domingo, 30 de setembro de 2018

Azul

Coa mente en branco, fuxindo de negruras, excitándonos en verde, provocativamente fucsias, exaltando vermellos, de delicado rosiña, agochados no gris, proclives a nos deixar engatusar por tonalidades amarelas, amando coralinas deidades, namorados de violácea lucería, ávidos de zumes laranxas, camuflados no marrón...; para rematar sempre entregados á sensualísima inmensidade azul...

Foto: A Arousa. Azulmente fermosa.

3 comentarios:

Alís dixo...

Canta morriña!!

Cuidado co azul dos ellos...lembra, eran mentireiros?

E sigo a disfrutar da cor das túas palabras, de cómo nos contas.

Un bico azul

Uol Free dixo...

A inmensidade do azul non ten competencia. Se acaso, o verde.
Bicos!

paideleo dixo...

Agora tamén es poeta do arco da vella.