mércores, 31 de outubro de 2018

Manivela

Vimos moi ben equipados os humanos. De serie incorporamos importantes capacidades cognoscitivas e sensoriais. A meirande parte dos modelos son capaces de adquirir competencias para desenvolver as tarefas máis inverosímiles.
Despois hai algúns/algunhas dotadas dun acabado que lle ronca o prexigueiro...
Pero por enriba das características e dos acabados, o que máis chama a atención é a considerable desproporción entre a cativeza volumétrica dos nosos miolos fronte á superlativa capacidade do noso maxín. Poderíase dicir sen temor a erro que, na realidade, somos todo manivela!

Foto: Manivela.

4 comentarios:

Alís dixo...


Ríome!! Non sei cómo tes a manivela, pero o teu maxín non deixa de sorprenderme.

Pensaba léndote que viremos Ben equipados, pero non todos saben qué facer co equipamento que traen.

E mello non sigo, porque atopo dobre lectura a todo o que escribo e non é a miña pretensión

Bicosss

Uol Free dixo...

...que lle ronca o prexigueiro...😂😂

Que ben explicas a incrible potencialidade do ser humano para tan poca cousa que somos!

Anónimo dixo...

Sr.Chousa,desde logo de imaxinación anda bárbaro!Podemos falar de desproporción ten razón , agora que se aprecia que vostede está ben equipado...e deixémolo aquí. Bicos;)

paideleo dixo...

Os fins dos meses traen dúas alegrías: recibir o salario e ler unha publicación túa, saída da túa manivela.