuchiños

A Conxurada dixo...

Non serei eu quen lle negue a razón...

beijinho

Zeltia dixo...

chousa,

pareceme que levas razón, que o que quería decir o rapaz

ou rapaza,

ainda que penso que foi rapaz, --porque estou chea de prexuicios será--

foi "follar a sako mola"

pero, claro, andan por ahi facendo pintadas en vez de ir a clase de lengua jejeje

o pobre non está para lle preguntar a súa verdadeira intención...

E tí preguntas se alguén no está de acordo coa frase:

bueno, eu non o estou. A min, follar a saco pois non me mola moito.
prefiero calidade a cantidade, sempre foi así, pero coa edade acentúase, inda que sólo sea por falta de forma física, que non vou ó gym nin nada!

:)

vakastolas dixo...

Soportes somos nós que soportamos as milleiros de mensaxes coas que se nos bombardea diariamente (e non falo deste concretamente)

Carlos Sousa dixo...

Pois claro que mola, non cabe dúbida.

E pregúntome eu, non o escribiría o homiño que está no balancín? Iso sí que é saúde, jeje.

Suso Lista dixo...

De acordo tamén.

carapuchiña vermella dixo...

Noraboa polo teu blog, non fai moito que o descubrín, e xa son fan.

Consigues devolverme á miña infancia, cando aínda vivía con meus pais.

Boto tanto de menos vivir na aldea...pero a vida levoume por outros camiños.

Graciñas polos teus post.

www.cosendoabrazos.blogspot.com

vermella dixo...

Pois a frase mola pero mola máis nun saco, nunha tenda de campaña.
Imaxino ao autor collendo o rotulador para declarase satisfeito....
bico.

irene dixo...

jajaja, en fin... mmmmmmmmmm, qué cosa más tierna, los viejecitos en el columpio, volviendo a la infancia.
Biquiños, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Carlosm
Ti ben sabes que eu tento aprender en todos lados. Son coma unha esponxiña que absorve información. En todo caso algunhas cousas non fago máis que confirmalas...

Lúa
E se o sitio do escritor compostelán era bo, onde raio estás ti nesa foto que amosas como avatar?. Tamén reflicte tranquilidade...

Paideleo
Pois vaite preparando para esa etapa, colega. Xa verás cando chegue o momento como rubiades tanto Naideleo coma ti jajajaja

LM
Amosas agudeza visual, si!. Eu tamén reparei neles e quedaba moi bonita a estampa.

Cuspedepita
Dame a min o corpo de que o autor (eu tamén debo estar cargado de prexuizos,e penso que foi un tio) non amosaba moita timidez. En todo caso escribiría axiña por se viña un policía local jajaja

A Conxurada
E non lla negas coa palabra e con esa foto que tes por avatar ainda parece que rubricas a frase! jajajajaja

Zeltia
Non nos imos poñer agora na báscula da calidade/cantidade, que a estas alturas todos colleríamos a mesma opción. E para que non sexa nin para ti nin para min...ímoslle quitar o "asako" e volvemos ao principio. Mola e listo!!! ;-)

Vermella
Carallo, canta razón tés!!. Sobre todo neste tempo de friaxe xeada. Eso sí, algunha reganduxiña habería que deixar aberta, que tanta "mobilidade" require aporte extra de osíxeno!. Bico!

Irene
A ver se foi un daqueles velliños o autor da frase? Que eles teñen a sabiduría e seguro que conservan a lembranza...
Vai ti saber...jajajaja